"Chaos" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • Unidade tectónica pertencente ao conxunto de chairas e depresións da Galicia interior, situada entre a terra de Chantada e a serra do Faro, entre o val do río Avia e o val do río Miño, que se integra xunto con outras superficies aplanadas como os chaos da Peroxa e do Carballiño. A terra dos Chaos de Amoeiro está delimitada ao N pola serra da Martiniana (1.010 m de alt), ao O polo río Barbantiño, ao S polo río Miño e ao L polo río Porto. As numerosas fracturas que atravesan a súa superficie facilitan o decurso de numerosos ríos (Formigueiro) e regos (Porto, Lagarto e Raña) que favorecen a presenza de castelos, algún tor e outras formas graníticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma plural correspondente a Chao, apelido galego de orixe toponímica que remite ao latín planu ‘lugar chan’. Atéstase moi cedo baixo a forma latina: “Pelagio Suariz de Planos” (doc ano 1103 en M. Lucas Álvarez, El tumbo de San Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 265). Esta forma correspóndese coa zona centroriental do territorio galego fronte a Chans que é propia do occidente.

    2. Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, dous lobos de sable, pasantes, armados e lampasados de goles, postos en pao; bordo de goles con oito aspas de prata. Outra variante leva, en campo de azul, unha estrela de ouro, cargada de tres flores de lis de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra do Piornal, nos Ancares, que serve de límite aos concellos das Nogais e Pedrafita do Cebreiro, e ás súas respectivas parroquias, Nullán e Padornelo. O seu cumio acada os 1.260 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello do Bolo baixo a advocación de santa Apolonia, que foi integrada na de Xava despois de 1887.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción nobre de trazas góticas situada no núcleo histórico de Pontevedra. Construíuse a finais do s XV ou principios do s XVI baixo o patrocinio de Paio Gómez de Soutomaior. Modificada pola destrución de parte dos seus atributos ornamentais, conserva os escudos de armas dos Soutomaior e dos Ulloa nas fachadas principais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Paredes (Montederramo) e Casteloais e O Candedo (Chandrexa de Queixa). O seu cumio acada os 1.167 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO