"Danubio" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
RIOS
Río de Europa Central que nace no macizo montañoso da Selva Negra (Alemaña) a 1.078 m de altitude, preto de Donaueschingen, e desemboca no Mar Negro despois dun percorrido de 2.860 km. No seu curso presenta aspectos diferentes segundo atravesa a Selva Negra. O curso alto encaixa na plataforma calcaria de Suabia e na zona rochosa da selva de Baviera; augas abaixo o río discorre en dirección NO e atravesa o antigo macizo cristalino de Bohemia; é amplo nas zonas aluviais e estreito e profundo nas zonas de rocha máis dura, nas que aparecen grandes depresións, como a de Ulm e Ingolstadt. No curso medio, o Danubio convértese nun río de chaira, forma a liña divisoria entre Eslovaquia e Hungría, atravesa a conca de Panonia e recibe as augas do seu grande afluente, o Tisza; cando retoma a súa dirección xeral O-L, o curso do río forma grandes meandros. Máis adiante pasa polo extremo meridional dos Cárpatos, onde serve de fronteira entre Romanía e Iugoslavia. Finalmente, na conca de Valaquia, onde...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
alse op 314 da autoría de Johann Strauss II composto en 1867 a petición do mestre de coro Herbeck. Escribiuse para ser un valse coreado, pero inicialmente a peza non tivo boa aceptación entre o público vienés debido á mediocridade dos seus versos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chaira de Europa Central, ao S de Romanía, que se estende desde os Alpes de Transilvania ata o Mar Negro, pola marxe esquerda do Danubio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional destinado a regular a navegación polo Danubio, creado en 1856 por Alemaña, Francia, Italia, Romanía e Turquía. Despois da Primeira Guerra Mundial, o Tratado de Versailles (1919) confirmou a súa existencia e creou unha nova Comisión Internacional encargada de controlar o curso do Danubio augas arriba do delta; a súa sede estableceuse en Viena (1921). Durante a Segunda Guerra Mundial, Alemaña aboliu as comisións. En 1948, os estados ribeiregos celebraron, por iniciativa soviética, a Conferencia do Danubio, na que se creou de novo a Comisión, con sede en Budapest. Austria incorporouse á Comisión en 1960 e a República Federal Alemana en 1963.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de pintores xurdido a principios do s XVI en Austria e Baviera. Caracterizáronse por ter unha nova valoración da natureza e da paisaxe ao interpretalas como xénero independente. Os seus principais representantes foron Albrecht Altdorfer e Lucas Kronach nas súas primeiras obras, e Wolf Huber.