"Ceram" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 23.

  • Grupo Sargadelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo Sargadelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kurt Wilhelm Marek.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar de Seram.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cerambícidos.

    2. Insecto da familia dos cerambícidos.

    3. Familia de coleópteros forestais que comprende escarabellos de dimensións medianas ou grandes, co corpo alongado e estreito, e de coloración variable. Presentan un par de antenas moi longas e unhas mandíbulas fortes coas que roen a madeira. Son xilófagos e, en xeral, de costumes diurnos. A familia comprende unhas 20.000 especies representadas en todo o mundo. Pertencen a esta familia os xéneros: Aromia, Cerambyx, Clytus, Hylotrupes, Lamia, Monochamus, Prionus e Saperda. Tamén reciben o nome de lonxicornios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de coleópteros da familia dos cerambícidos á que pertence a especie europea C. cerdo, que acada unha lonxitude corporal de 50 mm.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás ceramiais.

    2. Alga da orde das ceramiais.

    3. Orde de algas vermellas, de aparato vexetativo nalgúns casos complexo, caracterizado por presentar os filamentos esporóxenos reducidos a unha única célula. A frutificación está rodeada e protexida por unha cuberta procedente do gametófito. Constitúe un grupo moi homoxéneo, que comprende dende xéneros filamentosos, como Ceramium ou Polysiphonia, ata xéneros con talos semellantes a plantas superiores, como o Delesseria.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Arte de fabricar obxectos, recipientes, elementos de construción, etc, con materiais terrosos cocidos. En contraposición coa olería, que fabrica obxectos que na súa maior parte teñen ou tiveron un uso cotián, a cerámica engloba a fabricación de diferentes obxectos que teñen aplicación no campo da artesanía, deseño, arte e industria.
        Materiais e proceso de elaboración
        Empréganse basicamente arxila ou caolín como materiais fundamentais, grazas ás súas calidades plásticas e refractarias. Tamén se utilizan aditivos con finalidade desengraxante como area, cuarzo e feldespatos, que suavizan as contraccións durante a cocción; materiais fundentes que rebaixan o carácter refractario como feldespatos e álcali; e outros que a aumentan, como corindón, bauxita e metálicos. Emprégase como materia base unha mestura de materiais terrosos desprovistos de calidades plásticas, pero transformables por cocción. Nunha primeira fase do proceso de fabricación amásanse os materiais...

      2. cerámica de bandas SAN/

        Cerámica neolítica feita a man. Ten formas sinxelas, decoradas con liñas incisas de meandros e de espirais, que forman bandas. Deu nome á cultura de agricultores que se estendeu desde o S do lago Balaton e Hungría occidental, ao estuario do Oder e do Rin ata o Vístula. Comezou antes do ano 4000 a C e durou máis dun milenio. Suponse que se orixinou por unha serie de ondas de colonizadores chegados do Próximo Oriente e que seguiron en boa parte a ruta do Danubio. Tamén se denomina cerámica danubiana.

      3. cerámica de cordas SAN/

        Tipo de cerámica prehistórica caracterizada por impresións de cordas ao redor do colo e da barriga dos vasos ou ben por incisións fondas imitando cordóns. É típica do Neolítico e do Eneolítico do N de Alemaña, en Xutlandia. Propagouse por gran parte de Europa central e oriental, e por Escandinavia. Influíu notablemente na evolución do vaso campaniforme.

      4. cerámica de corda seca SAN

        Técnica de decoración cerámica na que as cores, puras, planas e xustapostas se separan por liñas realizadas cunha mestura de manganeso e materia graxa. O recheo da impresión facíase con cores esmaltadas ou fundentes. Ideada polos árabes, empregouse en España ata o s XVI. Entre os centros produtores destacan Granada, Sevilla e Toledo.

      5. cerámica de figuras negras SAN/

        Decoración da cerámica grega caracterizada pola representación de escenas con figuras pintadas en negro sobre fondo vermello. Empregouse dende os inicios do s VII a C e acadou grande esplendor en Atenas no s VI a C. Substituíuse, aproximadamente, no 530 a C pola cerámica de figuras vermellas.

      6. cerámica de figuras vermellas SAN/

        Decoración da cerámica grega caracterizada pola representación de escenas con figuras pintadas en vermello sobre fondo negro. Comezou a empregarse en Atenas no 530 a C e sucedeu a cerámica de figuras negras. Acadou o seu apoxeo no s V a C e desapareceu no s III a C.

    1. Cada un dos obxectos elaborados mediante esta arte.

    2. Conxunto de obxectos feitos de arxila, porcelana ou louza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que elabora ou vende obxectos de cerámica.

    2. Persoa especializada en cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas vermellas ao que pertence o fiúncho mariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de decorar a cerámica.

    2. Tratado sobre a historia da cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artista que decora con pintura os traballos feitos con cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1972 editada por Ediciós do Castro. Inclúe diversos traballos sobre cultura material en Galicia e sobre arte e industria. No seu número 88, de xuño de 2001, realizouse unha homenaxe á figura de Lois Tobío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cerámica producida na cidade de Delft. As primeiras manufacturas están documentadas desde o s XVI pero a súa comercialización non comezou ata o s XVII. Caracterizouse polo emprego da cor azul, a imitación da porcelana chinesa, pola pasta lixeira pero resistente e moi moldeable, e polo seu revestimento cun esmalte de estaño. A finais do s XVII introducíronse outras cores, como o amarelo e o verde. No s XVIII a fabricación deixou de ser dirixida polos mestres cerámicos e pasou a mans de mercadores que basearon a súa produción no gusto da clientela. Abandonouse o tema oriental en favor das escenas europeas e a partir de entón diminuíu a calidade e produciuse a súa decadencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Accióne e efecto de encarcerar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de encerar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cerámica orixinaria da cidade italiana de Faenza. A súa sona provocou que a palabra italiana faenza e a francesa faïence se empregasen como sinónimo de maiólica. Durante a Idade Media, a arxila cubríase cunha capa branca sobre a que se facía a decoración; durante esta época desenvolvéronse tamén as técnicas do esmaltado en branco e do engobe. No Renacemento ampliouse a gama de cores coa introdución do amarelo intenso e do azul turquesa. Empregáronse motivos decorativos de inspiración bizantina e árabe, e posteriormente os góticos, ata que a finais do s XIV se centraron nos motivos italianos. Dos novos estilos creados polos ceramistas destacan o bello, caracterizado pola cerámica maiólica de cor gris-azul celeste; o fiorito, con motivos decorativos que cobren case toda a peza; e o compediario, que se distingue polos produtos manufacturados de cor branca cunha policromía reducida ao amarelo e ao azul. Despois da crise do s XIX que provocou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cerámica artesanal fabricada en Manises desde o s XIV ata o s XVIII. Estaba influenciada pola que se facía no oriente islámico, e era realizada por artesáns mudéxares. Caracterizouse polos reflexos metálicos dourados, en combinación coa pintura azul e vermella. O seu influxo sobre a gran cerámica italiana do s XVI fíxose patente na técnica do reflexo metálico que se aplicaba en Gubbio. A súa produción decaeu desde o segundo terzo do s XVI coa expulsión dos mouriscos levantinos (1610) e acentuouse no s XVIII, co uso de temas de estilo totalmente popular e un empeoramento progresivo da decoración dourada.

    VER O DETALLE DO TERMO