"CiU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 59.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política de carácter conservador e católico, constituída oficialmente en Ourense o 8 de novembro do 1931, nunha xuntanza celebrada no Círculo Católico da cidade por iniciativa de destacados membros da burguesía local (comerciantes, propietarios, militares retirados, etc). Tiña como obxectivo o agrupamento do movemento conservador provincial baixo unhas únicas siglas, introducíndose no recén estreado xogo democrático da Segunda República como partido eminentemente católico, social e agrario, unificador de todas as clases sociais, sen restricións económicas ou laborais. Foi o primeiro grupo de significación dereitista aparecido en Ourense, e non tivo intención de estenderse polas demais circunscricións galegas. No seu programa político defendeu a liberdade de ensino e a pervivencia do sistema bicameral, empregando o Senado como a Cámara gobernativa representativa da vella organización política, protagonista política antes da proclamación da República. Sen dúbida, o obxectivo...
-
CIDADES
Cidade antiga e promontorio do NL de Grecia, na Acarnania. Fronte ao promontorio, preto da illa de Leucada, tivo lugar a batalla de Accium (31 a C) entre a flota de Octavio e a de Marco Antonio e Cleopatra. Esta batalla foi o derradeiro episodio da loita polo poder entre Augusto e Marco Antonio. As naves de Cleopatra fuxiron; Marco Antonio foi derrotado e suicidouse, o que causou o famoso suicidio de Cleopatra cun áspide.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista especializado no eido gastronómico. Traballou en El Ideal Gallego e ocupou distintos cargos na axencia Efe. Colaborou nas obras Alimentos de España (no que se refire a hortalizas e verduras) e Enciclopedia Gastronómica de Navarra. En 1992 foi galardoado co Premio Nacional de Gastronomía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor lituano. Estudiou Letras e Medicina en Moscova. Fundou en Tilsit en 1883 a revista nacionalista Ausra. A súa obra céntrase no estudo da literatura e das tradicións populares lituanas. Fundou en Vilnius unha biblioteca e un museo nacional. Escribiu Ozkabaliu Dainos (Os cantos de Ozkabalai, 1902) e Lietuviskos Pasakos (Lenda lituana).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ciudad Bolívar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cristino Álvarez Herrera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de sales de calcio nos ouriños. Normalmente se eliminan 200 mg de calcio ao día.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de temática relixiosa que se editou no mosteiro de Oseira entre 1949 e 1951. Os monxes cistercienses encargáronse da súa dirección e redacción. Contén as seccións “Efemérides”, “Flores del Císter”, “Bibliografía” e “Necrología” e está ilustrada con fotografías dos membros da orde. Considérase a sucesora da revista La Voz del Císter, que editou a mesma orde entre 1928 e 1936. Distribuíase por todos os mosteiros cistercienses de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Convergència i Unió.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación subtitulada “Semanario de Pontevedra” que apareceu o 21 de maio de 1945. Fundada e dirixida por Emilio Canda, deixou de editarse despois de 1948, tralo número 111. Incluía, fundamentalmente, información sobre a cidade. No eido literario destacan as poesías en galego de Herminia Fariña e os textos de Antón María Doval, Xulio Sigüenza, Celso Emilio Ferreiro e Fermín Bouza-Brey. En castelán apareceron poemas de Manuel Machado e artigos de Cuña Novás e Filgueira Valverde, entre outros autores. Durante as festas da Peregrina de 1947 engadíuselle o suplemento Nuestra ciudad, onde incluía o poema en galego “Rogo a Yavé”, de Celso Emilio Ferreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Bolívar, Venezuela, situada ao S do país, na marxe dereita do río Orinoco (253.112 h [1992]). É o principal centro agrícola, gandeiro, mineiro (manganeso, bauxita e ferro) e comercial do Estado. O Orinoco é unha importante vía de comunicación fluvial. Fundada en 1764 por Joaquín Moreno de Mendoza co nome de Angostura, en 1846 cambiouno polo actual. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a catedral barroca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Filme documental realizado por A. Portela en 1926. Esta produción sufragouna o concello da Coruña e estreouse en 1927 con textos do escritor teatral Adolfo Torrado. Pretendía facer propaganda da cidade herculina no exterior.
-
CAPITAIS
Capital dos Estados Unidos Mexicanos que constitúe un Distrito Federal da República (8.489.007 h [1995], na aglomeración urbana 20.000.000 h [estim 2000]). Emprázase sobre a antiga área lacustre de Texcoco, no altiplano de Anahuac, a máis de 2.200 m de altitude e 19° 0’ 24’’ de latitude N e 99° 9’ de lonxitude O.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Xeografía física
A altitude e a súa situación interior, protexida dos ventos mariños do SO pola Sierra Madre del Sur, matiza bastante os rexistros climáticos, especialmente os térmicos; malia estar nunha latitude tropical, sitúase baixo o dominio climático continental temperado, cunha temperatura media anual de 18,9°C. O total de precipitacións anuais é de 819 mm, recollidos en 142 días de chuvia. A súa localización palustre explica a natureza aluvial dos solos e o carácter chan do seu centro, que está rodeado de construcións volcánicas; as máis elevadas son as do S e SO, onde superan os 3.000 m de altitude (Cerro Cruz del Marqués,... -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Monforte de Lemos dende febreiro ata abril do ano 1902, e que saíu dúas veces á semana. Subtitulada “Periódico Literario”, acolleu as seccións “Noticias generales”, “Sección local”, “Anuncios”, “Reflexiones”, “Calendaresco”, “Aberraciones” e “Croniquilla”. Colaboraron nela A. Lores, Eumenio Rodríguez, José R. Lence, Victoriano R. Gómez e José Castedo. No eido literario, ocasionalmente publicaba o apartado “Curiosidades etimológicas”, onde se analizaban tratamentos ou topónimos. Editou tamén a letra do himno anarquista, a tradución de textos da obra Pensées (Pensamentos), de Blas Pascal, poemas relixiosos e o soneto “Un retrato”, de Camilo Serrano.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia do Alto Paraná, Paraguay, situada na marxe dereita do río Paraná, na fronteira con Brasil (133.893 h [1992]). Fundada en 1957, nun primeiro momento denominouse Puerto Presidente Stroessner. A proximidade con Brasil e coas cataratas do Iguaçu convertérona nun importante centro comercial e turístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual que apareceu en Lugo en 1920. Acolleu unha gran cantidade de documentos relacionados coa doutrina teolóxica e ascética. Considerada como o órgano oficial do Centro Eucarístico Diocesano de Lugo, foi dirixida e redactada por Plácido Ángel Rey Lemos durante o tempo que estivo como bispo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área natural da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, localizada uns 35 km ao NL da capital provincial. O territorio está constituído por uns 20 km2 de formacións cársticas que adopta formas variadas e caprichosas.
-
CIDADES
Cidade do estado de Bolívar, Venezuela. Trátase dun centro comercial que resultou da fusión de Puerto Ordaz, San Félix, Matanzas, Caruachi e Castillito, na confluencia dos ríos Orinoco e Caroní (590.189 h [1996]). A poboación experimentou un gran crecemento debido á expansión económica.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do N do estado de Chihuahua, México, á beira do Río Bravo, na fronteira con Texas (EE UU), fronte á cidade de El Paso (789.522 h [1990]). A poboación aumentou por mor das relacións comerciais cos EE UU, intensificadas dende a entrada en vigor do Tratado NAFTA en 1994. Centro económico dunha rexión de cultivo intensivo, é o mercado do algodón máis importante do país. Fundárona os misioneiros franciscanos coa denominación de Paso del Norte en 1662. Durante a invasión francesa, Juárez instalou alí o seu cuartel xeral e na súa memoria cambióuselle o nome en 1888.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Tamaulipas, México (159.644 h [1990]). É un importante centro industrial, especialmente polas súas refinerías de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO