Castroverde, castelo de
Castroverde, castelo de
Situado en Castroverde, pertenceu á familia dos Castro ata que no s XVI pasou a mans dos condes de Altamira, que deixaron a súa pegada no escudo situado no tímpano da porta. Só se conservan algúns restos dos paramentos dunha muralla de planta poligonal e a torre da homenaxe. De planta rectangular, ten cinco pisos construídos con perpiaños; no segundo consérvanse dúas portas, a S comunica co patio de armas e a N, co patio de honra. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.