"Cannes" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
CIDADES
Cidade da Provenza, no departamento dos Alpes-Maritimes, Francia, á beira do Mar Mediterráneo, no sector coñecido como Costa Azul (68.676 h [1990]). É un importante centro turístico e unha das estacións balnearias máis importantes de Francia. A temperatura media anual é de 16,4°C. Dentro do seu termo hai lugares nos que destaca a súa actividade turística e comercial, como o barrio da Liberdade, onde desembocan as principais rúas da cidade. No seu porto hai unha grande actividade comercial e turística, sobre todo na primavera, cando se celebran as regatas internacionais. Dende o ano 1939 celébrase un prestixioso festival internacional de cine. Fundouna probablemente no s VIII a C unha tribo ligur e, posteriormente, conquistárona e ocupárona os celtas e os romanos. No s IV d C pasou a estar baixo o señorío do mosteiro de Lérins.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Festival cinematográfico internacional que se celebra anualmente na cidade francesa de Cannes dende 1939, organizado por Philippe Erlanguer e Favre Bret. A cerimonia inaugural celebrouse no Grand Hotel de Cannes. A Segunda Guerra Mundial interrompeuno ata o 20 de setembro de 1946, data a partir da que se celebrou regularmente. Entre os filmes seleccionados para o programa de apertura destacan La symphonie pastorale (A sinfonía pastoral), de Jean Delannoy, La bataille du rail (A batalla do ferrocarril), de René Clément, e The lost weekend (A última fin de semana), de Billy Wilder. Ao longo dos anos premiáronse coa Palma de Ouro numerosas longametraxes, entre elas: Viridiana (1961), de Luis Buñuel; Il Gattopardo (1963), de L. Visconti; M.A.S.H. (1970), de Robert Alman; Taxi Driver (1976), de Martin Scorsese e The Mision (A Misión, 1986), de R. Joffé. Amais foron galardoados pola súa interpretación actores como: Anthony...