"Canis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 23.
-
-
Simpatía polo africano.
-
Defensa dos valores culturais ou dos intereses políticos e doutra índole dos africanos, especialmente dos africanos negros.
-
-
-
Persoa dedicada aos estudios antropolóxicos, arqueolóxicos, etnográficos, históricos, lingüísticos, etc, relativos a África.
-
Que ou quen defende os intereses africanos ou é partidario deles.
-
Denominación que se lles deu aos militares españois, principalmente aos oficiais, que prestaran servizo en África, sobre todo durante a Ditadura de Primo de Rivera.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio dos pobos africanos dende o punto de vista antropolóxico, etnolóxico, lingüístico, etc.
-
-
Afecto ás cousas de América.
-
Costume ou maneira de pensar característico de América.
-
Movemento propagado ao final do s XIX entre os católicos americanos con vistas a adaptar a vida da igrexa aos ideais da cultura do tempo. O seu iniciador, Isaak Thomas Hecker (1819-1888), poñía énfase nas virtudes activas sobre as pasivas. O Papa León XIII condenou esta tendencia, logo desaparecida, na Carta Apostólica Testem benevolentiae ao Xeneral Gibbons (1890).
-
-
Palabra ou expresión orixinaria dunha lingua indíxena de América que se introduce noutra lingua. O arauaco, o caribe, o nahuatl e o quechua son as linguas prehispánicas que, a través do castelán, forneceron máis palabras ás linguas europeas occidentais. No galego, por exemplo, introducimos americanismos como hamaca e caoba que coinciden graficamente co catalán e co castelán; noutros casos, adaptamos eses americanismos ao noso sistema fonético: furacán e enaguas.
-
Palabra ou expresión que se introduciu nas linguas europeas faladas en América sobre todo cando trascenden á lingua culta local ou mesmo ao uso do país europeo orixinario.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa versada en cousas relativas a América, como a historia, a arqueoloxía, a etnoloxía, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina dos cristiáns que viven en comuñón coa sé de Canterbury. O termo de Igrexa Anglicana inclúe actualmente as igrexas de diversos países da Commonwealth Británica, e incluso doutros países como, por exemplo, a Igrexa Episcopaliana dos EE UU. Como igrexa estruturada, provén do tempo no que Enrique VIII declarou a Igrexa de Inglaterra independente da Santa Sé. Thomas Cranmer, durante o reinado de Eduardo VI, emprendeu unha reforma radical e impuxo unha nova liturxia co Book of Common Prayer (Libro da pregaria en común), o Ordinal e os 42 articles (1552) que revelan unha marcada influencia luterana. Durante o reinado de Isabel I foron aprobados os 39 articles (1552) de influencia calvinista e aparece ben precisada a vía media entre o Calvinismo e o Catolicismo: o sistema anglicano quedaba así fixado. O Anglicanismo é pluralista: os chamados católicos poñen o acento na eclesioloxía e nos sacramentos, os anglocatólicos seguen a doutrina...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos da familia dos cánidos ao que pertencen os chacais, os cans, os coiotes e os lobos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Pedro Canisio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cesto pequeno feito con vimbios que leva unha asa por enriba da boca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento relixioso xurdido ao redor de san Francisco de Asís e de acordo co seu espírito, especialmente a pobreza e o amor a todas as criaturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina política e relixiosa francesa pola que o poder do papa queda limitado e se somete a concilio e aos costumes das igrexas locais. Politicamente, a igrexa local depende da autoridade civil, sobre todo do rei. Xa nas loitas entre Filipe o Fermoso e Bonifacio VIII adiantábase esta dependencia da Igrexa. En 1438 a Asemblea do Clericato proclamou a Pragmática de Bourges, que despois Carlos VII converteu en lei, e pola que a autoridade do papa en Francia só se limitaba ás tradicións da Igrexa francesa. A cabalo entre os ss XVI e XVII foron Pierre Pithou e Edmund Richer os grandes teóricos do galicanismo, que atopou na Déclaration de 1682 a formulación dos catro artigos básicos: o recoñecemento do poder estritamente espiritual do papa, a validez dos principios conciliaristas decretados en Constanza, a limitación do poder pontificio polos canons e os costumes galicanos e a convicción de que unicamente o consentimento da Igrexa universal converte en irreformables as decisións papais....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que predica a unión espiritual dos pobos hispanoamericanos.
-
-
-
Estrutura complexa das partes dunha máquina.
-
Conxunto de elementos mecánicos que fan unha función determinada dentro do conxunto dunha máquina ou dun aparato máis complexo.
-
Maneira en que opera unha máquina.
-
Manexo dun instrumento ou dunha máquina.
-
-
Maneira de funcionar, de desenvolverse ou de organizarse algo.
-
-
Medio mecánico para producir o son nos instrumentos musicais, conectado habitualmente a teclas ou botóns.
-
Movemento físico tendente a obter, cunha parte ou outra do corpo, os sons musicais dun instrumento, como, por exemplo, os movementos dos dedos polo piano.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido nacionalista negro da República Sudafricana que se formou en 1959 ao escindirse do Congreso Nacional Africano. Defensor do exclusivismo africano, foi ilegalizado en 1960. A partir de 1961 iniciou unha descontinua actividade armada contra o réxime branco desde as súas bases en Zambia e Tanzania.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina política que intentaba acadar a unidade dos pobos africanos. O movemento reclamou para os pobos africanos os principios de Thomas Woodrow Wilson, que denunciaba a explotación e a división de África, propoñía a promoción da cultura negra, precisaba a noción de negritude e afirmaba a capacidade dos pobos africanos para a autodeterminación. A Organización da Unidade Africana (1963) favoreceu a loita contra os últimos redutos coloniais.
-
-
Relativo ou pertencente ao panafricanismo.
-
Partidario do panafricanismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político, económico e cultural que aspira á unión dos pobos de América. A súa orixe foi atribuída a Simón Bolívar, que en 1826 convocou en Panamá os representantes das novas repúblicas americanas para intentar establecer a unión das confederacións. En 1910 creouse a Unión Panamericana con sede en Washington e presidida polo secretario de estado dos EE UU. En 1948 fundouse a Organización dos Estados Americanos. O Mercado Común Centroamericano (1960), a Asociación Latinoamericana de Integración (1980) e o Pacto Andino (1969) preveñen a integración gradual das economías dos estados membros.
-
-
Relativo ou pertencente ao panamericanismo.
-
Partidario do panamericanismo.
-
-
PERSOEIRO
Teólogo xesuíta. De nome Pieter Kanijs, ingresou na Compañía de Xesús en 1543. A súa amizade persoal co Emperador Carlos V deulle a oportunidade de intervir nos Coloquios de Worms (1557) e na Dieta de Ausburgo (1559). Foi considerado un dos principais voceiros do catolicismo fronte á Reforma e tamén tomou parte no Concilio de Trento. O seu catecismo, Summa Doctrinae Christianae (1555-1558), tivo unha gran difusión. Foi canonizado en 1925 e a súa festividade celébrase o 21 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de republicano.
-
Doutrina dos partidarios da república como forma de goberno. A partir das achegas ideolóxicas de John Locke, Montesquieu e Jean-Jacques Rousseau, apareceu moi relacionado inicialmente co liberalismo. Tivo as súas primeiras realizacións prácticas nos estados da Unión nortemericana e na Primeira República Francesa e estendeuse ao longo do s XIX nos novos estados latinoamericanos. O establecemento en EE UU dunha república federal significou un forte impulso para a expansión do republicanismo, que se baseou no consenso popular e nos dereitos do home. En Francia, os republicanos comezaron a organizarse a partir da revolución de 1830 e conseguiron a instauración da Segunda República (1848-1852). Durante o Segundo Imperio foron reprimidos, pero fixeron avances importantes ata obteren o triunfo definitivo coa instauración da Terceira República (1870-1940). En Italia, o republicanismo comezou con G. Mazzini, que fundou a Nova Italia (1831-1848) e despois da ditadura fascista, proclamouse a república...
-
Pensamento favorable á forma de goberno republicana.
-