"Damian" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 15.

  • Mosteiro situado no concello de Baiona. Aínda que non se coñece a data da súa fundación, documéntase por primeira vez nunha doazón de Afonso VII no ano 1137, na que fai entrega de toda a vila de Erizana —antigo nome de Baiona— ao devandito mosteiro, ao seu prior e a todos os monxes que alí vivían. Abandonado durante moito tempo é hoxe unha propiedade privada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e cartógrafo. Levou a cabo diversas expedicións marítimas, das que deixou relatos de interese xeográfico e técnico como Apéndice al primer viaje de Magallanes (1788). Colaborou na realización do atlas marítimo de América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director. Titulado en Interpretación polo Institut del Teatre de Barcelona, iniciou a súa carreira profesional coa Compañía de Teatro Estable de Barcelona, dirixida por Esteve Polls. De volta a Galicia en 1988, traballou como actor de dobraxe ata 1993, ano no que participou no espectáculo A Vía Láctea, producido polo Mago Antón, con dirección de Eduardo Alonso. En 1994 creou a compañía Balea Branca, na que traballou como actor ou director en diversos espectáculos, como O contrabaixo e Notas dun estudante que morreu tolo, estreada no 2000 a partir dun texto de Sebastián Juan Arbó. Amais de intervir noutros espectáculos, como Morte accidental dun anarquista, produción de Teatro do Morcego con dirección de Xan Cejudo, tamén realizou diversos traballos para cine e televisión, coa súa participación en series, como Los jinetes del alba, La huella del crimen, Brigada central ou Pratos combinados. A partir de 1997 coordinou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe franciscano, cronista e bispo de Ourense (1694-1706). Durante o seu bispado, preocupouse pola poboación que estaba a sufrir unha gran carestía de alimentos, reclamando gran aos principais mosteiros da súa diocese. Foi autor de obras como Crónicas de la Orden de San Francisco (1728), Vida de Santa Margarita (1728) e Vida de Santa Isabel, infanta de Aragón y reina de Portugal, espejo de las doncellas casadas y viudas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino derivado do latín Damianus, de orixe discutida. Pode proceder de Damia, nome de Bona Dea, deusa romana da fecundidade e da prosperidade, ou de Damía, deusa oriental, aínda que tamén podería presentar a mesma orixe ca Dámaso e, daquela, viría de δάμαστος ‘domador’, e esta do verbo δαμάζω   ‘domar, amansar’. Damián e Cosme (ss III-IV) son santos mártires (303) baixo Diocleciano. A festividade de san Damián celébrase o 26 de setembro (antigamente o 27 de setembro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joseph de Veuster.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Coñeceu a Herbin e Brancuse en París e incrementou o carácter xeométrico da súa obra. A partir dos anos sesenta realizou alusións arquitectónicas entre as que destacan A colina (1976) e Proxecto de San Francisco (1980). Dende 1986 realizou sobre lenzo ou relevo Cosmogonías e Sarcófagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristián baixo Diocleciano (303). Xunto co seu irmán xemelgo, san Cosme, dedicouse a sandar enfermos e a predicar a fe cristiá. Ambos os dous foron martirizados durante a persecución de Diocleciano. A tradición conta que Lisias, o gobernador de Sicilia, para impedir que predicasen mandou que os botasen ao mar, pero unha grande onda devolveunos con vida; logo mandounos queimar vivos, pero as chamas queimaron os verdugos pagáns ata que, finalmente, os decapitou. Na iconografía visten roupas de médico cun bonete ou carapucha na cabeza e levan como atributos persoais instrumentos relacionados coa súa profesión. Os dous irmáns son patróns da profesión médica e farmacéutica, así como dos hospitais. Son dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII) e a súa devoción estendeuse durante o s V por todo o mundo cristián. Invócanse, ao igual que a san Sebastián e a san Roque, contra a peste, a inflamación das glándulas, a tiña, os males dos riles, a incontinencia nocturna dos nenos, etc....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo e doutor da Igrexa. De nome Pietro Damiani, foi monxe eremita en Fonte Avellana (1035) e organizou diversos mosteiros nunha especie de congregación (1043). Cardeal-bispo de Ostia (1057-1066), actuou como conselleiro dos papas reformadores, que lle confiaron diversas tarefas en Lombardia (1059), Cluny (1963), Florencia (1066), Frankfurt (1069) e Ravenna (1072). Escribiu obras teolóxicas, un extenso epistolario e numerosos opúsculos. A súa festividade celébrase o 21 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade que, con categoría de serie e época, se abandonou pola denominación de Cámbrico Superior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Potsdamiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ribadeo. Construído polo marqués de Cerralbo no s XVII, foi destruído en 1719 polos ingleses. Posteriormente erixiuse outro castelo, destruído en 1809. Empregouse para defender a ría de posibles ataques por mar. O conxunto presenta unha planta poligonal formada por un edificio de planta cadrada e un patio amurallado. No muro atópanse seteiras. O castelo e as murallas foron declarados BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Fontefría (Amoeiro). Presenta dúas partes de diferentes épocas construtivas. A máis antiga ten planta en forma de U do s XVII xunto á que se atopa outro corpo en forma de L, do s XVIII. Conserva unha capela do s XIX, ademais de hórreos, pombal e fonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Articulista. De nome Damián Álvarez Villa­laín, dirixiu a Fundación Casares (2003-2005) e desde 2006 é asesor do presidente da Xunta de Galicia na área de cultura. Coor­dinador da comisión de teatro do Con­sello da Cultura Galega (desde 1998), ta­mén participou no consello reitor do Ins­­tituto Galego de Artes Escénicas e Teatrais (desde 1997). Foi xefe de prensa e publicacións do concello de Santiago (1988), director do Centro Dramático Gale­­go (1989-1991), presidente da Asociación Galega de Editores (1998-2000) e subdirector da Editorial Galaxia (1991-2002). Colabora en diversas publicacións periódicas, como Grial, Leer, Luzes de Galicia e A Nosa Terra. Realizou a dramaturxia de Um inimigo do povo (1997) para o Teatro do Noroeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso cisterciense. Foi un dos monxes que en 1966 reiniciaron a vida monástica en Oseira, onde é bibliotecario e arquiveiro. Colaborou en diversas publicacións e escribiu El monasterio de Oya y sus abades (1974), El monasterio de Osera (1980), El monasterio cisterciense y la villa de Santa María de Meira: síntese histórico-artística (1993) e Ferreira de Pantón: monasterio cisterciense en la Ribeira Sacra (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO