"Corcubión" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Marcos que dá nome ao concello de Corcubión, por ser onde radica a vila que é capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Fisterra, situado na provincia da Coruña no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N e ao L co municipio de Cee, ao S co océano Atlántico, e ao O e L coa ría de Corcubión. Abrangue unha superficie de 6,5 km 2 cunha poboación de 1.887 h (2007) distribuídos nas parroquias de Corcubión e Redonda. A capital, a vila de Corcubión, está situada a 42° 56’ 50’’ de latitude N e 9° 11’ 45’’ de lonxitude O, 96 km ao SO da Coruña e 90 km ao O de Santiago de Compostela. É cabeceira de partido xudicial e está adscrito á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O territorio municipal de Corcubión está baixo o dominio climático oceánico húmido. Recibe a influencia directa dos fluxos ciclónicos do O e do NO, pero está situado ao abrigo das correntes perturbadas do SO pola interposición das Rías Baixas e das plataformas occidentais galegas. Caracterízase por unha suavidade térmica notable e unhas precipitacións relativamente abundantes....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa con cabeceira na vila de Corcubión que ten xurisdición sobre os concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas. Establecido en abril de 1834, substituíu o partido de Vimianzo, vila que ostentara a cabeceira na súa orixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ría do litoral occidental da Comunidade Autónoma de Galicia, na comarca de Fisterra. Formada sobre granitos en dirección NNO-SSL, ábrese entre a punta Galera (concello de Cee), ao L, e o cabo de Cee (concello de Corcubión), ao O. Os ríos Cee, Laxes e Brens verten as súas augas nela. A profundidade das augas no centro da ría acada 31 m. A lonxitude da ría apenas supera os 5 km (5.200 m), mentres que a súa largura máxima é de 1.600 m. As súas augas bañan o litoral das parroquias de Corcubión e Redonda (no concello de Corcubión) e A Ameixenda, Brens e Cee (no concello de Cee). Constitúe un sector de transición entre o litoral da Costa da Morte e o das Rías Baixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Corcubión. Construíuse no último terzo do s XV en estilo gótico mariñeiro. Presenta unha planta de nave única, con cuberta de madeira a dúas augas, e capela maior de planta rectangular cuberta con bóveda de crucería. No s XVIII ampliouse a igrexa coa construción de dúas capelas aos lados da nave: a capela da Nosa Señora das Mercedes e a capela do Carme (1715). A fachada reconstruíuse en estilo neogótico, segundo a traza de Rodríguez Sesmero (1885). A porta orixinaria consérvase trala nova fachada. No interior destaca unha imaxe de san Marcos de finais do s XV ou comezos do s XVI atribuída a un artista do norte de Italia. O evanxelista está sentado nunha cadeira, ornamentada coas armas dos Altamira no apoio e cun león nos pés, e aparece vestido como o prototipo de home renacentista na actitude de escribir o seu Evanxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Corcubión ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Corcubión.

    VER O DETALLE DO TERMO