"DOM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 485.
-
-
Parte do corpo posterior ao tórax ou cefalotórax que teñen algúns animais de simetría bilateral. En xeral contén o aparato reprodutor, o excretor e unha gran parte do dixestivo. Nos insectos e nos arácnidos diferénciase claramente do tórax ou cefalotórax; está desprovisto de patas e nel ábrense os orificios respiratorios. Nos mamíferos está situado entre a pelve e o tórax, e sepárase deste polo diafragma.
-
Parte do corpo humano comprendida entre o tórax e a pelve que, xunto co primeiro, forma o tronco. Limita co tórax por medio do diafragma e co resto polos músculos abdominais, os ósos ilíacos e a columna vertebral. Atópase tapizado interiormente polo peritoneo. Para a descrición médica de patoloxías ou disposición de órganos, foron definidas nove rexións: no terzo superior, hipocondrio esquerdo, epigastrio e hipocondrio dereito; no terzo medio, zona lumbar esquerda, mesogastrio ou zona imbilicar e zona lumbar dereita; no tercio inferior, zona inguinal ou ilíaca esquerda, hipogastrio e zona inguinal ou ilíaca dereita. No centro da cara externa da parede anterior do abdome atópase o embigo.
-
Estado morboso de orixe abdominal de extrema gravidade. Ademais de dor abdominal, e en función da causa que produce o cadro, maniféstanse unha serie de síntomas concomitantes, como febre, angustia, náuseas, vómitos, hipotensión arterial e, incluso, shock, taquicardia ou bradicardia, dispnea, peche abdominal, manchas na pel, distención abdominal e outros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao abdome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
peritoneoscopia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adolfo Domínguez Fernández.
-
VER O DETALLE DO TERMO
As orixes do grupo empresarial remóntanse á xastrería que o seu pai estableceu en Ourense a mediados deste século. En 1973 abriu a súa primeira tenda en Ourense e, en 1976 constitúe, xunto cos seus fillos, a sociedade familiar denominada nos seus inicios Adolfo Domínguez e Hijos SL. dedicada á confección de traxes para home. No 1979, Adolfo Domínguez, baixo a campaña publicitaria La arruga es bella, situouse á fronte da renovación do sector en España ao darlle pulo a unha tendencia prêt-à-porter urbana no segmento medio-alto da moda. No 1982 abriu as primeiras tendas en Madrid e Barcelona e en 1985 presentou a primeira colección feminina en París; iniciouse así a expansión internacional da empresa (Londres, Toquio e outros). A finais do 1989, Adolfo Domínguez creou unha liña de perfumería para home e outra para muller. A súa actividade empresarial abrangue o deseño, a produción e a distribución nunha extensa rede de tendas propias e franquiciadas. En 1997, a empresa sae...
-
PERSOEIRO
Escritor vasco. Creador dunha novelística moderna en éuscaro. Comezou escribindo en dialecto biscaíño, pero na súa mellor obra empregou o guipuscoano, máis accesible para a maioría dos lectores. Na súa obra máis coñecida, Garoa (1912), describe a vida rural do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mestre de escultura e carpintería natural de Pontecaldelas que desenvolveu a súa actividade artística na primeira metade do s XIX no sur de Galiancia. No 1816 encargouse do traslado do retablo da Virxe do Carme dende a colexiata de Santa María de Vigo ata a igrexa de San Ciprián de Paredes (Ponteareas).
-
PERSOEIRO
Compositor, cantante e clavecinista italiano. Escribiu óperas, cantatas e 36 sonatas de clavecín nas cales emprega o debuxo musical que leva o seu nome, o baixo de Alberti.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e notario de Lalín. Publicou Estudios elementales de Economía Política (1874), Exposición elemental teórico-histórica del Derecho Político (1875), Las huelgas de los obreros (1886), polo que recibiu o premio da Academia de Ciencias Morais e Políticas, El Estado y las clases obreras (1894), galardoada co mesmo premio, e Las grandes propiedades rústicas en España (1912), que recibiu o Premio do Conde de Toreno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dise das plantas que, nun mesmo país, se poden atopar en localidades separadas por desniveis de 2.000 m ou máis.
-
PERSOEIRO
Político. Despois dos seus primeiros estudos no Seminario de Ourense, marchou a Madrid a cumprir o servizo militar. Na capital do Estado matricúlase na Universidade para estudar filosofía. Alí entra en contacto con Bernardino Graña, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Fernández Ferreiro, Ramón Lorenzo, Alexandre Cribeiro, César Arias, Reimundo Patiño e outros, cos que forma en 1958 o grupo Brais Pinto. Dende esta plataforma, que pretendía artellar unha alternativa ao piñeirismo cun maior grao de compromiso político, traballa en Madrid nos Seminarios de Cultura Galega do Centro Galego e do Club de Amigos de la UNESCO. En novembro de 1963 varios integrantes de Brais Pinto, entre os que se atopa, fundan unha organización política, a Unión do Pobo Galego (UPG), que se confirma nunha xuntanza celebrada en Santiago o 25 de xullo de 1964....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras. Documéntase a súa presenza na construción e traballos do mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago (1608) e tamén na ponte da Fillaboa (Ponteareas) en 1615.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto nado en Cee (A Coruña). Inscribiuse como estudante entre 1654 e 1656 na facultade de Artes da Universidade de Santiago. Comezou a traballar nos talleres da Catedral de Santiago desde 1662 onde desenvolveu un ascenso profesional rápido: tres anos máis tarde xa aparecía vencellado ao fabriqueiro Vega y Verdugo que o promocionou como Aparellador Maior da catedral (1669). Pouco tempo despois, en 1676 acadou o cargo de mestre de obras coa obriga de organizar os espectáculos de fogos artificiais, trazar e dirixir todas as obras do edificio catedralicio e as posesións do cabido santiagués. Como arquitecto cómpre salientar as súas numerosas intervencións na catedral: a remodelación da Porta Santa (1694), o pórtico real da Quintana (1695-1700), a capela do Pilar (1686-1710) e sobre todo, a Torre do Reloxio (1676-1680) onde chegou ao seu cumio monumental e decorativo. A todo isto hai que lle engadir a súa actividade como mestre de obras municipal. Desta época son edificios civís tan significativos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor APUD.
-
PERSOEIRO
Actor. Comezou interpretando algúns papeis en grupos de teatro independente de Euskadi, antes de trasladarse a Madrid para facer as súas primeiras intervencións no cine e na televisión. Nos inicios da súa carreira foi determinante a decisión do director Adolfo Marsillac de incluílo na compañía do Centro Dramático Nacional de Madrid e o seu papel protagonista na serie Anillos de oro (1983). Despois dalgunhas primeiras obras irregulares, destaca no papel do saxofonista Rufo en Lulú de noche (1985). Dende entón rodou Tiempo de silencio (1986), El Lute: camina o revienta (1987), El Lute II: mañana seré libre (1988), Intruso (1993) e El amante bilingüe (1993), baixo a dirección de Vicente Aranda, Todos los hombres sois iguales (1994), de Manuel Gomez Pereira, La flor de mi secreto (1995), de Pedro Almodóvar e Territorio comanche (1997), de Gerardo Herrero. Acadou unha gran popularidade pola súa intervención nas series televisivas Brigada Central (1989) e Querido maestro (1997) dirixidas por...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador militar romano (270-275). Foi proclamado como tal polo exército en Sirmium, á morte de Claudio. Loitou contra os vándalos e os alamanes xutungos. Tras ser vencido por estes en Plasencia (Italia), no 270 a C, construíu a muralla de Aureliano para a defensa de Roma. A vitoria final romana foi posible grazas ao exército de Iliria. Dirixiuse despois contra Palmira, venceu a Zenobia e o seu fillo, e acabou co poder desta cidade. De volta a Europa restaurou a unidade do Imperio Romano ao derrotar a Tétrico, Emperador da Galia, e deixou fixados os limes nos cursos do Rin e do Danubio. A súa política interior foi positiva e conseguiu facer unha reforma monetaria. Rodeou a cidade de Roma cunha muralla que leva o seu nome. Propugnou como forza unificadora do Imperio un culto sincrético do deus Sol. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Control que alguén ten de si mesmo.
-
PERSOEIRO
Viaxeiro e escritor, coñecido co pseudónimo de Alí Bei-el-Abbasí. En 1801 presentou a Carlos IV un proxecto de viaxe de exploración polo N de África e Oriente Medio, aínda que presuntamente científica, o seu obxectivo era colonial. Foi un dos últimos representantes da figura do viaxeiro ilustrado. Escribiu en 1814 Voyages d’Ali Bey en Afrique et en Asie pendant les années 1803, 1804, 1805, 1806 e 1807 (Viaxes de Ali Bey por África e Asia durante os anos 1803, 1804, 1805, 1806 e 1807).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do xermánico Baldomar (nome composto de bald ‘audaz’ e mers ‘ilustre, brillante, famoso’) ou de Baldmiru ‘protector valente’. A forma hipocorística deste nome é Mero.