"Cere" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 99.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbores ou arbustos de follas perennes, carentes de glándulas e moi dentadas, con froitos puntiagudos. En Galicia atópase de forma espontánea na serra do Xurés e como ornamental en parques e xardíns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcácer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario anarquista, editado na Coruña entre o 1 de maio de 1935 e o 18 de xullo de 1936. Foi o único voceiro, propiamente anarquista na Galicia republicana, das Juventudes Libertarias e dos grupos da Federación Anarquista Ibérica da cidade. Os seus 2.000-3.000 exemplares de tiraxe distribuíronse en Galicia, e tamén en América, entre aqueles emigrantes galegos que simpatizaban coas ideas libertarias. Careceu de director, e foi alentado por un grupo editor que rexeitou calquera tipo de dirixismo e de profesionalización. Nese grupo figuraron o xornalista Idelfonso González, que empregaba o pseudónimo de Gregorio Quintana, Xosé González, Arturo Meirás, Antonio Furnerakis, Xosé Grande, A. Fernández (Furna) e Xoán Expósito, entre outros. Tivo como obxectivo principal a formación dos anarquistas máis novos nun amplo abano de temas: economía, sexualidade, antimilitarismo, ética anarquista, etc. O seu contido trascendeu a temática sindical para centrarse na difusión ideolóxica,...
-
-
Relativo ou pertencente a Cáceres ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Cáceres.
-
-
-
Paos que van dando forma curva á cheda do carro, cando este se está a construír.
-
Ocos que teñen as cangallas do xugo do carro, onde van suxeitas as correas de coiro que pasan por debaixo do colo da vaca ou boi.
-
Fendas de pequeno tamaño que ten a pedra do muíño.
-
-
CIDADES
Cidade e capital da provincia homónima, na Comunidad Autónoma de Extremadura (77.768 h [1996]). Rodeada por dúas aliñacións montañosas da época precámbrica, está situada nunha chaira (meseta Trujillo-Cacereña), na que sobresaen algúns outeiros de natureza calcaria, como Alberca (530 m) e Cabezarrubia (510 m). Nestas aliñacións montañosas aparecen numerososo vales, entre os que destaca, polo seu valor paisaxístico, o val de Valdeflores. O clima é mediterráneo, con veráns secos e calorosos. A economía baséase esencialmente no sector terciario, derivada sobre todo das súas funcións político-administrativas e sanitarias. As industrias máis importantes son a azucreira e a química. Nos últimos anos aumentou considerablemente o turismo, atraído principalmente polo seu conxunto monumental, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1986. Fundada polos romanos (74 a C), foi tomada polos árabes en 1142. Durante os ss XII-XIII tivo lugar o proceso de reconquista que rematou coa toma da praza...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Comunidad Autónoma de Extremadura (19.945 km2; 413.396 h [1996]). A capital é Cáceres. Está constituída por 119 concellos, entre os que destacan pola súa poboación, Plasencia (37.299 h), Navalmoral de la Mata (15.819 h) e Mijadas (9.907 h). A provincia formouse en 1833 trala división das terras extremeñas en dous, agrupando dentro dos seus límites a Alta Extremadura e algunhas vilas das antigas provincias de Ávila e Salamanca. A capitalidade disputábana Cáceres e Plasencia, aínda que finalmente recaeu sobre a primeira, polo seu maior peso como sé episcopal. O seu relevo está condicionado polos Montes de Toledo ao S, e polo Sistema Central ao N. O val do río Júcar e os seus afluentes atravesan a provincia. O tipo de gandería, a escaseza de auga e a agricultura de tipo extensivo, deron orixe a un poboamento de carácter concentrado. A súa economía baséase na agricultura (trigo, cebada, centeo, avea e millo) e na gandería (ovina, vacúa, porcina e cabrúa). As industrias...
-
PERSOEIRO
Militar e político peruano. Entre 1857 e 1860 foi agregado militar da legación peruana en París. Participou activamente na Guerra do Pacífico (1879-1883) onde liderou a resistencia peruana contra os chilenos. No ano 1886, foi elixido presidente ata 1890 cando foi derrocado por Morales Bermúdez. Nos anos seguintes foi destinado a Inglaterra e Francia como ministro plenipotenciario. A súa volta a Perú produciuse no ano 1894 cando ocupou o poder pola forza. A súa ditadura durou un ano, ata 1895, cando un novo golpe de estado o obrigou a exiliarse. Durante os seus mandatos presidenciais puxo en práctica unha política económica destinada a diminuír a débeda externa do seu país polo que cedeu a explotación do ferrocarril durante sesenta anos e parte da explotación de guano a Gran Bretaña. Entre 1905 e 1911 foi enviado extraordinario e ministro plenipotenciario en Italia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi membro do Consello de Lexislación (1793) e ministro de Xustiza (1799) do Directorio tralo golpe de estado de Sieyès. Napoleón Bonaparte nomeouno segundo cónsul (1799), arquichanceler do Imperio (1804) e duque de Parma. Presidiu o Senado e o Consello de Estado en ausencia de Napoleón. Foi un dos redactores do Código Civil francés (1801-1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Planta do xénero Sorbus, da familia das rosáceas, que pode presentar porte de arbusto ou de árbore, de ata 20 m de altura. De casca lisa e agrisada, sen espiñas e de folla caduca, presenta flores dispostas en corimbos de pétalos brancos de ata 10 mm de diámetro. En Galicia están presentes, formando parte dos bosques de montaña, as seguintes especies: S. aucuparia, con follas compostas, de ata 17 folíolos de marxe dentada, inflorescencias planas de ata 20 cm de diámetro, e froitos comestibles de cor alaranxada ou vermella; S. torminalis, de follas enteiras lobuladas de 3 a 8 parellas de nervios; e S. aria, tamén chamado mostallo e que deu nome ao cume Mustallar, de follas enteiras coa marxe dentada e de 8 e 14 parellas de nervios laterais, tomentosas e abrancazadas no envés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio no que cumpren as penas de privación de liberdade as persoas que cometeron un delito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa encargada de vixiar as persoas que están no cárcere.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura (4.753 h [1996]), situado ao N da cidade de Cáceres, na conca do río Almonte. A súa economía baséase principalmente na agricultura, na gandería e nunha certa actividade industrial que abrangue construcións metálicas, madeira e industrias alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome romano da cidade etrusca de Cerveteri.
-
-
-
Relativo ou pertencente á deusa Ceres.
-
Aplícase ás festas que se celebran en honor a Ceres.
-
-
-
Planta pertencente, en xeral, ás familias das poáceas e poligonáceas, que produce sementes das que se poden obter fariñas panificables. A selección realizada por parte do home ao longo dos tempos fixo que estas herbáceas sexan todas anuais e ofrezan máis e maiores froitos, con espigas máis resistentes, o que facilita a súa recolleita. Os cereais constitúen o grupo máis importante de plantas cultivadas debido, sobre todo, ao seu rendemento e valor alimentario, así como á súa facilidade de almacenaxe. Os máis importantes son: a avea, o centeo, o orxo e o trigo (orixinarios do interior de Asia e do Mediterráneo); o arroz (orixinario do sudoeste de Asia), o millo miúdo e o sorgo (de rexións áridas de Asia oriental, India e África) e o millo (de América central e México). A parte máis importante da produción destínase á alimentación (consumo directo dos grans, de produtos elaborados ou de subprodutos). Interveñen nos procesos de transformación e elaboración as industrias fariñeiras e de pasta,...
-
Semente dos cereais. Constitúe unha das bases da alimentación humana desde o Neolítico. Aínda que as substancias nutricias están tanto no tegumento coma no mesmo gran, adoitan consumirse descascados. Existen dúas formas de consumo que enriquecen o almorzo: os cereais para o almorzo, cocidos ao vapor, esmagados e torrados, ás veces con mel, azucre ou vitaminas, que facilitan a dixestión; e o müesli, que procede do norte e centro de Europa e que consiste nunha mestura de cereais cocidos, uvas pasas, abelás, améndoas, etc, á que se lle pode engadir froitas, azucre e mel. OBS: Emprégase habitualmente en plural.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cereal ou aos cereais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cultivo e á produción de cereais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica ao cultivo de cereais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultivo dos cereais.
-
-
Relativo ou pertencente á produción ou ao comercio de cereais.
-
Persoa que se dedica a cultivar ou comerciar con cereais.
-