"De Ponte" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 43.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política conservadora, fundada na cidade de Pontevedra en xaneiro do 1932. Foi o intento da dereita católica galega de unificar a todos os sectores conservadores baixo unhas mesmas siglas, posteriormente espallouse polas cidades máis importantes e representativas de Galicia. A organización tentou manter relacións directas coa Acción Nacional de Madrid, tratando de non subordinarse á influínte Acción Católica de Compostela, que tentaba erixirse na cidade líder desta organización política. Inicialmente tivo poucos apoios locais, e non acadou a implantación social esperada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización católica, fundada o 2 de febreiro de 1932 no concello de Pontedeume. Naceu baixo a denominación oficial de Asociación Femenina de Acción Nacional de Pontedeume, pero a partir do 20 de xuño de 1932 realizou as súas actividades baixo o nome de Acción Popular Femenina. A nova organización funcionou entre 1932 e 1934, artellada en delegacións parroquiais; esta división parroquial respondía á estratexia expansiva da Unión Regional de Derechas (1931), á que a Acción de Pontedeume estaba adscrita dende a data mesma da súa fundación. Esta organización feminina naceu como resposta ás iniciativas da sociedade local, coa intención de estruturar a propaganda do catolicismo político naquelas parroquias onde aínda non era moi forte. Boa mostra do seu carácter social e interclasista foi a intención de agrupar tanto as mulleres obreiras como as que non o eran, aínda que os cargos directivos estaban dominados, porcentualmente, polas mulleres pertencentes a familias dunha posición socio-económica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria da freguesía ourensá de Santa María de Aguión de Ponte. As súas armas levan, en campo de goles, dúas caldeiras, de prata; bordo de sinople, cargado de oito estrelas de prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arquivo fundado o 4 de agosto de 1934 baixo a presidencia de Enrique Fernández Villamil Alegre, que ten a función de recoller, organizar e difundir publicamente a documentación provincial de carácter público ou privado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización moi activa nos derradeiros anos do s XIX que agrupaba un gran número de mestres da provincia de Pontevedra. En xuño de 1894 publicou Crónica de la Asamblea Pedagógica y Exposición Escolar, un xornal profesional de dez números que lle deu cobertura e apoio á Asamblea Pedagógica e á Exposición Escolar dese mesmo ano. Nesta publicación pódese observar o desenvolvemento das distintas intervencións que se produciron nestes actos. A Asociación prestou especial interese por temas relacionados cos problemas das escolas mixtas e co ensino da época en xeral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada en decembro de 1988, agrupa varios hoteis situados na provincia de Pontevedra. O seu obxectivo é lograr unha superior ocupación, baseándose nunha mellor atención das institucións e realizando actividades en común. Mantén unha oficina internacional situada no Porto que oferta servicios turísticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada o 25 de abril de 1965 cunha finalidade cultural. Organizou ciclos de conferencias coa participación de Xosé M. Beiras, Álvaro Cunqueiro, Torrente Ballester, etc. Xunto a estas, numerosas exposicións de pintura e escultura con obras de Conde Corbal, Virxilio Fernández, Acisclo Manzano e Manolo Caballero, entre outros. Ao longo dos anos homenaxeou as figuras de Valle-Inclán, Miguel Hernández e o musicólogo Agustín Isorna Ríos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Creouse nunha sesión da Deputación do 13 de setembro de 1941. Concibida nun principio como biblioteca especializada en Dereito, Lexislación, Historia moderna e contemporánea e Antropoloxía de Galicia aínda que os fondos máis antigos datan de 1757, a maioría da colección é actual. Conta tamén cos libros de actas das sesións da Deputación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca organizada a partir do ano 1927 que contén máis de 46.000 volumes de diversa temática -Historia, Arqueoloxía, Arte-, e máis de 3.500 títulos de revistas. Doaron obras para o seu fondo a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, Castro Sampedro e Folgar, Sampedro Mon, Sanz Casal, Rodríguez de Viguri, Fernández Cochón, Castelao, Víctor Said Armesto, Indalecio Armesto e Sánchez Cantón. Tamén se inclúen os libros cedidos polo Servicio Nacional de Lectura, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas e o Concello de Pontevedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca organizada a partir de 1848 con fondos que proviñan dos mosteiros e conventos da provincia. Inaugurouse o 2 de febreiro de 1849. Do Instituto Provincial de Segunda Enseñanza trasladouse á Sala de Quintas do Palacio Provincial, e logo a unha sala do Arquivo da Delegación de Facenda. Despois de varios traslados (1931) instalouse no Instituto de Enseñanza Media. Entre os seus fondos figuran a colección da Sociedade de Arqueoloxía, a colección Sampedro, os libros de homenaxe a Losada Diéguez e os que figuraban no Instituto de Enseñanza Media. Pouco a pouco foi aumentando a súa colección bibliográfica, con numerosas subscricións a revistas e xornais. Adquiriu tamén en 1946 a Biblioteca Muruais, composta por obras de arte e literatura francesa e inglesa do século XIX. Finalmente, sufriu un novo traslado ao Arquivo Histórico Provincial, onde incrementou os seus fondos. En 1977 conformouse a sección de libros infantís con máis de 2.000 volumes. A finais da década dos anos 80 contaba...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mostra artística organizada pola Deputación de Pontevedra desde 1969. Naceu como un medio no que se puidesen dar a coñecer os artistas da cidade e de Galicia para internacionalizarse co paso dos anos. Está organizada en catro apartados expositivos: sección provincial, cunha mostra antolóxica e outra dedicada aos novos valores, sección autonómica, sección española e sección internacional. Acompáñanse as exposicións coa edición de catálogos, guías didácticas, etc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín editado na cidade de Pontevedra a partir do ano 1912.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo que apareceu na cidade de Pontevedra no ano 1903.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que apareceu en Pontevedra no ano 1960. Informaba sobre todos os acontecementos relacionados co concello.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida arredor de 1960 en Pontevedra, dirixida por Álvaro Peleteiro e que contaba coas colaboracións de José Casal, Ernesto Baltar, Nemesio Barxa e Domingo Estarque, entre outros. Incluía as seccións “Editorial”, “Resoluciones judiciales”, “Reportaje”, “Vida corporativa” e “Biblioteca”, amais de diversos artigos relacionados co mundo do Dereito en Galicia; entre eles, “Conclusións do I Congreso de Dereito galego” (nº 27-1973) e “O esprito comunitario do galego ao traveso das súas institucións xurídicas” (nº 28-1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en Pontevedra no ano 1834. Foi editado polos impresores Manuel María de Vila, Domingo Paimón, Miguel Anciles, Francisco Luis Pinto, a viúva de Pinto, Juan Verrea y Varela, os fillos de Vila, Muñoz Pazos, José e Primitivo Vilas, Pazos y Antúnez, Buceta e Solla y Compañía, entre outros. Editábase bisemanalmente nun principio, e logo a diario, e achegaba información sobre o censo dos partidos xudiciais da provincia, os decretos e leis, e os asuntos que afectasen á comarca de Tui. Presentaba dúas seccións tituladas “Artículos de oficio” e “Avisos”. Tivo como continuador outro boletín editado no ano 1862. Nas follas deste último podíase atopar información sobre todo tipo de temas relacionados coa administración e co goberno da provincia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Pontevedra no ano 1868 e que podería ser a continuadora da que saíra en 1858 na mesma cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter profesional que sacou o seu primeiro número en Pontevedra en 1924. Tivo a súa continuación nunha segunda etapa iniciada a partir de 1931.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo coral formado exclusivamente por homes fundado en 1985 co asesoramento do P. José Vallejo, monxe mercedario do mosteiro de Poio e derradeiro representante da Schola Cantorum, e aglutinado por Vicente Couceiro Bueno, o seu primeiro director. Ten como obxectivo a recuperación das orixes da música occidental, da tradición gregoriana existente antigamente no mosteiro de Poio coa súa desaparecida Scola Cantorum e a difusión dos cantos gregorianos. En 1986 deu o seu primeiro concerto e de xeito regular intervén como única actuación vogal no ciclo de Concertos de Órgano celebrados anualmente no mosteiro de Poio; nos oficios do Xoves Santo, coa representación dos Salmos do Rei David e as Lamentacións de Xeremías, e canta na liturxia correspondente; no Nadal ofrece un concerto e todos os primeiros sábados de mes canta a misa no mosteiro de Poio co gallo do canto tradicional da Salve en ton solemne. Dende 1994 está baixo a dirección de Fernando Olbés Durán, cantor...