"Dionisio" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 19.
-
PERSOEIRO
Guitarrista. Publicou un volume de exercicios para guitarra, titulado Estudios e un método de guitarra xa clásico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Funcionario real nas Indias. Traballou co Vicerrei e Arcebispo Diego Ladrón de Guevara (Lima, 1710), no Tribunal de Contas de Lima (1712) e foi nomeado Presidente da Audiencia de Quito (1728-1736) e da de Panamá (1741-1747). Escribiu descricións das terras americanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista italiano. Foi vicesecretario xeral da Sociedade das Nacións (1919); fixo parte do seu Comité Consultivo (1920) para a constitución do Tribunal Permanente de Xustiza Internacional da Haia, do cal foi membro (1922) e presidente (1929-1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denís.
-
PERSOEIRO
Teólogo, eséxeta e místico. Coñecido como Doctor Extático, buscou a vigorización da vida contemplativa a través do traballo intelectual.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e retórico grego. Desenvolveu a súa actividade docente e literaria en Roma, onde se instalou entre os anos 29 e 30 a C. Escribiu unha Historia primitiva de Roma, desde as orixes ata o 264 a C, que foi o complemento da obra de Polibio. Formada por vinte libros escritos en grego, que comezaron a aparecer no 7 d C, só se conservan completos os dez primeiros e parte do once. Empregou como fontes do seu relato os analistas romanos, polo que a súa obra xustifica a actuación política e militar dos romanos fronte a outros pobos, incluído o grego. Entre as súas obras destacan Carta a Ameo, Sobre os retóricos antigos, Sobre a mímese, O estilo de Demóstenes e Sobre a unión das palabras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático grego. Foi discípulo de Aristarco, ensinou retórica en Roma e rexentou unha escola en Rodas. Escribiu varios tratados sobre gramática e crítica (sobre Homero), entre os que destaca Tékhne grammatiké (Arte da gramática), primeiro estudo sistemático da estrutura da linguaxe. Divide a gramática en seis partes: lectura correcta dun texto en voz alta, eséxese dos textos, eséxese das palabras, etimoloxía, paradigmas da flexión e crítica textual. En canto á evolución da linguaxe, defendeu o analoxismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo escultórico atopado no xacemento de Muradella en Mourazos (Verín) e conservado no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Datado no s III é, probablemente, unha obra de importación. Feito en mármore, interpretouse como a representación de Dióniso acompañado do seu sátiro Ampelos. O deus represéntase de pé nunha postura de tipo praxiteliano, non conserva a cabeza nin o brazo dereito e co esquerdo apóiase no pescozo do sátiro. A figura deste é de menor tamaño e está sentada sobre un tronco de árbore. Está moi deteriorado.
-
PERSOEIRO
Tirano de Siracusa (405 a C-367 a C). Coñecido como Dionisio o Vello, foi membro do estado maior nunha campaña contra os cartaxineses e, nomeado xeneral, estableceu a tiranía. Gobernou de xeito autocrático e centralista, liberou a numerosos escravos e reorganizou o exército e a flota. Impulsou as obras urbanas e de fortificación da cidade. Integrou no seu exército a mercenarios de diversas orixes (galos, cámpanos e iberos) e derrotou os cartaxineses no 397 a C e no 393 a C. Conquistou e destruíu as cidades gregas da Liga Italiota, agás Tarento, e fundou colonias no Adriático. Derrotado polos cartaxineses no 370 a C, perdeu boa parte dos seus territorios. Protexeu tamén a vida cultural e escribiu traxedias. Probablemente morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tirano de Siracusa, fillo de Dionisio I o Vello. Coñecido como Dioniso o Novo, deixou o goberno en mans do seu cuñado Dión de Siracusa, pero máis tarde enfrontouse con el e obrigouno a exiliarse (360 a C). Dión conquistou Siracusa (357 a C) pero foi asasinado e Dionisio recuperou o poder ata que foi destronado por Timoleón, que tiña a axuda das cidades gregas de Sicilia. Retirouse a Corinto. Escribiu poemas e obras filosóficas e foi un mecenas das artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor eclesiástico. Viviu en Roma como monxe e traduciu do grego ao latín numerosas obras teolóxicas. Malia a falta de recursos documentais na súa época, foi o primeiro en fixar a data de nacemento de Cristo. Aínda que se equivocou nuns cinco anos, a xulgar por algúns detalles reflectidos nos Evanxeos, a súa proposta foi admitida pola Curia Romana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Adoptou o nome de Dionisio Fierros, apelido de seu pai. En 1841 comezou de aprendiz de xastre no obradoiro do seu tío e despois traballou como mordomo ao servizo do marqúes de San Adrián, don José de Mangallón, onde comezou a súa andaina pictórica ao dedicarse a copiar a colección do marqués. Este introduciuno en 1842 no obradoiro de José de Madrazo. En 1844 ingresou no taller de Federico de Madrazo e completou a súa formación coa asistencia á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e ao Museo del Prado. En 1855 trasladouse a Santiago de Compostela, onde comezou a pintar cadros costumistas. Foi o primeiro pintor que recreou nun lenzo as escenas populares. Durante os tres anos que pasou en Santiago realizou obras de xénero, como Una romería en los alrededores de Santiago e De ruada, que presentou na Exposición Agrícola e Industrial de Santiago (1858), na que obtivo unha medalla, e na Exposición Nacional de 1860, na que obtivo a medalla de primeira...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dionisio Fernández Álvarez.
-
GALICIA
Escritor e crítico literario. Exerceu a docencia e colaborou en Faro de Vigo, Vida Gallega, Revista de Occidente e Nordés. Da súa produción destaca Una estirpe de escritores colombianos: los Caro (1943) e Páginas abandonadas de Gustavo Adolfo Bécquer (1948). Membro da Real Academia Galega, obtivo o Premio Pérez Lugín en 1943 por Galicia a través de sús poetas, en 1945 obtivo o I premio nos Xogos Florais de Santiago de Compostela pola súa composición Fachada del Obradoiro e en 1951 o I premio nun certame internacional celebrado en La Habana en honor de Curros Enríquez por Seda en el cardo (Vida y obra de Curros Enríquez).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Licenciado en Ciencias Económicas, especializouse na investigación dos movementos sociais galegos contemporáneos e na historia e na cultura marítima de Galicia. Colaborou coa revista da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), formou parte do grupo etnográfico Mascato e asesorou o Centro Tecnológico del Mar, da Fundación CETMAR. Asesor da Enciclopedia Galega Universal, pertence ao Colectivo de Historia Xerminal. Escribiu A CNT na Galicia (1922-1936) (1994), Sindicalistas e Rebeldes: Anacos da historia do Movemento Obreiro na Galiza (1998), Imaxes da fatiga: Crónica gráfica do traballo na Galiza (1999), O Patrimonio marítimo de Galicia (2000) e O asociacionismo dos pescadores na Galiza de anteguerra: unha visión de conxunto (2001); e, con E. Fernández, O anarquismo en Galicia (1870-1970): apuntes para unha enciclopedia (2004). Coordinou Os conquistadores modernos: Movemento Obreiro na Galiza de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, irmán de Narciso Quintillán Cardesín. De ideoloxía republicano-socialista e defensor do redencionismo, percorreu Galicia para concenciar o pobo contra os foros. Presidiu diversas sociedades agrarias e colaborou coa prensa galega e española con artigos sobre temática agraria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e político. Membro de Falange Española, partido que despois abandonou voluntariamente (1942), foi apresado varias veces. Fundou o Partido Social de Acción Democrática (1957), e posteriormente a Unión Social Demócrata Española (1974). Poeticamente pertenceu á Xeración do 36 e caracterizouse por un clasicismo formal. Publicou as escolmas poéticas En once años (1950) e Hasta la fecha (1962), e en prosa Escrito en España (1962) e, postumamente, Casi unas memorias (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Foi membro fundador da Sociedade Fotográfica da Coruña. Fotografou todos os castelos de Galicia e realizou reportaxes de grande interese etnográfico e paisaxístico. Destaca Outro día máis (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario. Baixo a súa iniciativa creouse o Banco de La Coruña (1917), do que foi o seu presidente ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO