"Compostelano" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín do que o primeiro número se editou en Santiago de Compostela no ano 1902.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro xornal editado en Galicia que saíu do prelo o 1 de maio de 1800 na cidade de Santiago de Compostela. Comparando a data de publicación de El Catón Compostelano coa dos primeiros periódicos españois, obsérvase o enorme baleiro no que estivo sumida a prensa galega durante unha boa parte do s XVIII. Este xornal, fundado por Francisco de Valle Inclán, nace nunha época na que era difícil sacar á luz “papeis públicos”, debido á censura previa que existía. De feito, os “autores de papeles periódicos” tiñan a obriga de presentalos asinados por si mesmos ao xuíz de imprenta, e este era o encargado de outorgar ou rexeitar a licenza de impresión se, previamente, o ditame do censor fora favorable. A aparición deste decano dos xornais galegos foi o decisivo punto de arranque para novas publicacións periódicas, pero non dunha maneira inmediata, xa que non volvería aparecer ningún outro no período que vai de 1800 a 1808. O tipo de periodismo que se fixo coa entrada das tropas napoleónicas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liña férrea, tamén denominada Ferrocarril Compostelano de la infanta doña Isabel, que foi inaugurada o 15 de setembro de 1873 e que unía as localidades de Carril e Cormes (Santiago de Compostela) cun percorrido de 41,01 km. O nacemento do ferrocarril en Galicia estivo vinculado aos elementos liberais e recibiu o apoio da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. A Sociedad del Ferrocarril Compostelano, constituída en 1863, contou entre os seus accionistas cun importante grupo de inversores da burguesía de Santiago, entre os que se incluían Andrés Vicente Nieto, Antonio García Candal, Andrés Tarrío, Baltasar Stolle, José Ignacio Eleizegui e Inocencio Vilardebó. Os emigrantes cubanos tamén participaron na empresa, pero a maior parte do capital proviña dos accionistas británicos, encabezados por John S. Mould. Entre o accionariado galego cómpre mencionar a Ramón Valle Inclán Bermúdez, pai de Ramón María del Valle-Inclán e coñecido liberal, que participou no consello de administración...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal informativo que se editou en Santiago de Compostela a partir de febreiro de 1920 co subtítulo de “Diario Independiente”. Ramón Díaz-Varela Ituarte fundou esta publicación de ideoloxía católica, conservadora e xermanófila, que durante a Guerra Civil apoiou o bando nacional. Estaba dividido nas seccións “Crónica”, “Boletín del día”, “Galicia”, “Espectáculos”, “Noticias”, “Sucesos”, “Última hora” e “Anuncios”. No que respecta ao eido da literatura pódense subliñar as seccións “Pasatempos”, “Página poética” e “Folklore gallego”, nas que se incluíron traballos sobre costumes populares. Entre os colaboradores figuraban José Mª Moar, Salvador Cabeza de León, F. Fernández del Riego, J. Rey González, Ramón Cabanillas, F. Cabo Pastor, Carmiña Prieto, Portela Pazos e Otero Pedrayo, entre outros. Entre os anos 1925 e 1941 fixo unha importante contribución á literatura galega, xa que publicou unha gran variedade de poesía nesta lingua. Tamén hai que destacar a prosa de carácter costumista, os...
-
GALICIA
Teólogo e poeta. Escribiu De consolatione rationis, publicado postumamente (1912), no que resolve, en prosa e verso, cuestións conflitivas da doutrina católica, en especial o que se refire á teoría da inmaculada concepción da Virxe María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santiago de Compostela a principios de 1858. Impreso nos obradoiros tipográficos de Xosé Rodríguez Rubial, cesou a súa edición en outubro de 1863.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de estudios teolóxicos adscrito á facultade de Teoloxía da Universidad Pontificia de Salamanca. Herdeiro da Universidad Pontificia de Santiago de Compostela (1897-1932), creouse por iniciativa do arcebispo A. Suquía; en 1978 obtivo a vinculación provisional á universidade salmantina coa facultade de impartir as clases do grao de bacharel en Teoloxía. En 1980 a Sagrada Congregación para a Educación Cristiana aprobou os seus estatutos, de xeito que en 1981 comezou a funcionar como Instituto Teológico Compostelano, baixo a supervisión dunha xunta integrada polos bispos de Galicia e presidida polo arcebispo de Santiago. En 1986 o arcebispo A. Rouco Varela inaugurou as instalacións do ITC no mosteiro de San Martiño Pinario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incunable impreso en Santiago de Compostela o 2 de setembro de 1532 por Pedro de Villalta e o mestre Nicolás de Saxonia. Deste manual, elaborado por orde do cardeal Pedro de Cebrián para a administración dos Santos Sacramentos, fixéronse 1.000 exemplares, seguindo o exemplo do xa feito para a diocese de Toledo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incunable impreso en Monterrei en 1495 por Gonzalo Rodrigo de la Pasera e Juan de Porras, por orde do arcebispo D. Alonso de Fonseca. Foi dado a coñecer por vez primeira de xeito documental polo historiador galego Antonio López Ferreiro a finais do s XIX, a través do estudo das Actas Capitulares da Catedral de Santiago de Compostela. En 1961, o bibliógrafo Antonio Odriozola descubriu os primeiros fragmentos no Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Consérvanse fragmentos nos arquivos históricos provinciais de Pontevedra, León e Ourense, nos do Reino de Galicia (A Coruña), a Universidade de Santiago de Compostela e a de Comillas, no Arquivo Histórico do Colexio Notarial da Coruña e na Biblioteca Capitular de Santiago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir do 16 de xullo de 1809. Cesou o 29 de xaneiro de 1812. Continuador de Diario de Santiago, suspendido tras a invasión francesa, comezou sendo un diario de información xeral en que primaba a información lexislativa. A partir de 1810 comezou a defender as ideas liberais e foi suspendido entre maio e xullo de 1810.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de 1934. Subtitulada “Revista profesional”, estaba dirixida por Manuel de Latorre Lago a todos os profesionais do sector médico. Anúnciase como a continuación doutra publicación semellante que rematou a súa edición en 1930. Ademais dunha completa “Guía Profesional de Practicantes”, incluíu artigos de interese médico e unha “Galería de Prestigios Gallegos”, en que analizaba a figura de destacados profesionais da medicina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santiago de Compostela a partir do 11 de xaneiro de 1842. Cesou o 11 de setembro de 1943. Subtitulado “Periódico literario”, saíu dúas veces ao mes dos obradoiros de Xosé Nuñez Castro. Dirixido por Antonio Neira de Mosquera, tratou temas relacionados coa historia, a xeografía, as viaxes, a poesía ou a novela, cun maior peso da literatura. Chegou a ser unha revista literaria de calidade recoñecida en toda España.
VER O DETALLE DO TERMO