eubacterial

eubacterial

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás eubacteriais.

  2. s f [MONERA]

    Bacteria da orde das eubacteriais.

  3. s f pl [MONERA]

    Orde de bacterias moi estendida que comprende familias de individuos de todas as morfoloxías e metabolismos descritos no mundo microbiano. Esta orde comprende as bacterias máis típicas e de máis importancia sanitaria e económica, a maior parte das Gram-positivas, pseudomonas, enterobacterias, micoplasmas e cianobacterias. Caracterízanse por ter mureína na parede celular, lípidos con ácidos graxos non ramificados conectados por enlaces éster nas membranas celulares e RNA-polimerases características. Algunhas eubacteriais, como os micoplasmas, non teñen parede e, por tanto, non presentan mureína.

Palabras veciñas

Euaineto | euántico -ca | Euba, Andoni | eubacterial | Eubacterium | Eubalaena | Eubea