"Caneda" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PERSOEIRO
Escritor e poeta. Publicou La trasladación del Apóstol Santiago, un poema relixioso editado en Santiago de Compostela a finais do s XlX, no que admite as fábulas inventadas acerca da predicación de Santiago en España. Así mesmo, realizou un estudo relativo ao trazado do ferrocarril en Galicia co título Reflexiones sobre la memoria relativa al proyecto del ferrocarril económico directo de La Coruña a Santiago (1882), que se reproduciu en El Correo Gallego.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de Santalla.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica. O topónimo Caneda é un abundancial formado sobre cana e referido a un lugar no que abundan as canas. Documéntase no s XVI: “Fernan de Caneda” (doc ano 1500 en Emilio Duro Peña Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense (888-1554), 1973, p 363). Os apelidos Canedo e Canido teñen a mesma orixe.
-
GALICIA
Empresario e dirixente deportivo. En 1988 accedeu á presidencia da Sociedade Deportiva Compostela. Baixo o seu mandato o club acadou os mellores resultados da súa historia: ascenso á Segunda División B (1989-1990), á Segunda División A (1991-1992, 1992-1993 e 1993-1994) e Primeira División, na que se mantivo durante catro tempadas. Durante esta xeira (1988-1998), Caneda caracterizouse por confiar o primeiro equipo a adestradores galegos (Fernando Castro Santos ata 1995, Fernando Vázquez Pena entre 1995 e 1998, e Gabriel Leis Veiga dende marzo de 1998). Durante o seu mandato, en 1992, o club tivo que acometer a conversión en Sociedade Anónima Deportiva, en virtude do contemplado na Lei do Deporte; o Concello de Santiago, que subscribiu a maior porcentaxe do capital social establecido, confioulle a Caneda a presidencia do consello de administración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Emigrado a Arxentina, foi procurador nos tribunais de xustiza. En 1856 elixírono concelleiro suplente no municipio de Barracas, onde exerceu tamén como xuíz de paz, administrador de correos (1859-1875) e presidente do Consejo Escolar. Foi alcalde do municipio e en 1880 iniciou a construción dun novo templo parroquial, da nova casa do concello, do teatro Ribadavia e do mercado. Foi comisionado da Asociación Protectora de los Inválidos, socio fundador da Sociedad de Socorros Mutuos de Barracas e simpatizante da asociación Libre Italia e da loxa masónica Hijos del Progreso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista e director de orquestra. Formado con Ángel Brage no Conservatorio de Música de Santiago de Compostela, con Guillermo González no Conservatorio Superior de Música de Madrid, e con J. Elliot Gardiner e Helmuth Rilling, en 1976 comezou as súas actuacións como solista. Director da capela de música da catedral de Santiago, fundou e dirixiu o Coro Universitario de Santiago (1979-1985). Ademais, foi director invitado da Orquesta de Cámara de Stuttgart, director invitado na Orquesta Nacional de España, director invitado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995), e na posta en marcha da Real Filharmonía de Galicia (1996). Dentro da súa actividade docente, participa na cátedra de Teatro Lírico e Sinfonismo dos cursos universitarios internacionais de Música en Compostela. Colaborou con destacados solistas, como Teresa Berganza, e estreou diversas obras dun amplo repertorio que se estende desde Monteverdi e Bach aos compositores modernos, moitos deles galegos, como Balboa ou Macías. É...
VER O DETALLE DO TERMO