"Castroverde" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
GALICIA
Concello da comarca e da provincia de Lugo situado no centro-leste da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Castro de Rei (Terra Chá) e Pol (Meira), ao S con Baralla (Os Ancares) e O Corgo (Lugo), ao L co de Baleira (A Fonsagrada) e ao O cos do Corgo e Lugo. Abrangue unha superficie de 174,2 km 2 cunha poboación de 3.148 h (2007) distribuída entre as parroquias de Agustín, Arcos, Barredo (San Xoán e Santo André), Barreiros, Bolaño, Cellán de Calvos, Cellán de Mosteiro, Covelas, Espasande, A Frairía, Furís, Goi, Masoucos, A Meda, Miranda, Mirandela, Monte, Montecubeiro, Moreira, Paderne, Páramo, Pena, Pereiramá, A Pumarega, Rebordaos, Recesende, Riomol, San Miguel do Camiño, Serés, Souto de Torres, Tórdea, Uriz, Vilabade, Vilalle e Vilariño; a organización territorial do concello complétase coa parroquia de Soutomerille, malia que quedou deshabitada na década de 1970. A capital municipal é o lugar de Castroverde, na parroquia de Vilariño, situada a 43°...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe procedente do concello lugués homónimo. As súas armas levan, en campo de prata, unha aguia da súa cor natural e bordo azul, con oito estrelas de prata. Outra variante trae, en campo de prata, unha aguia de sable, e bordo de azul con oito estrelas de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado en Castroverde, pertenceu á familia dos Castro ata que no s XVI pasou a mans dos condes de Altamira, que deixaron a súa pegada no escudo situado no tímpano da porta. Só se conservan algúns restos dos paramentos dunha muralla de planta poligonal e a torre da homenaxe. De planta rectangular, ten cinco pisos construídos con perpiaños; no segundo consérvanse dúas portas, a S comunica co patio de armas e a N, co patio de honra. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.
-
GALICIA
Relixioso. Foi membro da orde dominicana e ensinou teoloxía nas universidades de Alcalá, Ávila (1582), Salamanca (1585) e Valladolid, onde foi rexente e reitor do Colegio de San Gregorio. Tamén foi corrector e cualificador do Santo Oficio. Escribiu os tratados teolóxicos De voto, De Juramento e De Simonía, para completar a obra do pai Juan de Orellana, De Fide et de Justicia et Jure.
VER O DETALLE DO TERMO