"Constantinopla" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
PERSOEIRO
Patriarca de Constantinopla (471-489) que promoveu o cisma acaciano na Igrexa de Oriente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Constantinopla (1204-1205). Fillo de Balduíno V, conde de Hianaut, e de Margarita I, condesa de Flandres, reuniu ambos os dous condados en 1195. Loitou ao lado de Inglaterra contra Filipe II Augusto de Francia. Polo Tratado de Peronne (1200) obtivo do Rei francés a retrocesión do nordeste do Artois. Foi un dos líderes da Cuarta Cruzada, que instaurou o Imperio Latino de Constantinopla, do que foi elixido Emperador grazas ao apoio de Venecia. Derrotado e feito preso polos búlgaros na Batalla de Adrianópolis (1205), probablemente foi executado por orde do Tsar búlgaro. Sucedeuno o seu irmán Enrico I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Constantinopla (1228-1261). Fillo de Pedro II de Couternay, sucedeu ao seu irmán Roberto I; reinou asociado ao seu sogro Xoán de Brienne (morto en 1237). Tivo que facer fronte ás reivindicacións ao trono de Bizancio dos emperadores de Nicea: Xoán II Ducas Vatatzes, que conquistou Adrianópolis e Tesalónica, e Miguel VIII, que se apropiou de Constantinopla, de onde fuxiu Balduíno II. No ano 1267 concertou con Carlos de Nápoles o Tratado de Viterbo, a cambio da axuda para recuperar o Imperio perdido, cedeulle unha parte do Imperio e concertou a voda do seu fillo e herdeiro, Filipe de Courtenay, con Beatriz de Nápoles (estipulábase que se Filipe morría sen fillos, os seus dereitos revertían no pai desta, Carlos I).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca ecuménico (596). Acolleu a viúva e os fillos do Emperador Mauricio, perseguidos a morte por Focas; como consecuencia, foi privado de moitos dos privilexios que lle outorgara o seu antecesor, sufriu persecución e foi asasinado. É venerado como santo polos ortodoxos e celébrase o 27 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do Imperio Bizantino construída por Constantino I sobre a antiga Bizancio e consagrada o 11 de maio do 330. Organizouse segundo a administración e as leis de Roma e axiña se converteu na capital política do Imperio de Oriente, trala división do Imperio Romano (395), e no centro relixioso e intelectual do mundo romano oriental. Viviu o momento de máximo esplendor baixo o Emperador Xustiniano (527-565), quen fixo da cidade o centro do comercio entre Europa e Asia. O pazo imperial, o hipódromo, o Senado, a igrexa patriarcal de Santa Sofía e o foro de Constantino constituían o centro da vida urbana. Os contactos entre o pobo e o emperador producíanse unicamente durante as manifestacións que, con motivos lúdicos, se realizaban no hipódromo. Había catro faccións distintas: branca, vermella, verde e azul, pero só as dúas últimas tiveron importancia. Os verdes (prasinoi), representantes tradicionais do monofisismo e orixinarios dos barrios pobres, recibiron o favor do Emperador Anastasio,...
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Denominación que recibiron os oito concilios celebrados pola Igrexa cristiá en Constantinopla entre os anos 381 e 1341. A Igrexa só considera como ecuménicos catro, os tres primeiros e o sexto, denominado IV Concilio.
VER O DETALLE DO TERMO
Concilio I (381)
Segundo concilio ecuménico da Igrexa católica, convocado polo Emperador Teodosio I, ao que asistiron 150 bispos orientais, que condenaron o arianismo e o macedonianismo, definiron o Espírito Santo como parte integrante da Santísima Trindade e reafirmaron as resolucións adoptadas no Concilio de Nicea (325).
Concilio II (553)
Quinto concilio ecuménico convocado polo Emperador Xustiniano coa intención de atraer á fe ortodoxa os monofisitas. Condenou os Tres Capítulos, escritos de Teodoro de Mopsuestia, Teodoreto de Ciro e Ibas de Edesa, acusados de nestorianismo, un movemento enfrontado aos monofisitas.
Concilio III (680)
Sexto concilio ecuménico convocado polo Emperador Constantino... -
VER O DETALLE DO TERMO
Imperio fundado trala conquista de Constantinopla polas forzas da Cuarta Cruzada (1204) e gobernado por príncipes francos ata que foi conquistado por Miguel VIII Paleólogo no 1261. O conde de Flandres e de Hainaut foi elixido o seu emperador, co nome de Balduíno I, e recibiu un territorio que se estendía por ambas as beiras do mar do Mármara e dos estreitos que incluía a parte NO de Anatolia, o territorio de Tracia e as illas de Samos, Quíos e Lesbos. O seu imperio, que incluía ademais unha parte da cidade de Constantinopla, organizouse segundo o sistema feudal e tiña como estados vasalos o reino de Tesalónica, o ducado de Atenas e o principado de Morea. A República de Venecia, que acadou unha posición dominante no Mediterráneo oriental, fíxose co control económico e non prestou vasalaxe a ningún dos emperadores francos de Oriente. O Imperio, sen embargo, non puido consolidar o seu territorio, pois dispuña de escasos recursos económicos propios e contaba coa oposición da poboación autóctona....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade e xurisdición do xefe espiritual da Igrexa ortodoxa, con sé en Constantinopla. O Concilio I de Constantinopla (381) recoñeceulle o primeiro lugar despois da sé romana. O Concilio de Calcedonia (451) atribuíulle a xurisdición sobre Tracia, Asia e O Ponto. As disensións con Roma, que culminaron coa mutua separación, en tempos do Patriarca Miguel Cerulario (1054), confirmaron a Constantinopla como cabeza de todo o mundo ortodoxo fronte á sociedade latina de Occidente. Aínda que conservou a primacía de honra de toda a Igrexa ortodoxa, o patriarca de Constantinopla, que reside en Fanar, barrio de Istambul, ten xurisdición sobre os ortodoxos de Turquía, algunhas illas gregas, o monte Athos, as dioceses do N de Grecia e moitas comunidades ortodoxas de Europa, América e Australia.
-
IGREXAS
Igrexa bizantina situada na antiga Constantinopla. A construción primitiva incendiouse durante a revolta suscitada polo exilio de Xoán Crisóstomo. Reconstruída por Teodosio II (415), foi novamente devastada no 532. Nese mesmo ano, Xustiniano comezou a edificar o novo templo dedicado á divina sabedoría. Construído por Antemio de Tralles e Isidoro de Mileto, consagrouse no 537. No 577, a cúpula tivo que refacerse e, tralos terremotos dos ss IX e X, renovouse a igrexa. No 1204 saqueárona os latinos e trala conquista de Istambul polos turcos (1453), converteuse en mesquita. En 1934 transformouse en museo de arte bizantina. Trátase dunha construción de plano central en forma de rectángulo, precedido dun nártex interior e doutro exterior. O interior divídese en catro grandes piares enlazados entre si e co resto do edificio por un conxunto de arcadas e bóvedas. O corpo central cóbrese cunha cúpula de grandes dimensións (65 m de altura e 31 m de diámetro) levantada sobre catro pendentes. O máis...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador latino de Constantinopla (1206-1216), fillo de Balduíno V, conde de Hianaut. Participou na Cuarta Cruzada xunto ao seu irmán, o Emperador Balduíno I. Despois da captura de Balduíno polos búlgaros na Batalla de Adrianápolis (1205), converteuse en rexente e en 1206 sucedeuno como emperador. Venceu os búlgaros en Salónica (1207) e liberou os gregos. Reorganizou o territorio e acadou a paz entre gregos e latinos despois de derrotar os bizantinos disidentes do Epiro (1207) e do Imperio de Nicea (1211 e 1214).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca de Constantinopla (842-858 e 867-877), fillo de Miguel II. Loitou contra a corrupción e foi desterrado (858), pero foi restaurado no cargo polo Emperador Basilio I de Bizancio. A súa festividade celébrase o 23 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico bizantino. Tivo a oposición dos estudosos, aos que perseguiu ata que Nicéforo I e León V reemprenderon a política iconoclasta, que el non compartía. Depuxérono e relegárono a un mosteiro. Escribiu obras teolóxicas e históricas. A súa festividade celébrase o 13 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador latino de Constantinopla, fillo de Isabel de Courtenay e de Pedro, fillo de Luís VI de Francia. Casou con Violante de Hainaut, irmá do Emperador Balduíno I de Constantinopla. En 1216 foi elixido para o trono de Constantinopla, pero apresouno o déspota de Epiro e nunca chegou a tomar posesión da súa dignidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador latino de Oriente (1221-1228), fillo de Pedro de Courtenay (Pedro I de Constantinopla). Feble e pouco hábil, foi derrotado en Asia por Xoán III Ducas Vatatzes (1224) e en Europa por Teodoro Anxo Comneno, déspota de Epiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca de Constantinopla (458-471), escritor e teólogo. Tratou de reconciliar as tradicións grega e exipcia. A súa festividade celébrase o 25 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO