"Cox" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 63.

  • Nome xenérico dos grupos RO- que resultan da eliminación do hidróxeno de hidroxilo dun alcol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer pexas a un animal, especialmente á vaca para que non dea couces ao muxila.

    2. Pechar unha portela co arroxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno arco que se emprega para suxeitar cousas, especialmente para pechar unha portela ou para suxeitar unha vaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso propio dos fungos da subdivisión ascomicotina que conduce á formación do asco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce ascos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conca longa e estreita limitada por fallas normais que se estenden pola codia continental. Conservan o rexistro estratigráfico dun proceso de rift na creación de océanos que actualmente desapareceron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosfato de ferro hidratado, de fórmula Fe4(PO4)3(OH)3· 12H2O. Cristaliza no sistema hexagonal, en cristais amarelos ou vermellos. Ten unha dureza 3,5 e peso específico 2,3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos catro primeiros elementos do sexto grupo da táboa periódica, é dicir, do osíxeno (O), do xofre (S), do selenio (Se) e do telurio (Te).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sal derivado dun elemento calcóxeno.

    2. Composto laminar de fórmula química TX 2 , onde X é xofre, selenio ou telurio, e T é un metal de transición, como o titanio, o circonio, o vanadio, o molibdeno, etc. Presentan unha estrutura de láminas bidimensionais (XTX), paralelas entre elas, na que dúas capas aniónicas inclúen unha capa catiónica. Esta estrutura caracterízase polas unións intralaminares moi fortes e polas unións interlaminares febles. Estúdiase a súa utilización como cátodo nas baterías de automóbiles eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pelita calcaria caracterizada pola alternancia de pequenas capas pelíticas e calcarias, afectada por un metamorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos grupos de fórmula -COOR, característicos dos ésteres, onde -OR é un radical alcoxilo; por exemplo: carbometoxilo -COOCH3, carbetoxilo -COOC2H5, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Nápoles (1285-1309) e Sicilia (1289-1302), conde de Provenza (1285-1309), conde de Anjou e de Maine (1285-1309) e príncipe de Acaia, tamén coñecido como Carlos de Salerno. Fillo e sucesor de Carlos I de Nápoles e de Beatriz de Provenza. Príncipe de Salerno, vicario do reino dende 1283 por ausencia de Carlos I, loitou contra as forzas de Pedro II de Aragón que o derrotaron en varias ocasións e o fixeron prisioneiro en Messina (1284). Cando sucedeu ao seu pai (1285), foi trasladado a Catalunya; recobrou a liberdade mediante o Pacto de Canfranc (1288), polo que renunciaba a Sicilia. Foi coroado rei en 1289 e retomou a loita ata a Tregua de Gaeta (1289), disputa que rematou co Tratado de Anagui (1295), polo que Xaime II de Aragón renunciaba a Sicilia e casaba con Branca, filla de Carlos II, que o acompañou a Catalunya. Sicilia, sen embargo, elixiu como rei a Federico II (1296), contra o que loitaron unidos Carlos II e Xaime II. Esta guerra chegou á súa fin coa Paz de Caltabellotta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, na comarca do Bajo Segura (5.750 h [1996]). Na agricultura predominan os cereais, os cítricos e os produtos hortícolas. É importante o gando porcino, aínda que tamén o ovino e o bovino. As únicas actividades industriais son as explotacións de canteiras de calcaria marmórea e a elaboración do cánamo. Do seu patrimonio destaca a igrexa parroquial de Sant Joan (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘cadeira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Como acuarelista pintou as paisaxes de Gales, para as que utilizou como soporte un tipo de papel empregado en Escocia nas embalaxes; posteriormente, fabricou un soporte semellante que recibiu o nome de papel Cox. Escribiu diversos traballos técnicos, entre os que destaca o Tratado sobre a pintura de paisaxes (1813-1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da extremidade inferior humana ou da extremidade posterior do resto dos mamíferos que vai dende a cadeira ata o xeonllo. O esqueleto está constituído polo fémur e os músculos sitúanse en tres rexións: dorsal, interna e ventral. A rexión dorsal comprende o bíceps crural, o semitendinoso e o semimembranoso; a rexión interna, o pectíneo, os abdutores maior, mediano e menor da coxa e o recto interno; e a rexión ventral, o psoas ilíaco, o cuadríceps femoral e o tensor da fascia lata. Pola zona anterointerior pasan os vasos femorais, a arteria por fóra e a vea por dentro, e as rexións interna e posterior están irrigadas polas arterias isquiática e femoral profunda. A coxa está inervada polos nervios crural, ciático maior, femorocutáneo e obturador.

    2. Parte superior da extremidade posterior das aves onde está a tibia.

    3. Segmento basal da pata dos insectos, dos arácnidos e doutros artrópodos, situado entre o trocánter e o tórax.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cadeira. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    2. Glándula excretora que se localiza na base das patas dalgúns artrópodos.

    3. cadril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor localizada na cadeira, debida polo xeral a unha infección de tipo tuberculoso da articulación coxofemoral. OBS: As grafías <x> representan os sons [ks] e [ "Stone Sans PhoneticIPA" >ʃ ], respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á coxalxia. OBS: As grafías <x> representan os sons [ks] e [ "Stone Sans PhoneticIPA" >ʃ ], respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO