"Conxo" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • ou Banquete Democrático de Conxo Xantar celebrado o 2 de marzo de 1856 na carballeira do antigo mosteiro de Conxo (Santiago de Compostela). Os seus organizadores, Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Luís Rodríguez Seoane, buscaban promover unha xuntanza interclasista na que estivesen presentes estudiantes e artesáns; entre outros estudiantes asistiron Luís Rodríguez Seoane, Víctor Salustio Alvarado, Gaspar Rodríguez Alvarado, Valentín Moreno e os irmáns Camino. Asistiron ao acto un patrono e dous individuos de cada oficio invitados polos estudiantes de Santiago de Compostela, que serviron a mesa. Os mozos que participaron nesta reunión, herdeiros da primeira xeración galeguista de 1846, encabezaban a nova xeración que acostumaba a reunirse no Liceo da Mocidade de Santiago. Non obstante , malia a exaltación da identidade galega, a idea central dos brindes foi a inxustiza e as diferencias de clase, contra as que se rebelaban reivindicando a dignidade do traballador, aínda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo concello incorporado ao de Santiago de Compostela o 15 de maio de 1925. Constituíuse en 1836 e incluía as parroquias de Aríns, Bando, Conxo, O Eixo, Figueiras, Laraño, Marrozos e Villestro. Estaba adscrito ao partido xudicial de Santiago de Compostela e á provincia da Coruña. A fusión dos concellos de Conxo e Santiago de Compostela foi un proceso consensuado entre as súas respectivas corporacións municipais, que contou coa aprobación do pleno do concello de Conxo en sesión celebrada o 6 de febreiro de 1925.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Santiago de Compostela. Fundado no s X por San Pedro de Mezonzo, foi reconstruído trala razzia de Almanzor. No 1106, Diego Xelmírez restaurouno e estableceu unha comunidade de monxas baixo a regra beneditina. A nova igrexa inaugurouse en 1129. A decadencia das peregrinacións a Compostela durante o s XV e o menor uso da ruta xacobea, que pasaba polo lugar do mosteiro, levaron á súa decadencia e desaparición ordenada polo Papa Sisto IV. Coñécese a composición da igrexa medieval por algunhas descricións tardías e polos restos arqueolóxicos atopados. Tratábase dun templo con planta basilical de tres naves e tres ábsidas, a central de maior tamaño, con cuberta abovedada e construído con perpiaños. No altar situábase un frontal de bronce dourado onde se veneraba a imaxe da Virxe da Cuncha. Do claustro gótico consérvanse catro tramos e o inicio do quinto do lenzo oeste e a parte meridional. A reforma monacal dos Reis Católicos trouxo como consecuencia o traslado da comunidade...

    VER O DETALLE DO TERMO