"Castrillo" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • Forma castelá correspondente ao apelido galego Castrelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade do concello de Astorga, na comarca de La Maragatería, integrada na provincia de León e na Comunidade Autónoma de Castela e León. Situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela, constituía un concello independente ata a súa incorporación ao de Astorga. Declarado Ben de Interese Cultural, está considerado como o arquetipo da arquitectura popular maragata, pois conserva este estilo nos seus edificios, na estrutura e mesmo no pavimentado do asentamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que serve de límite ás parroquias de Soengas e Bagude (concello de Portomarín) e a de Xián (concello de Taboada). O seu cumio acada os 751 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira meridional da ría de Corme e Laxe, no litoral da parroquia de Soesto, concello de Laxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do Principado de Asturias, na costa central, drenado polo río Raíces (22.361 h [1996]). A capital é Piedras Blancas. A base económica é a industria e cómpre salientar, en Arnao e San Juan de Nieva, a transformación do cinc e os seus derivados, aínda que tamén é notoria a industria metalúrxica. A localidade coñécese como a das sete praias, pola riqueza de areais. No s X, formaba parte do Alfoz de Gozón, terras de reguengo e unha das máis poboadas de Asturias. Entre os seus monumentos destaca a igrexa de San Martín de Laspra, do s XVIII, e o edificio residencial de La Casona, do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe asturiana que se asentou en Betanzos e noutros lugares do nordeste de Galicia. As súas armas levan escudo partido: primeira partición, en campo de prata, cunha torre de azul aclarada de goles, sobre unha rocha de sinople, ao seu pé un río de azul e prata, e diante da porta da torre, un loureiro de sinople; segunda partición, en campo de ouro, con dous lobos de goles, pasantes, postos en pao; bordo de goles, con oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que lles serve de límite ás parroquias de Soengas (concello de Portomarín) e Xián (concello de Taboada). O seu cumio acada os 711 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Doutorouse en Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela en 1983. Foi profesor na universidade compostelá dende 1979 a 1986 e na Universidade de Vigo dende 1986, onde ocupa o cargo de catedrático de Matemática Aplicada dende 1992. O seu labor como investigador céntrase na análise matemática e numérica de ecuacións en derivadas parciais que rexen diferentes fenómenos da física e da enxeñería; especialmente, en problemas de fronteira libre, métodos de elementos finitos e aplicacións en termodinámica, triboloxía e glacioloxía. Parte deste traballo desenvolveuno en centros estranxeiros, como o Institut National de Recherche en Informatique et Automatique de París (1984, 1985 e 1987) e no Institut National des Sciences Apliquées de Lyon (1989, 1991, 1993, 1996 e 1998). É autor de máis de 60 traballos de investigación publicados en revistas científicas. Ofreceu numerosas conferencias en universidades españolas e estranxeiras e participou en máis de 30 congresos nacionais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora. Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1987) e profesora de historia medieval da facultade de Humanidades da Universidade de Vigo dende 1974, da que foi vicedecana (1994-1996) e decana dende 2001. Realizou traballos de investigación relacionados co Bierzo e coa provincia de Ourense; entre outros, destacan os estudios sobre o monacato cisterciense na provincia de Ourense, a antroponimia galaico-leonesa dos s X ao s XIV e a cultura vinícola na zona do Ribeiro, as Rías Baixas e Valdeorras. Colaborou, nas publicacións, Estudios Humanísticos e Estudios Bercianos e nas obras La ciudad y el mundo urbano en la Historia de Galicia (1988), Poder y sociedad en la Galicia Medieval (1992), El monacato en la diócesis de Astorga durante la Edad Media (1995), Historia de Ourense (1996) e Galicia fai dous mil anos. O feito diferencial galego (1997). Entre as súas obras destacan San Pedro de Montes:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Estudiou teoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. En 1793 foi nomeado secretario perpetuo da Sociedad Económica de Amigos del País. Foi procurador persoeiro (1788 e 1796), deputado do Común (1793 e 1798) e síndico procurador xeral (1814) do concello santiagués, ademais de deputado nas primeiras Cortes de Cádiz por Mondoñedo e secretario do Tribunal da Inquisición de Galicia en 1819. Colaborou en diversos periódicos da Coruña e Santiago e foi o fundador e principal redactor do quincenario Estafeta de Santiago (1813-1814), de carácter realista, onde empregou os pseudónimos de El estafetero e Agustín Verísimo Vilabella y Reytengo. Publicou os folletos: Causas de nuestros males (1810), Derechos del hombre (1811) e varios discursos en defensa da relixión católica, da Inquisición e dos xesuítas. Escribiu El dicionario razonado y manual, impreso en Cádiz, obra que foi cualificada de subversiva pola censura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Militante e membro do consello nacional do BNG desde 1986, foi alcalde de Vigo (1999-2003), e como tal presidiu a Mancomunidade de Concellos da Área Intermunicipal de Vigo e a Fundación Provigo.

    VER O DETALLE DO TERMO