"Cortegada" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Cortegada, aínda que os dous primeiros mananciais xa eran coñecidos dende 1775, non se empregaron ata 1818.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Cortegada.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Ribeiro, situado na provincia de Ourense no S da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos da Arnoia e Ribadavia, ao L co de Gomesende (Terra de Celanova), ao S co de Pontedeva (Terra de Celanova) e ao O co de Crecente (A Paradanta). Abrangue unha superficie de 26,9 km 2 cunha poboación de 1.328 h (2007), distribuídos nas parroquias de Cortegada, Louredo, Meréns, Rabiño, Refoxos, Valongo e Zaparín. A capital municipal é o lugar de Cortegada, na parroquia homónima, situada a 42° 12’ de latitude N e 8° 10’ de lonxitude O, 130 km ao SL de Santiago de Compostela e 43 km ao SO de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial de Ribadavia e á provincia e diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O termo municipal de Cortegada encádrase nunha área de transición entre os dominios climáticos oceánicos: húmido das Rías Baixas, mediterráneo da beira do Miño e continental da Terra de Celanova. Situado no val do río Miño, xa preto... -
VER O DETALLE DO TERMO
Club de baloncesto feminino fundado en 1987 no seo do Instituto de Bacharelato do Carril (Vilagarcía de Arousa). O seu equipo, que viste uniforme de color celeste e xoga os partidos como local no pavillón de Fontecarmona, ascendeu á máxima categoría da Liga española na tempada 1996-1997, competición que disputou nas tempadas 1997-1998, 1998-1999, 1999-2000, 2000-2001 e 2001-2002.
-
ILLAS
Illa da costa nororiental da ría de Arousa, no litoral da parroquia do Carril (concello de Vilagarcía de Arousa). Litoloxicamente, componse de xistos e paragneises do precámbrico-silúrico e granitos hercinianos, pertencentes ao denominado “complexo de Noia”, que se prolonga ao N e ao S en dirección NO-SL. A súa máxima cota son os 25 m de altitude, que se acadan no S da illa. A distancia coa liña de costa é de 175 m; neste espazo aséntanse varios parques para o cultivo da ameixa. Entre as peculiaridades naturais máis interesantes, cómpre mencionar a presenza do bosque de loureiros máis meridional do continente europeo, circunstancia que xustifica a demanda de elaboración e aplicación dunha normativa e de medidas especifícas para a súa conservación. En agosto de 1907, a corporación municipal do Carril fixo doazón da illa ao Rei Afonso XIII para que construíse nela unha residencia real.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sarreaus. De estilo románico, destaca a portada principal formada por tres arquivoltas apoiadas sobre pares de columnas e rematada nunha espadana de dous corpos, engadida na época barroca. No exterior sobresae tamén a colección de canzorros.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cortegada. Construíuse en 1898 en estilo neogótico, seguindo a traza de Daniel Vázquez Gulías. No interior destacan os retablos neogóticos. Financiouna o indiano Guillermo Álvarez Pérez.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Silleda. De orixe medieval, pertenceu probablemente ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro no ano 910. Do primitivo templo románico, construído a finais do s XII, só se conservan os muros laterais da nave: no lado sur destaca unha estreita fiestra e os canzorros, e no norte dúas seteiras e canzorros decorados cun carneiro, unha aguia, un can con dúas volutas e un home collendo os xeonllos, todo deteriorado. A igrexa reedificouse no s XVII, nun lugar próximo á súa situación orixinal.
VER O DETALLE DO TERMO