"Carlos IV" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1346-1378), rei de Bohemia (Carlos I, 1346-1378) e margrave de Moravia (1333-1378), fillo e sucesor de Xoán I de Bohemia. Bautizado co nome de Venceslau, modificouno na corte de Carlos IV de Francia en 1323. Elixido emperador en 1346, foi consagrado en Roma en 1355. Mantívose á marxe dos problemas de Italia e dedicoulle a súa atención a Bohemia. Explotou as minas de prata e fundou novas industrias como as de papel, cristal ou tinturas; embeleceu Praga e fundou a Universidade en 1348. En 1356 promulgou a Bula de Ouro. Incorporou a Bohemia unha parte do Alto Palatinado (1355) e a Baixa Lusacia (1367). En 1373 conseguiu Brandenburgo para o seu fillo Venceslau e adquiriu, por matrimonio, os ducados de Swidnica e Jawor, que completaron a anexión de Silesia a Bohemia. Os seus estados separáronse a consecuencia da división feita en 1377. Escribiu a súa autobiografía no libro Vita Caroli IV (A vida de Carlos IV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1322-1328) e de Navarra (Carlos I, 1322-1328). Terceiro fillo de Filipe IV de Francia e de Xoana I de Navarra, sucedeu ao seu irmán Filipe V. Apoiou ao Papa Xoán XXII contra o emperador romano-xermánico Luís IV de Baviera e tamén o seguiu no favor prestado ao infante Filipe de Mallorca, titor de Xaime III, contra os designios de Xaime II de Aragón. En 1324 levou a cabo frutíferas campañas no ducado de Aquitania, coñecidas como Guerra de Saint-Sardos. Con el extinguiuse a liña masculina dos Capetos directos. A reivindicación dos dereitos do seu neto Eduardo III de Inglaterra iniciou a Guerra dos Cen Anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos I de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Lorena (1625-1675). Ocupados en 1663 os seus estados por Luís XIII, entrou ao servizo de España e dos Habsburgo na Guerra dos Trinta Anos. Recuperou Lorena entre 1641 e 1644, e novamente en 1661. En 1670, expulsado definitivamente de Lorena, chegou de novo a Alemaña, onde loitou con Guillerme de Orange. En 1675 conquistou Tréveris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de España (1788-1808), segundo fillo varón de Carlos III e María Amalia de Saxonia. O seu reinado coincidiu co desencadeamento e as consecuencias da Revolución Francesa. O conde de Floridablanca, antigo ministro de Carlos III, intentou evitar a introdución das ideas revolucionarias na Península Ibérica e estableceu un cordón policial na fronteira dos Pireneos. Substituíuno o conde de Aranda, simpatizante dos enciclopedista destituído (1792) pola presión da Raíña María Luísa, que quería entronizar o seu favorito Manuel de Godoy. Ao ser executado Luís XVI en xaneiro de 1793, Carlos IV declaroulle a guerra á Convención, campaña que rematou coa invasión francesa do Empordà e de Euskadi. En 1795 asinouse a Paz de Basilea e desde entón España estivo baixo a órbita do Directorio francés para manter a alianza tradicional contra os ingleses. Cando Napoleón se converteu en primeiro cónsul (1799) e despois en emperador (1804), a submisión a Francia resultou aínda máis onerosa; a pesar dos esforzos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óleo de Francisco de Goya que representa o Rei Carlos IV e a súa familia. Encargado en 1800, trátase dun lenzo de grandes dimensións (2,80x3,36 m). Goya comezou a súa realización en Aranjuez, onde estaba o monarca, e finalizouna en Madrid. Sobre unha estancia do palacio situou as trece figuras de pé que parecen posar ante o pintor, e autorretratouse na esquerda do lenzo, como fixera Velázquez en Las Meninas. Os personaxes distribúense en grupos de catro, con dous homes e dúas mulleres en cada un, e aparecen retratadas segundo a percepción do pintor; cómpre destacar que Goya non mostrou o rostro da dona do futuro de Fernando VII por non selo no momento da realización do lenzo. No eido técnico, destaca a riqueza cromática, baseada en amarelos e ouros combinados con vermellos e azuis, o emprego da luz sobre os rostros, os traxes e as xoias das personaxes e a pincelada solta.

    VER O DETALLE DO TERMO