"Das" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 542.

  • pos V cadanseu

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que hidroliza selectivamente o grupo fosfato de carbono 5’ dos mononucleótidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballeda de Avia baixo a advocación de santo Andrés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casca que recobre o gran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academy of Motion Picture, Arts And Sciences.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada no 1779 polo duque de Landes. Comprende unha sección de ciencias e outra de artes. Dispón dunha importante biblioteca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • INSUAS

    Illote situado entre a punta Quilme, ao N, e a illa Espiña de Revello, que pecha a Enseada da Brava no S da Illa de Arousa, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ponte medieval sobre o río Deva na parroquia de Achas (A Cañiza). Presenta un van con bóveda de aparello de cachotería, a calzada está ensanchada e non ten peitorís. Contén numerosas marcas de canteiro. Forma parte do antigo camiño da Cañiza a Salvaterra e Tui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina coa que se indica que unha cousa non se vai realizar nunca, xa que en Grecia non existían as calendas (división do mes romano). Conta Suetonio (s I-II d C) que a empregaba moito Augusto na conversa familiar para dar a entender que alguén nunca pagaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento empregado polo ourive para poñer dereitos os aros dos aneis.

    2. Bigornia utilizada para estender láminas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado polos conquistadores casteláns ás Islas Canarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, ao NL da capital, á beira do Xarama (83.031 h [1996]). É un centro industrial e residencial satélite de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pintura romana ao fresco que representa un aspecto da cerimonia dunhas vodas e figuras mitolóxicas simbólicas. Descuberta en Roma no 1605, é un exemplar típico da pintura romana de influencia helenística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comedia en cinco actos de W. Shakespeare. Falstaff, personaxe central que xa aparecía en O rei Enrique V, achégase a dúas damas casadas que o converten no seu xoguete ao longo dunha acción desenfadada e alegre e cun final feliz. Serviu de inspiración ás óperas Die Lustige Welber von Windsor (As alegres viúvas de Windsor, 1849) de O. Nicolai e Falstaff (1893) de G. Verdi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área ciclónica, parte da faixa de baixas presións subpolares do hemisferio norte, ocupada por unha masa de aire húmido e relativamente quente en comparación coa masa de aire ártica de latitudes superiores. Non é un centro de acción estacionario, senón que consiste nunha serie de depresións migratorias interrompidas por subas de presión. No inverno, cando é máis marcada, canaliza as perturbacións dende as costas xaponesas e siberianas ata Canadá e a rexión dos Grandes Lagos; provoca chuvias intensas na franxa costeira pacífica de América do Norte, modera a temperatura e, se consegue transpasar as Rochosas, envía o chinook por riba das chairas de sotavento. No verán a expansión do anticiclón das Hawaii faina imperceptible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narración inglesa para nenos de Lewis Carroll, publicada en 1865. A protagonista, durmida contra unha árbore, adéntrase nun mundo de fantasía. A obra é considerada un dos precedentes do superrealismo e do absurdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo, historiador, crítico literario e poeta. Discípulo de Menéndez Pidal. Desde 1948 foi membro da Real Academia Española e desde 1968-1982 o seu Presidente. Distinguiuse como un brillante e orixinal cultivador da estilística moderna. Cómpre salientar os estudios e ensaios Poesía Española, Ensayo de métodos y límites estilísticos (1950) e Primavera temprana de la literatura europea (1960) e especialmente os dedicados a Góngora. Exerce polos seus estudios e investigacións unha notable influencia na cultura hispánica. A súa obra máis importante é Hijos de la ira (1944) e en 1978 recibiu o premio Cervantes. Con respecto á lingüística galega publicou: “Junio” y “Julio” entre Galicia y Asturias (1945), El saúco entre Galicia y Asturias (1946); Enxebre (1947), Gallego “bordelo”, “abordelar” (sobre el par de encuarte en el noroeste de la península) (1950), Del occidente de la peninsula ibérica,1Port. “estiar”, 2Gall. Ast.“bedro” estivada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alzamento dos mouriscos granadinos que tivo lugar nas Alpujarras (1568-1570). Entre o 1550 e o 1560, factores de carácter económico e xurisdicional fan que medre o descontento entre os mouriscos, minoría non asimilada por completo ás leis e usos casteláns. A pragmática de 1526 desencadea a revolta. Aben Humeya capitanea a revolta e Xoán de Austria derrota os mouriscos. Entre o 1569 e o 1570 uns 150.000 mouriscos foron dispersados polas comarcas de Sevilla, A Mancha, Extremadura, Castela e Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1951 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para asegurar a axuda material e a protección aos refuxiados e desprazados por mor dos conflitos bélicos e políticos. Ten a súa sede en Xenebra. No 1954 e no 1981 foille concedido o Premio Nobel da Paz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran Duque de Lituania (1344-1377). Detivo a expansión da Orde Teutónica e rexeitou sucesivas invasións. Loitou contra Polonia (1349-1366), que reivindicaba o Ducado de Halicz. Na guerra contra os tártaros liberou Polonia. Ante a ameaza tártara, aceptou o seu protectorado Rutenia, Briansk e Novgorod-Severskij, e obrigou ao Gran Duque de Moscú Dmitrij Donskoj a aceptar o feito consumado. Recoñeceron a súa tutela Pskov e a rexión do Gran Novgorod, defendida contra os suecos.

    VER O DETALLE DO TERMO