"Campi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 50.

  • Unha das dúas principais marcas da Adega Terras Gauda (fundada como Adega das Eiras) do Baixo Miño, coa que se comercializa viño branco elaborado exclusivamente con uva albariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de pintores renacentistas italianos establecida en Cremona. Galeazzo Campi (1477-1536), discípulo de Boccaccino, realizou obras para as igrexas de San Sidismondo e San Sebastiano de Cremona. O seu labor pictórico continuárono os seus fillos: Giulio Campi (1502?-1572), discípulo do seu pai; Antonio Campi (1535?-1591?) discípulo do seu pai e do seu irmán Giulio; e o seu irmán Vincenzo Campi (1536-1591) co que viaxou a España en 1583 e realizou unha táboa representando a san Xerónimo para o mosteiro de El Escorial. Tamén pertenceu a esta familia Bernardino Campi (1522-1595?), formado primeiro con Giulio Campi e despois en Mantua.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Lugar no monte onde nace a herba sen que se semente.

      2. herba campía

        herba campeira.

      1. Extensión grande de terreo labradío.

      2. Conxunto de prados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estableceuse en París. Influído polo cubismo e pola arte exipcia, a partir de 1928 desenvolveu un estilo achegado á arte estrusca e ás terracotas cartaxinesas. Entre as súas obras destaca Paisaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situado ao O do encoro de Contreras (1.687 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura coa produción de cereais, legumes, oliveiras e viña, e a gandería lanar e caprina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado nos contrafortes de dúas elevacións montañosas, Sierra Mágina e Sierra Sur, e atravesado polo río Grande (2.291 h [1996]). O seu nome débese á existencia de pequenos campos de areas, orixinados polo transporte de sedimentos dos regatos da zona. Trátase dun núcleo importante de servicios, debido aos equipamentos e infraestruturas cos que conta. A agricultura ten importancia na época da oliva, cando lle dá emprego a un alto número de persoas. Nos últimos anos intentouse potenciar a produción de aceite de oliva e a fabricación de produtos cárnicos. Os primeiros asentamentos datan do Bronce. Da época romana consérvanse restos en Cañada de las Viñas. Os árabes construíron a fortaleza de Arenas, que xogou un papel importante como fronteira dos reinos de Granada e Castela. O núcleo actual de poboación ten a súa orixe na Real Cédula de Xoana a Tola, de 1508, na que se establecía que se debía repoboar a zona S da serra de Jaén. Destacan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, na serra de Hornachos. Está regado polo río Guadamez (1.830 h [1996]). Posúe unha abundante vexetación, da que destacan os bosques de aciñeiras. As principais actividades económicas son a agricultura, coa produción de cereais e oliveiras, e a industria cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Dirixiu a publicación La ilustración española y americana. Compuxo romances históricos, odas e outros poemas de influencia romántica e clasicista, que reuniu nos volumes Poesías (1858) e Nuevas poesías (1867). Ademais publicou as narracións costumistas Una docena de cuentos (1878), Nuevos cuentos (1881) e Cuentos y sucedidos (1893), este último en colaboración con Javier de Burgos, e varios manuais de retórica, entre eles, Retórica y poética (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político asturiano. Concibiu un plan para ocupar militarmente o Milanesado, proxecto que lle presentou á Raíña Isabel Farnesio. En 1741 ocupou, entre outros, os cargos de secretario de Mariña, Guerra e Indias, gobernador do consello de Facenda e lugartenente do infante Filipe. As súas ideas sobre política económica recóllense fundamentalmente no libro Nuevo sistema de gobierno económico para la América (1743), obra de grande influencia, que circulou manuscrita ata a súa publicación en 1789. Escribiu ademais Apuntes sobre el bien y el mal de España e o Tratado de los intereses de Europa, publicadas postumamente en 1759 e 1819, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado na ribeira alta do Odiel, preto das minas de Río Tinto (2.452 h [1996]). Na agricultura destaca a súa produción de cereal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado en 1281 entre Pedro III de Aragón, Afonso X de Castela e o seu fillo Sancho, en Campillo, no límite entre os reinos de Castela e Aragón. Estableceuse como complementario do Tratado de Ágreda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, na serra de Yeguas (7.737 h [1996]), situado nunha chaira próxima o río Rincón. A súa economía baséase na gandería, destacando as explotacións avícolas e de porcino; na agricultura, especialmente o cultivo de cereais, legumes e froitas; e na industria, onde sobresae a produción de pensos, madeira, panos, pel, xabón e licores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de curva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos nervios foliares do limbo que se encurvan cara ao exterior e corren cara ao ápice gardando certo paralelismo coa marxe da folla; os nervios secundarios apenas se ven neste tipo de nervadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten nervios curvos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao primordio seminal máis ou menos curvado, de maneira que o micrópilo se aproxima á calaza, pero non chega á posición dos primordios anátropos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exploración do campo visual mediante o uso do campímetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento utilizado para medir o campo visual. Consiste basicamente nunha luz móbil sobre un fondo escuro que ten que ser observado polo suxeito examinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Identificado co chamado mestre de Flémalle, foi decano do gremio de pintores de Tournai (1423) e mestre de Rogier van der Weyden (1427). A súa única obra documentada é o fresco da Anunciación (1406) da igrexa de Saint Brice de Tournai. Das obras que se lle atribúen destacan o Descendemento da Cruz e o tríptico da Anunciación, anteriores a 1430, e a Madonna da Gloria, de época posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘leira’.

    VER O DETALLE DO TERMO