"Coles" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello de Coles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca e da provincia de Ourense, situado no S da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello da Peroxa, ao L co do Pereiro de Aguiar, ao S co de Ourense, e ao O cos de Amoeiro e Vilamarín (todos eles da comarca de Ourense). Abrangue unha superficie de 38,1 km 2 cunha poboación de 3.257 h (2007), distribuída nas parroquias de Albán, A Barra, Cambeo, Coles, Gueral, Gustei, Melias, Ribela, Santa Mariña de Albán, Santo Eusebio da Peroxa e Ucelle. Da parroquia de Gueral, que pertence na súa maior parte ao concello da Peroxa, só se inclúe en Coles o lugar de Moure. A capital é o lugar de Vilarchao, na parroquia de Santo Eusebio da Peroxa, situado a 42° 24’ 50’’ de latitude N e 7° 50’ 2’’ de lonxitude O, 103 km aoó SL de Santiago de Compostela e 9 km ao N do centro de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O termo municipal de Coles está baixo o dominio climático oceánico-mediterráneo....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e cantante de jazz norteamericano. Coñecido como Nat King Cole, en 1940 fundou un trío. Gravou con Lester Young e Coleman Hawkins e colaborou en diversas películas, entre elas Saint Louis Blues (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Detención do fluxo da bile. Segundo o punto no que se produza a obstrución das vías biliares, existen colestases de causa intrahepática e de causa extrahepática. A colestase intrahepática caracterízase por unha dificultade na excreción da bilirrubina e está causada por virus, medicamentos ou por unha cirrose biliar. A colestase extrahepática aparece como consecuencia dunha litíase biliar ou dunha neoplasia das vías biliares, entre outras causas. O tratamento da primeira é médico e o da segunda, cirúrxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que cataliza a hidrólise do colesterol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caso particular do estado nemático que se caracteriza polo feito de que as moléculas forman planos paralelos; en cada un deles todas teñen unha determinada orientación, que cambia nun pequeno ángulo constante dun plano ao seguinte. Deste feito resulta unha configuración helicoidal, estrutura moi sensible á temperatura, polo que os cristais colestéricos se usan en termometría e en detectores de infravermellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principal esterol dos animais. É importante a súa función como elemento estrutural das células, principalmente das membranas plasmáticas e das membranas dos orgánulos celulares. Forma parte das vaíñas mielínicas, das fibras nerviosas e dos eritrocitos, e encóntrase principalmente no tecido nervioso. É insoluble en auga e pouco soluble en alcohol frío. Sintetízase no fígado a partir de acetil-CoA. O colesterol é o esteroide principal do que derivan os demais esteroides do organismo. O seu metabolismo é esóxeno e endóxeno. O colesterol esóxeno procede dos alimentos (xema de ovo, graxas animais, etc) e absórbese no intestino delgado en presenza de bile, ácidos, graxas e zume pancreático, necesario para a súa emulsión e solubilización. O colesterol endóxeno sintetízase no fígado e noutros tecidos, e hai unha relación inversa entre a síntese e a inxestión dietética do colesterol, de xeito que un nivel elevado de colesterol plasmático inhibe a síntese de colesterol. É o precursor das hormonas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Taxa de colesterol no sangue. Normalmente é de 1,5 a 2,7 g/l, pero varía segundo o grupo étnico, a idade, o sexo e a dieta. Niveis altos de colesterolemia supoñen un factor de risco para a arteriosclerose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resina de intercambio iónico, útil no tratamento de certas hiperlipemias e do proído orixinado en cadros de colestase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de cada un dos dous esterois isómeros derivados do colesterol por hidroxenación do dobre enlace 5-6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exceso de colesterol no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO