"Capri" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 18.
-
-
Mamífero da familia dos antilocápridos.
-
Familia de mamíferos artiodáctilos que comprende actualmente só o xénero Antilocapra.
-
-
ILLAS
Illa da provincia de Nápoles, na Campania, Italia (10,5 km2; 7.300 h [estim 1995]). Está situada no Mar Tirreno, entre os golfos de Nápoles e Salerno. É unha illa montañosa, continuación xeolóxica da península de Sorrento. No seu litoral atópanse acumulacións calcarias, que deron orixe a numerosas grutas, entre as que destacan a Gruta Azul e a Gruta Verde. O seu clima é temperado. Os núcleos de poboación máis importantes son Capri e Anacapri. É un dos centros turísticos máis frecuentados da Italia meridional, cunha afluencia de 40.000 visitantes anuais. Na agricultura os principais produtos cultivados son os cítricos, figos, oliveiras e viñas. Produce un dos viños con máis prestixio de Italia, co nome de Lágrimas de Tiberio. Hai restos do Paleolítico, considerados os primeiros da Campania. Durante a dominación romana a antiga Capreae foi a residencia favorita de moitos emperadores, entre eles Augusto e Tiberio. Despois de pertencer aos monxes de Montecassino e á República de...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Desexo vehemente ou propósito sen fundamento razoable.
-
Persoa, animal ou cousa obxecto dese capricho.
-
-
-
Adorno innecesario que non obedece a ningunha conveniencia.
-
En pintura e gravado, composición orixinal e fantástica que evita as regras e convencións ordinarias. A palabra foi empregada xa no s XVI por Vasari. O xénero estendeuse no s XVII a través da obra de Jacques Callot, Caprici di varie figure (Caprichos de varias figuras, 1617), e no XVIII a través das de Tiepolo e de Guardi. Destacan os Caprichos de Goya que teñen, ademais, unha intención social e crítica.
-
Fragmento instrumental vogal de forma libre que no Barroco se identificou co ricercare e coa fantasía. Ao comezo do s XVIII tamén designaba aquelas obras didácticas difíciles, especialmente para violín (Locatelli, Rode, Paganini).
-
-
-
-
Que ten caprichos.
-
Que obedece ou foi feito por capricho.
-
-
-
Insecto coleóptero adulto, da familia dos cerambícidos, caracterizado por presentar as antenas moi longas.
-
Mamífero do xénero Capricornis da familia dos bóvidos, de pelame mesto de cor acastañada, cabeza abrancazada co fociño sen pelo, cornos pequenos, estreitos e rectos e pezuños fondamente divididos e separados para facilitar os desprazamentos nos medios rochosos. Son animais solitarios que marcan o territorio impregnando as superficies cunha secreción das glándulas infraorbitais e vixiando dende un alto o seu territorio. No período de celo o macho incita a femia á cópula golpeando as patas posteriores coas patas anteriores. Os cornos sérvenlles aos machos para defenderse de posibles depredadores ou doutros machos que invaden o seu territorio. Existen dúas especies: o capricornio do Xapón (Capricornis crispus) e o capricornio de Sumatra (Capricornis sumatraensis), propio das rexións montañosas de Sumatra, sur de China e Himalaia.
-
Que ou quen naceu baixo o signo zodiacal de Capricornio, décimo signo do zodíaco.
-
-
-
Constelación zodiacal situada entre Saxitario e Acuario. As súas estrelas máis brillantes son de terceira magnitude.
-
Décimo signo do zodíaco no que o Sol entra no solsticio de inverno, que en tempos de Hiparco coincidía coa constelación do mesmo nome, pero que agora, a consecuencia da precesión dos equinocios, está ocupada pola constelación de Saxitario. A este signo pertencen os nacidos entre o 22 de decembro e o 20 de xaneiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos da familia dos bóvidos ao que pertencen os capricornios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método agrícola para a fecundación e desenvolvemento dos figos das variedades cultivadas de figueira que carecen de flores masculinas fértiles. Consiste na colocación nas pólas de figos silvestres, portadores de pequenos himenópteros do xénero Blastophaga, que transmiten o pole aos figos domésticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Realizar unha caprificación.
-
-
Relativo ou pertencente ás caprifoliáceas.
-
Planta da familia das caprifoliáceas.
-
Familia da orde das dipsacais constituída por uns 15 xéneros que reúnen unhas 400 especies de arbustos e lianas, propias do reino holártico, especialmente nas rexións mediterránea e eurosiberiana. En Galicia está representada polas madreselvas e os sabugueiros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido oleoso de sabor rancio, presente en forma de glicérido no aceite de coco e nas graxas do leite, que se funde a 16,7 °C e ferve a 239,7 °C. É lixeiramente soluble en auga e soluble en alcol e éter. Emprégase na síntese de colorantes, de perfumes antisépticos e de funxicidas, e como plastificante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos caprimúlxidos ao que pertencen as avenoiteiras.
-
-
Relativo ou pertencente aos caprimúlxidos.
-
Ave da familia dos caprimúlxidos.
-
Aves insectívoras nocturnas ou crepusculares, de ollos grandes, peteiro e patas pequenas, ás longas e colas amplas. Os sexos presentan plumaxes similares e crípticas. Aniñan directamente sobre o chan e capturan os insectos durante o voo. Nos voos de exhibición, practicados ao solpor, fanse aparentes as manchas brancas que adoitan presentar os machos nas puntas das ás. A especie centroafricana Macrodipteryx longipennis presenta en cada á unha enorme pluma que remata nunha ancha bandeira no extremo. En Europa está presente o xénero Caprimulgus, de especies coñecidas como avenoiteiras.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos caprinos.
-
-
Mamífero da subfamilia dos caprinos.
-
Subfamilia de mamíferos bóvidos, que comprende un bo número de especies, coñecidos co nome de cabras.
-
gando caprino
Gando formado por cabras, machos cabríos e cabuxos. É un gando moi resistente, ligado a unha agricultura de carácter extensivo, que se explota principalmente en rexións áridas ou montañosas. Críanse nos pastos, aínda que tamén se adaptan ás cortes.
-
-
-
TERRITORIOS
Territorio en forma de banda do NL de Namibia, que enlaza o país co río Zambeze e que se estende entre Angola, Zambia e Botswana. O chanceler alemán Caprivi obtivo a posesión deste territorio para Inglaterra en 1893. En 1939 a Unión Sudafricana anexionou a parte oriental deste territorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político alemán, conde de Caprivi. Foi xefe da mariña alemá (1883-1888) e chanceler do Imperio (1890-1894). En política exterior renovou a Triple Alianza (1891) e distanciouse de Rusia. Cedeu Zanzíbar a Inglaterra a cambio de Heligoland (1890) e obtivo a posesión denominada banda de Caprivi. En desacordo con Guillerme II, retirouse da política en 1894.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Facer que alguén deixe de estar encaprichado.
-
Deixar alguén de estar encaprichado por algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ter capricho por algo ou por alguén.