"Corinto" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Acrópole da antiga Corinto. As escavacións arqueolóxicas que alí se realizaron contribuíron ao establecemento dunha seriación cronolóxica das cerámicas gregas preáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do nomós de Corintia, no Peloponeso, Grecia, situada no extremo occidental do canal homónimo (22.658 h [1981]). É un importante centro comercial de cereais, aceites e sedas. A actual cidade sitúase a pouca distancia ao NL da cidade orixinaria, unha das máis destacadas da Grecia antiga. Estivo sometida a Argos ata o s VIII a C tralas invasións dóricas. Cara ao ano 747 a C unha poderosa familia de armadores, os Baquíades, fíxose co poder e estableceu un réxime oligárquico. Baixo o goberno desta familia, a cidade enriqueceuse grazas á súa situación xeográfica como porta de entrada ao Peloponeso dende o N e paso marítimo a través do istmo. Fundou, entre outras, as colonias de Corcira, Acarnania na Calcídica, e Siracusa en Sicilia. Estableceu explotacións nas costas de Epiro e Iliria. Os Baquíades foron derrocados no 657 a C por Cipselo, quen estableceu unha tiranía continuada polo seu fillo Periandro. A política de expansión continuou co novo goberno, e fundaron Ambracia, Anactorio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe mitolóxico epónimo da cidade de Corinto. Fillo de Maratón e neto de Epopeo, rei de Sición, facíase pasar por fillo de Zeus, fachenda da que se burlaban os demais gregos. Trala morte de seu pai, reinou na cidade de Corinto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle artificial de Grecia, construído entre 1882 e 1893, que atravesa o istmo de Corinto e pon en comunicación o Mar Xónico co Exeo. Ten 6,4 km de lonxitude, entre 21 e 22 m de amplitude e 8 m de profundidade. Utilízano pequenas embarcacións para evitar a circunnavegación da península do Peloponeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo do Mar Xónico, continuación do golfo de Patres, que separa o Peloponeso da Península Balcánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Franxa estreita de terra, cunha amplitude de 6 km, que une o Peloponeso coa Península Balcánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s II) Bispo de Corinto. Predicou a fe cristiá durante o reinado do Emperador Marco Aurelio. Escribiu cartas pastorais ás igrexas de Atenas, Lacedomonia, Nicomedia, Knosos e Roma, e aos cristiáns de Sortina e Amastris. Como as herexías dos tres primeiros séculos proviñan dos principios da filosofía pagá, descubriu a escola filosófica que orixinara esa herexía para informar os fieis. Os gregos venérano como mártir. A súa festividade celébrase o 29 de novembro (en Oriente) ou o 8 de abril (en Occidente).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tirano de Corinto. Intentou manter a estabilidade política interna e ocupouse de regulamentar e humanizar o traballo dos escravos, protexeu os campesiños pobres, potenciou o comercio con Exipto, Lidia e Mileto e levou a cabo unha política de conquistas. É autor do aforismo: “Se previsor con todas as cousas”. Inclúese dentro do grupo dos Sete Sabios de Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO