"Constantina" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado na marxe esquerda do río Guadalquivir (7.390 h [1996]). A súa economía baséase na gandería (porcina e lanar), que permite a elaboración de produtos derivados, tanto alimentarios como téxtiles. A agricultura céntrase no cultivo de viña e oliveiras. Posúe xacementos de ferro e prata. No Parque Natural de la Sierra Norte está situada a cova da Sima, de natureza cárstica e de grande interese xeolóxico. Poboada polos iberos, foi reconstruída polos cartaxineses. Trala dominación árabe reconquistouna Fernando III o Santo e en 1478 converteuse en vila de reguengo. Do seu patrimonio arquitectónico destacan a igrexa mudéxar de Santa María de la Encarnación (s XV), as ruínas da ermida múdexar de Nuestra Señora de la Hiedra (s XVI) e o castelo no que sobresae a torre da homenaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do wilāya homónimo, Alxeria (440.842 h [1987]. É o centro comercial e industrial (pel e la) dunha importante rexión agrícola (cereais). Identificada coa Sarim Batim dos cartaxineses, foi a residencia dos reis númidas ata que a conquistaron os romanos no 44 a C, polo que recibiu o título de Colonia Sittianorum. Arrasada por Maxencio durante as guerras civís (311), Constantino I o Grande reconstruíuna no 313, pero sufriu a invasión dos vándalos. Pasou a mans dos árabes no s VII (710) e acadou unha grande importancia comercial durante a Idade Media. Conquistada polos turcos no s XVI, pasou ao dominio francés no 1837.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Alxeria (2.150 km2; 664.303 h [1987]. A capital é Constantina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome que procede do latín constantinus, derivado do cognome romano constans constantis ‘constante, perseverante’. Da mesma etimoloxía son os antropónimos Constancio e Constante. Presenta os hipocorísticos Tatino e Tino. Levaron este nome trece emperadores. A súa festa celébrase o 12 de abril e o 27 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO