"Dapeña" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
-
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica pena e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XI: “Marina Ares da Pena” (doc ano 1068 en Miguel Romaní Martínez, A Colección diplomática do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira (1025-1399), vol II, 1990-1993, p 1099). Tamén se grafa Da Pena.
-
Liñaxe que trae como armas, en campo de azul, unha cadea rota, nunha parte, e na outra un home cunha cadea ao pescozo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Dapena.
-
PERSOEIRO
Pintora. Estudiou debuxo e pintura en Madrid. Participou en exposicións en Lugo, Santiago de Compostela e Madrid. Entre os galardóns que recibiu destaca a terceira medalla do XXX Salón de Otoño (Madrid, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Canteiro. Estudiou na Escola de Canteiros de Poio. Realizou reproducións de escudos, restauracións de cruceiros, chemineas, fontes, reloxos de sol e outras pezas de cantería en Pontevedra, Ponteareas e Zaragoza, entre outros lugares. Colaborou na montaxe de exposicións na Escola de Cbanteiros de Poio e realizou exposicións en Pontevedra e As Pontes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, escultor, ceramista, deseñador gráfico e vidreiro. Coñecido como Chema Dapena, iniciouse na arte da man de Saturno Lois, López Guntín e Esteve Adam. Realizou estudios de pintura, escultura, deseño industrial, cerámica, vidro e microfusión de metais, entre outras, na Escola de Artes e Oficios Ramón Falcón (Lugo) e na Escuela de Bellas Artes de San Fernando (Madrid). Dende 1980 vive en Ourense. No eido do deseño gráfico, foi director artístico e creativo de Porcelanas Galos (1983-1991). Dende entón compaxinou a actividade artística coa docencia. Deu cursos de deseño, vidro e cerámica para a firma Olarte en Montemor O Vello (Coimbra), no Centro de Artesanía e Deseño de Galicia, na Escola de Vidro de Galicia, na Fundación Centro Nacional del Vidrio e na Real Fábrica de Cristales de La Granja. Na súa obra conviven os distintos materiais, como o vidro, a madeira, o chumbo, o ferro e o aceiro, nunha proposta na que a figuración deixou paso a unha abstracción na que propuxo mundos...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz, pedagoga e directora teatral. Titulada na Real Escuela de Arte Dramático y Danza (RESAD) de Madrid. Foi fundadora da compañía Factoría Teatro, na que dirixiu espectáculos como Na soidade dos campos de algodón (1994), a partir do texto de Bernard-Marie Koltés; Para o leste do Gantry (1997); A casa de América (1998), sobre textos de Edward Thomas; As presidentas (2000), a partir dunha creacion homónima de Werner Schwab; e Coitelos nas galiñas (2001), sobre unha obra de David Harrower. En 1998 dirixiu o espectáculo A viaxe de Lola para a compañía Alalá Producións. Tamén son frecuentes as súas colaboracións na dirección escénica coa compañía de danza Dobre Xiro, en espectáculos como A casa das cinco esquinas (1999) entre outros. Como actriz participou no espectáculo O melro branco, de Tranvía Teatro (1989); Yerma (1990) e Así é se vos parece (1991), co Centro Dramático Galego; e A irmandade...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lexicógrafo. Doutorouse en Filoloxía Románica na Universidad Complutense de Madrid en 1972, universidade na que foi profesor (1970-1997). En 1997 pasou, como catedrático de Lingua Castelá, á Universidade da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO
As súas liñas de investigación céntranse na gramática e na lexicografía da lingua castelá, sen deixar de lado a filoloxía galega. Comezou traballando no Seminario de Lexicografía da Real Academia Española, onde participou na elaboración do Dicionario histórico de la lengua española, e, en 1974, trasladouse ao Instituto Caro y Cuervo de Bogotá para encargarse da continuación do Dicionario de construción y régimen, de R. J. Cuervo, obra da que chegou a redactar case todo o tomo III (letra E) e da que posteriormente escribiu unha monografía: Elementos de lexicografía:...