"Docampo" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • PERSOEIRO

    Licenciada en Ciencias Biolóxicas é profesora de Ensino Medio. En colaboración con Xaquín Penas Patiño publicou As plantas (1987) e As plantas medicinais (1993), que constitúen un catálogo das plantas máis representativas do noso país. Forma parte da Sociedade Galega de Historia Natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica campo e mais a preposicion de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o), indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XV: “Afonso do Campo” (doc ano 1442 en E. Duro Peña, El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental, 1972, p 246). Tamén se grafa Do Campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela en Matemáticas (1984), é catedrático dende 1992 no departamento de Teoría do Sinal e as Comunicacións. Rector, dende 1998, da Universidade de Vigo. En 1990 e 1995 foi profesor visitante da University of New Mexico. Foi nomeado secretario en Europa do International Science and Tecnology Educational Consortium (ISTEC), dende a súa constitución en 1990, e presidente da Fundación Empresa-Universidade de Galicia (FEUGA) dende 1998. Entre os seus logros no campo da transferencia tecnolóxica destaca o de acadar para a Universidade de Vigo a primeira rede telemática en cooperación con universidades de Latinoamérica. Entre as súas máis de 30 publicacións, cómpre salientar os libros: Intelligent Methods in Signal Processing and Communications (Métodos intelixentes no procesamento do sinal e comunicacións, 1997), Análisis Espectral (1997), Señales y Sistemas Discretos (1998) e Desarrollo y evaluación de un sistema de cineantropometría...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poeta. Publicou Do fondo da i-alma (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e gravador. Discípulo de Carlos Puntis e Amalia Bernabé, trasladouse a Palma de Mallorca, onde abriu en 1978 un taller de gravado con Gonzalo Bieiro. Creou un taller de investigación de técnicas de pasta de papel e cartón pedra (1984), e fundou o colectivo Krea e o grupo de marionetas Rum-fum-bum, do que tamén foi director. Foi un dos creadores do colectivo Krea-2. Dirixiu o taller de gravado da Academia Fórum de Vigo e foi director artístico da galería Esgai Art de Palma de Mallorca (1991). Colaborou, entre outras publicacións, en Vagalume, Teima e Dorna, e na revista mallorquina Informar. Entre as súas obras destacan dous murais realizados en Vigo (1991) e a serie 7 ACUA. A súa obra está no Museo de Pontevedra e no Museo Municipal de Ourense. Realizou exposicións, individuais e colectivas, en Pontevedra, Lugo, Ourense, Vigo e Palma de Mallorca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xavier Puente Docampo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Doutor en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid (1992). En 1960 trasladouse a Venezuela, onde foi nomeado asesor xeral do equipo de goberno da presidencia da República (1969-1974). Delegado ante a Oficina de Información Económica e Social das Nacións Unidas en dúas ocasións, foi membro da delegación do Parlamento Latinoamericano na Primeira Conferencia Mundial de Poboación celebrada en Bucarest (1974). Colaborou nos periódicos La Voz de Galicia, ABC, El Nacional, El Universal, Expansión e El País, no semanario El Español, e nas revistas Destino, Vida Gallega e Letras. Foi locutor de Radio Nacional de España, de Radio Nederland, en Holanda, e da BBC de Londres. Foi finalista do Premio Planeta coa novela A fuego lento (1958) e publicou ademais La novela futura (1958), Cuatro esquinas (1968), Mujeres únicas (1971) e La integración económica como alternativa inédita para América...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e político. Fundou, xunto cun socio francés, as empresas Factorías Vulcano-Enrique Lorenzo y Compañía e Sumnsa (Suministros Metalúrxicos Navais, SA), e promoveu outras como Aceros de Galicia, Conservas La Guía SA e Serrerías Vulcano. Foi conselleiro do comité executivo da Zona Franca, vogal da xunta de Obras do Porto, conselleiro do Banco de Vigo e censor de contas da compañía de Tranvías Eléctricos de Vigo. Presidiu o Aero Club de Vigo (1951-1981), foi vicepresidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación e presidente da Deputación de Pontevedra (1963-1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e mestre. Autor especializado en literatura infantil e xuvenil, traballou como guionista para RNE e presidiu a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX). Publicou O misterio das badaladas (1986), en que introduce o elemento da intriga; Cun ollo aberto e outro sen cerrar (1986), unha serie de relatos; A chave das noces (1988), unha novela xuvenil en que trata o xénero negro; O armario novo de Rubén (1989), en que inclúe elementos humorísticos nun relato áxil; Roxelio e a couza (1991), en que inclúe dous relatos sobre animais dirixidos ao público infantil; O país durminte (1993), unha narración en que se mestura a fantasía e a épica; e Cando petan na porta pola noite (1994, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil); e as novelas O pazo baleiro (1997), O home que inventou unha maneira de andar (1998)...

    VER O DETALLE DO TERMO