"Chans" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PUNTA

    Punta da beira setentrional da ría de Corme e Laxe, no litoral da parroquia de Corme Porto (concello de Ponteceso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantar épico francés que describe en verso a lendaria Batalla de Roncesvalles (778), desde a súa xestación ata as súas consecuencias, na que saíu derrotado Carlomagno, quen se proclamara defensor da cristiandade. Meses despois de que o emperador invadira Zaragoza, co fin de crear un protectorado que formase unha barreira contra os movementos expansionistas do emir de Córdoba ‘Abd al-Ra ḥ mān, tivo lugar este enfrontamento entre o exército francés e os reis mouros de Zaragoza ao seren atacados aqueles na súa retagarda por unha cuadrilla de vascos que pretendían saquealos. O texto máis antigo (pouco antes do 1100) que narra estes sucesos, docúmentase tres séculos despois do acontecido; de aí que o relato bélico se adornase con personaxes fiticios, que nada tiveron que ver coa acción histórica, ou con abondosos elementos novelescos, fantásticos e sobrenaturais. En definitiva, creouse unha intriga que converteu o desastre militar, causado por un erro estratéxico, no drama dunha paixón...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma polifónica característica da escola franco-flamenga do s XVI, nacida da fusión do espírito popular da canción monódica coa linguaxe do motete contrapuntístico. Co madrigal italiano contemporáneo, destinouse a ser cantada a capella. Non ten estrutura propia ben determinada. O número de voces é bastante variable e o seu carácter é moi diverso. Guillaume de Machaut (1300?-1377), Guillaume Dufay (1398?-1474) e Binchois (1400?-1460) cultivaron este tipo de composicións. Clément Janequin (1485?-1558) foi, na primeira metade do s XVI, o seu principal representante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro impreso ou manuscrito que contén chansons ou as súas musicacións. Entre os máis coñecidos destaca o Mellon Chansonnier, copiado cara ao 1476, o Laborde Chansonnier, copiado cara ao 1480 e o Chansonnier Cordiforme, realizado antes de 1477.

    2. Artista que interpreta cancións compostas xeralmente por el mesmo e que apareceu en Francia cara ao 1700. A partir da segunda metade do s XIX, pasou a designar o artista que interpretaba as súas obras nos cabarés.

    VER O DETALLE DO TERMO