Castroverde

Castroverde
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe procedente do concello lugués homónimo. As súas armas levan, en campo de prata, unha aguia da súa cor natural e bordo azul, con oito estrelas de prata. Outra variante trae, en campo de prata, unha aguia de sable, e bordo de azul con oito estrelas de prata.