Eubacterium
Eubacterium
[MONERA]
Xénero de bacterias Gram-positivas, anaerobias obrigadas, que producen unha mestura de ácidos orgánicos que inclúe o butírico, o acético, o fórmico e o láctico. Habitan no intestino, onde poden ser o membro predominante da flora microbiana, e no solo. Poden ser patóxenas e causar infeccións en tecidos brandos.