"Curtis" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de Santaia que lle dá nome ao concello de Curtis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilasantar baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Betanzos, situado na provincia da Coruña no N da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Oza dos Ríos e Arang (Betanzos), ao L con Guitiriz (Terra Chá), ao S con Sobrado dos Monxes (Terra de Melide) e Vilasantar, e aoO con Mesía (Ordes) e Cesuras (Betanzos). Abrangue unha superficie de 116,6 km2, c unha poboación de 4.244 h (2007), distribuídos nas parroquias de Curtis, Fisteus, Foxado e Santa María de Lurdes. A capital municipal é o lugar de Teixeiro, na parroquia de Curtis, situado a 43° 6’ de latitude N e 8° 2’ de lonxitude O, 59 km ao NL de Santiago de Compostela, 51 km ao SL da Coruña. Está adscrito ao partido xudicial de Betanzos e á arquidiocese de Santiago de Compostela.
    Xeografía física
    O concello de Curtis encádrase nunha área de transición entre os dominios climáticos oceánico húmido, propio das comarcas litorais e prelitorais do Golfo Ártabro, oceánico continental chairego e oceánico hiperhúmido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo norteamericano. Cando a súa familia emigrou a Port Orchard, no estado de Washington, en 1887, comezou o seu estudo sobre o modo de vida dos indios. Desa etapa destaca o retrato da filla do xefe Seattle, Angeline, co que conseguiu o seu primeiro recoñecemento no mundo da fotografía profesional. Entre as súas expedicións cómpre salientar a realizada xunto a George Bird Grinell, editor do Forest and Stream, ao norte de Montana, para coñecer as tribos dos pés negros. Durante máis de trinta anos dedicouse a obter imaxes e documentación das tribos indias que habitaban o oeste do Mississippi, dende a fronteira con México ata o norte de Alasca. Entre 1911 e 1914 dirixiu un documental baseado na mitoloxía dos indios rawakiutl do noroeste do Pacífico. O seu traballo, titulado The North American Indian, está recollido en vinte volumes, e inclúe textos e fotogravados de carácter etnográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica, filla do actor Tony Curtis e da actriz Janet Leight. Comezou no cine aos vinte anos protagonizando películas de pequeno presuposto. Posteriormente, probou fortuna co xénero da comedia, no que obtivo os seus maiores éxitos. Entre os seus traballos destacan os filmes Trading Places (Entre pillos anda o xogo, 1983); A Fish Called Wanda (Un peixe chamado Wanda, 1988); My Girl (A miña rapaza, 1991); Forever Young (Eternamente novo, 1992); My Girl 2 (A miña rapaza 2, 1994) ou True Lies (Mentiras arriscadas, 1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Publicou entre outras obras: Les jeunes hommes (Os mozos, 1946), Les forêts de la nuit (Os bosques da noite, Premio Goncourt 1947) e Le mauvais choix (A mala elección, 1984). En 1972 obtivo o Premio de Literatura da Académie Française.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no lugar de Vilasantar, en Curtis. De orixe románica (ss XII-XIII), só se conservan os muros laterais da nave onde se abren catro fiestras abucinadas de medio punto. No interior destaca unha porta rematada nun arco cun lixeiro apuntamento, que cara ao exterior se converte nunha porta alintelada por mor do lucido que cobre o paramento. Os beirís sostéñense por canzorros de proa, de moldura e outros cun cilindro abrazado por elementos xeométricos. No piñón da ábsida hai unha cruz antefixa de entrelazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bernard Schwartz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilasantar baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO