"Cognac" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CIDADES

    Cidade do departamento de Charente, na rexión de Poitou-Charentes, Francia, situada á beira do río Charente (19.528 h [1990]). É o centro da rexión viñateira que lle deu nome ao brandi ou coñac. É unha depresión que se divide en diferentes comarcas, segundo a clase de coñac: Le Grand-Champagne, Le Petit-Champagne, Fins-Bois, Bons-Bois e Bois-Ordinaires. Despois de ser disputada durante as guerras de relixión, entregóuselles aos protestantes a raíz do Tratado de Saint-Germain (1570). Resultou moi afectada pola revogación do Edito de Nantes (1685). Do seu patrimonio arquitectónico destacan a igrexa románico-gótica de Saint-Léger e a porta de Saint-Jacques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza asinada na cidade de Cognac o 22 de maio de 1526 por Francisco I, o Papa Clemente VII, Francisco Sforza e representantes de Florencia e Venecia; máis tarde tamén a firmou Enrique VIII. O obxectivo da liga era loitar contra a preponderancia de Carlos I en Italia e conseguir a abolición do Tratado de Madrid, asinado por Francisco I cando era prisioneiro do emperador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parentesco de consanguinidade por liña feminina.

    2. Calquera tipo de parentesco.

    VER O DETALLE DO TERMO