"Collins" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cóctel de tipo fizz que se realiza a base dun licor obtido por destilación (xenebra, whisky ou similar) e zume de limón. Son famosos o John Collins e o Tom Collins.
-
PERSOEIRO
Político irlandés. Aos 15 anos trasladouse a Londres, onde foi un membro activo da Irish Republican Brotherhood (Irmandade Republicana Irlandesa, IRB), partido que logo presidiría. En 1916 regresou a Dublín co obxectivo de organizar a insurrección do día de Pascua, feito polo que sería detido. En 1917, trala súa liberación, foi elixido membro da executiva do Sinn Fein; encargouse, daquela, de crear unha rede de espionaxe e de buscar apoios económicos para a loita armada, que estaría en mans do escuadrón dos Doce Apóstolos. En 1919, despois de que os representantes do Sinn Fein elixidos en 1918 constituísen o ilegal Dail Eireann e proclamasen a República de Irlanda Libre, ocupou a carteira de Finanzas do goberno clandestino de Eamonn de Valera; ademais, nese mesmo ano acadou o cargo de comandante do Irish Republic Army (IRA). A dureza coa que os británicos reaccionaron ante eses feitos levárono a organizar unha loita de guerrillas que culminou co Domingo Sanguinolento (21.11.1920), no que...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astronauta. De familia de militares, estudiou en West Point, nos EE UU, e exerceu como piloto de probas da forza aérea. Interveu no programa Gemini e, posteriormente, pilotou o módulo de mando do Apollo 11 que levou os primeiros homes á Lúa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta inglés. A súa obra, iniciada en 1741 con Persian Eglogues (Églogas persas), constitúe un precedente da escola romántica inglesa. Da súa produción destaca Odes (Odas, 1747) e Ode on the Popular Superstitions of the Highlands (Oda ás supersticións populares de Highlands), publicada postumamente en 1788.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de George Morland, realizou paisaxes, sobre todo das costas inglesas, e escenas de xénero. Un dos seus fillos, Charles Allston Collins (Hampstead 1828-Londres 1873), foi tamén pintor. Da súa produción destaca Convent Thoughts (Pensamentos da escola, 1851). En 1858 abandonou a pintura para dedicarse á literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista. É autor de novelas de misterio entre as que destacan Memoirs of the Life of William Collins (Memorias da vida de William Collins, 1848), The Woman in White (A muller de branco, 1860) e The Moonstone (A pedra lunar, 1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor inglés. Foi un dos fundadores da Irmandade Prerrafaelista (1848), pero en 1850 abandonou a pintura para formarse como sacerdote católico. En 1854 volveu pintar e especializouse en escenas de xénero. Das súas obras destacan Un accidente da vida de Santa Isabel, raíña de Hungría (1851) e A bolsa baleira (1857).
VER O DETALLE DO TERMO