"Celso" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 22.
-
GALICIA
Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Valladolid. É autor de La prensa vallisoletana durante el siglo XIX: 1808-1894 (1977); coordinou diferentes obras colectivas, entre as que cómpre salientar, Historia del Mundo Contemporáneo (1981), Valladolid en el siglo XIX (1985), Historia de Castilla y León. Liberalismo y caciquismo (s XIX) (1986), Castilla y León: Geografía. Historia. Arte. Lengua. Literatura. Cultura. Tradiciones (1987); participou en numerosos congresos, tanto de temática galega -“Rosalía e Castela/Castela e Rosalía” (1986), “El pensamiento de Castelao por contraste” (1986)- como de política europea actual. É director da Revista de Investigaciones Históricas e membro da Real Academia de la Historia, da Fundación Internacional Rei Alfonso Enriques, do Centro de Estudios Históricos de la Masonería Española e do Instituto Universitario Ortega y Gasset. Así mesmo, é vogal da Sección Española...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sociolingüista. Profesor de Lingüística na Universidade da Coruña, actividade que compaxina coa literatura. Realizou en 1992 a súa tese de doutoramento na Universidade de California sobre La institucionalización de Galicia, práctica lingüística, poder e ideología en el discurso público. Publicou numerosos traballos especializados en sociolingüística, lingua, poder e ideoloxías, ortografías e diversidade lingüística en Galicia, tanto en revistas galegas como internacionais (Agália, Nós. Revista internacional galego-portuguesa de cultura, A Trabe de Ouro, Diario 16 de Galicia, A Nosa Terra, etc). Escribiu o poemario Os Distantes (1995) e outros contos e poemas soltos. Edita tamén na Internet a revista electrónica Çopyright-pensamento, crítica e criação.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director teatral. Iniciou a súa andaina no teatro independente en Logroño. De volta a Galicia, creou o grupo Olimpo co que estreou Antígona (1978), espectáculo creado a partir do texto de Sófocles. Posteriormente, marchou a Madrid onde traballou no café-teatro e nalgunhas curtametraxes e películas. En 1988 regresou a Pontevedra e creou a Aula de Formación de Actores, que funcionou ata 1992 e coa que realizaría diversos espectáculos entre os que salientan O oso (1990), a partir da peza de Anton Pavlovič Čekhov, ou A puta no manicomio (1990), sobre a coñecida obra de Dario Fo. En 1994 participou como actor no espectáculo Macbeth, realizado por Producións Teatrais do Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino procedente do cognome romano Celsus ‘alto, excelso’, frecuente na Roma clásica, que se converteu en prenome. Presenta como forma hipocorística Siño. A súa festa celébrase o 21 de novembro.
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. Defendeu o dualismo cósmico e estableceu unha cadea de intermediarios de daimons entre a divindade trascendente e as criaturas. Escribiu a Doutrina verdadeira (178 d C), a primeira polémica filosófica integral contra os cristiáns que foi refutada posteriormente por Oríxenes e polos neoplatónicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e erudito romano. Durante o reinado de Tiberio escribiu unha enciclopedia titulada De artibus (Sobre as artes) na que trataba, entre outros, temas relacionados coa retórica, a filosofía, a agricultura, a arte militar e a medicina. Desta obra só se conservou o sexto tratado denominado De re medica (Sobre temas médicos), primeiro texto médico impreso (1478).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Exerceu a súa actividade profesional como correspondente do xornal Pueblo en Londres e como delegado da axencia EFE en Londres, Moscova e Nova York. Investigou a obra de diversos escritores galegos, entre eles, Lamas Carvajal e Curros Enríquez. Publicou o artigo “El Argot en la novela”, na revista Ínsula, e os ensaios A Virxe do Cristal e A Bretaña de Renán. Recibiu o premio dos Xogos Florais da Mariña pola súa poesía Cantigas do mar do Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Exerceu o periodismo como cronista deportivo de Faro de Vigo a partir de 1921. Colaborou ademais coa publicación El Economista e foi correspondente das axencias Mencheta e Noti-Sport.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo brasileiro. Licenciouse en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universidade de Rio de Janeiro. Doutorouse en 1945 coa tese O cancioneiro de Paay Gómez Charinho, trovador do século XIII. Aspectos literários. Texto crítico. Foi profesor na facultade de Letras da Universidade Federal de Rio de Janeiro desde 1956, no Colégio Pedro II de Rio de Janeiro e noutras universidades europeas como a Sorbonne de París, a de Colonia ou a de Lisboa. Ocupou tamén importantes cargos na vida política e cultural de Brasil: secretario xeral de Educación e Cultura do Governo Provisório do Estado de Guanabara, membro do Conselho Federal de Educação e do Conselho Federal de Cultura, director da Biblioteca Nacional e membro da Academia Brasileira de Letras. Os inicios da súa actividade investigadora están relacionados coa lírica galego-portuguesa, especialmente coa crítica textual: O Cancioneiro de Joan Zorro. Aspectos lingüísticos. Texto crítico. Glossário (1949) e O Cancioneiro de Martin Codax (1956)....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e político. Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como mestre antes de formar parte do corpo de inspectores de educación. Membro do Partido Popular, foi parlamentario galego pola circunscrición de Lugo durante a V lexislatura (1997-2001). En 1994 foi nomeado director xeral de Formación de Emprego da consellería de Familia, Muller e Xuventude, cargo que desempeñou ata maio de 1996, cando foi designado conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria. Foi tamén membro, entre 1993 e 1996, do comité de dirección da Revista Galega do Ensino e colaborou na revista FMX, da consellería de Familia, Muller e Xuventude. É autor de A educación compensatoria en Galicia (1994) e colaborador en diversas obras como Informe cero da educación en Galicia (1988), Guía de técnicas, estratexias e recursos para a busca de emprego (1995), A formación profesional ocupacional en Galicia (1996), Dicionario de Psicoloxía e Educación...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e avogado. Foi secretario adxunto da Cámara Oficial de Comercio e Industria de Ourense e secretario da Fundación de Feiras e Exposicións da mesma cidade. Foi deputado do PP por Ourense na quinta lexislatura (1997-2001), nela ocupou tamén a vicepresidencia 1ª da mesa do Parlamento. Ademais de numerosos artigos en revistas especializadas publicou El reto de la unión económica y monetaria (1998), Lecturas de política económica española (1999) e Comprender la globalización (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que se distingue dos demais pola súa excelencia espiritual ou por acadar un grao moi alto de perfección.
-
Que está moi alto ou elevado.
-
-
GALICIA
Escritor. Pertencente a unha familia de comerciantes acomodada da burguesía rendista agraria, dende rapaz viviu inmerso nun ambiente galeguista, pois seu pai fora un militante activo das Irmandades da Fala e amigo de Lois Porteiro Garea. Na súa mocidade achegouse á política da esquerda comprometida co seu país e tomou contacto cos intelectuais do Grupo Nós e cos poetas da Xeración de 1925, que se reunían no café Roma da cidade de Ourense. Publicou os seus primeiros versos no Heraldo de Galicia e fundou, xunto con Xosé Velo Mosquero, en 1934 a Federación de Mocedades Galeguistas de Celanova e dirixiu o seu voceiro, Guieiro. Outavoz patriótico da F.M.G., dirección que lle custou un proceso ao ano seguinte. Co alzamento militar fascista de 1936 paralizouse a súa actividade política e literaria e foi mobilizado polo exército franquista. Durante a contenda combateu na fronte de Asturias e nun permiso na súa vila natal en 1937, unha muller denunciouno por...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor. Funcionario da Administración, tras desempeñar varios cargos administrativos en La Habana (1873-1879), regresou a España, onde tralo triunfo do Partido Liberal foi nomeado deputado polo distrito de Cambados (1886), e gobernador civil de León (1888-1890). Foi redactor de La Voz del Pueblo, de Pontevedra, e colaborador dos xornais El Imparcial e La Correspondencia de España, de Madrid, e de La Voz de Galicia e El Heraldo Gallego. Entre as súas obras destacan Galicia Antigua (1904), na que refutou as teses de Murguía sobre a orixe celta da poboación galega, e La Gallega, nave capitá de Colón en el primer viaje de descubrimientos (1899), onde expuxo as súas teorías sobre a orixe galega de Colón, e que logo ampliou en Colón español. Su origen y patria (1914). Pintou cadros de pequeno formato nos que reflectiu recunchos de Pontevedra, entre outros, a Praza do Pan.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Estudiou maxisterio e exerceu como profesor ata que foi encarcerado durante a Guerra Civil por pertencer á Esquerda Republicana. Exiliouse en Bos Aires e Chile, onde foi delegado do Consello de Galicia. Colaborador das publicacións La Hora e Galicia, publicou o poemario Saudade (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse como escultor en Madrid, Barcelona e París, onde foi amigo de Max Jacob e Modigliani. Acusou a influencia do cubismo e creou o chamado planismo a comezos da década de 1920. Desde entón interesouse polo tema do circo, que tratou nun estilo próximo á inxenuidade de cores puras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e escritor. Foi coordinador de galego da Dirección Xeral de Política Lingüística. Publicou Vocabulario galego de Formación Profesional (1984), Lugo e a lírica medieval galego-portuguesa (1985), Escolma poético musical galega (1989) e Lingua e publicidade (1994). Ademais tamén colaborou nos volumes colectivos Lugo e a lírica medieval galego portuguesa (1985) e Poemas e contos da muralla (2001). Recibiu o Premio Buril das Letras Galegas (1986), o Premio Grugalma de Artigos (1990) e o Premio Rosalía de Castro (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, político e relixioso. Participou na Comisión dos 9, encargada de elaborar un novo estatuto de autonomía. Foi conselleiro de Traballo (1977-1978), senador pola Agrupación de Electores Independentes (1977-1978) e polo PSOE (1979-1989), e vicevaledor do pobo (1991). Participou na refundación do PSOE e da UXT en Ourense (1979). Publicou Cristianos en la Revolución Cubana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e alquimista suízo. Nome co que é coñecido Philippus Aureolus Theophrastus Bombastus von Hohenheim. Formouse en diversas universidades, como Viena e Ferrara, e exerceu a medicina dunha maneira case sempre ambulante. Nas obras Paramirum e Paragranum expuxo os fundamentos dunha nova cosmoloxía: tanto o macrocosmos (universo) coma o microcosmos (o home) están formados por sulphur, mercurius e sal. As causas das doenzas son cinco: ens astrorum (acción dos astros), ens veneni (acción tóxica dos alimentos), ens naturale (herdanza e constitución), ens spirituale (factores anímicos) e ens deale (vontade divina). O seu dominio da química empírica permitiulle propor moitos remedios novos, especialmente a base de minerais.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director teatral. En 1989 fundou o Teatro do Morcego coa intención de promocionar e profesionalizar o teatro en galego. Ademais, traduciu textos teatrais e foi coautor do Dicionario da Lingua Galega (3 vol, 1986). Coa súa compañía produciu Misterio cómico (1991), O lazariño de Tormes (1998), Os vellos non deben de namorarse (2001) e A gran ilusión (2002), e co CDG obras como A comedia do gurgullo (2004). Participou nos filmes Huidos (1992), A lingua das bolboretas (1999), O lapis do carpinteiro (2003) e O ano da carracha (2004) e en varias series de televisión. Recibiu o Premio Compostela ao mellor actor por Misterio Cómico (1992) e o Premio María Casares á mellor versión por o Lazariño de Tormes.
VER O DETALLE DO TERMO