"Documenta" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada pola sección de linguaxe administrativa dependente do Instituto da Lingua Galega (ILG) en Santiago de Compostela en 1986, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Consellería da Presidencia e distintos concellos galegos, de acordo co convenio asinado o 20 de decembro de 1984. Dirixido fundamentalmente aos servicios municipais de normalización das distintas administracións locais, saíron cando menos tres números entre os anos 1986 e 1988: o primeiro caderno titulouse “Patrimonio e Bens”, o segundo “Contratación” e o terceiro “Urbanismo”. Neles incluíase documentación e modelos para a elaboración de informes técnicos e xurídicos dos servicios públicos, dos bens patrimoniais, ditames das comisións e dos plenos, certificados, acordos dos plenos e das alcaldías, acordos de iniciación para expropiación forzosa e para ocupación privativa de dominio público, anuncios de licitación de obras e trámites para a solicitude de obras, entre outros. Amais, ao final...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro fundado no ano 1997 e dirixido por Mar Nogueira. Ten como obxectivos a reconstrución histórica de todas as actividades e espectáculos que realiza o IGAEM, a conservación do material e a creación dunha base documental. Entre as súas actividades tamén está a formación dunha biblioteca especializada de teatro, música e danza, destinada a arquivar tanto material escrito como gráfico e mesmo elementos visuais, como maquetas ou carteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exposición artística que se celebra en Kassel (Alemaña) con carácter non comercial, e que se configurou como a gran plataforma de proxección das correntes máis novas da arte contemporánea. Naceu en 1955 no momento de recuperación e integración cultural de Alemaña baixo a iniciativa de Arnold Bold, pintor e profesor na academia de Kassel, e Werner Haftmann, historiador e teórico da arte. Ademais da mostra de 1955, Bode dirixiu as de 1959 e 1964, e en 1968 encargou a dirección da sección de pintura a Jan Lemming. Os directores posteriores foron Harald Szeemann (1972), Manfred Schneckenburger (1977 e 1987), Rudi Fuchs (1982), Jan Hoet (1992), Catherine David (1997) e Okwui Enwezor (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser documentado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de documentar ou documentarse.

      1. Conxunto de documentos referidos a algo ou a alguén, reunidos ou presentados para un fin.

      2. Documento ou conxunto de documentos, procedente dunha autoridade competente que prové, entre outras cousas, a identidade dunha persoa, a súa filiación e o seu estado social e xurídico. Serven para a identificación persoal ou para acreditar algunha condición.

      1. Conxunto de técnicas e disciplinas informativas que se ocupan da recuperación e do estudo do documento, emitido nun proceso anterior, como fonte de información. Mediante a análise e o tratamento técnico das mensaxes, prepáranse para que a información sirva de fonte para acadar novos coñecementos ou para tomar decisións nas empresas, organizacións e institucións. O incremento da produción de información científica, técnica e divulgativa, entre outras, deu orixe a novos recursos e técnicas documentais. Entre outros, destacan as bases de datos ou as redes documentais e os novos soportes de datos que poden ser: fotográficos, como a fotografía, a fotocopia ou a telecopia; microformas, como o microfilme e a microficha; magnéticos, como as cintas magnetofónicas, as de vídeo e os discos magnéticos; ópticos, como o disco óptico; e magneto-ópticos.

      2. documentación automatizada

        Sistemas ou servicios de información nos que os datos se almacenan e se distribúen a través dun soporte magnético ou óptico, que permite a súa lectura polos ordenadores. Pódese consultar a través dunha rede documental. Presenta, segundo diferentes autores, catro grandes ámbitos de traballo: a teledocumentación, na que se integran as bases de datos en liña e o videotex; as tecnoloxías ópticas, nas que se integran os discos ópticos e os CD-ROM; os sistemas de xestión electrónica; e Internet.

      3. documentación bibliográfica

        Conxunto de informacións procedentes de libros, monografías ou revistas, que se lles ofrecen dun xeito organizado aos estudiosos ou ao persoal interesado nesas materias.

      4. documentación comercial

        Conxunto de documentos producidos por unha empresa, de orixe interna ou externa, como os catálogos de produtos ou os carteis, e susceptibles de ser conservados nos arquivos.

      5. documentación teatral

        Proceso de catalogación de todo tipo de materiais relacionados coas artes escénicas e, particularmente, co teatro. Adoitan ser libros, revistas, vídeos, fotografías, carteis, programas de man, cadernos de dirección, partituras de música para teatro, deseños escenográficos, máscaras, vestiario, elementos de escenografía, panos e todo tipo de materiais que poden dar conta dun determinado feito teatral. Amais das bibliotecas teatrais, entre as que destaca polo seu fondo a existente no Lincoln Center for the Performing Arts de Nova York, ou a do Institut del Teatre de Barcelona, tamén hai que salientar museos do teatro, como os que existen en Madrid, Barcelona ou Almagro, e o Centro Nacional de Documentación Teatral creado en Madrid polo ministerio de Cultura e o Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música. En Galicia existe o Centro de Documentación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais; o Centro de Documentación María Casares, situado na biblioteca pública de Cangas; e...

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de documentar ou documentarse.

    2. Que está fundado en documentos.

    3. Que está ben informado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos documentos ou á documentación.

      2. Que se fundamenta en documentos.

    1. Aplícase ao xénero cinematográfico desligado do cine de ficción que presenta a realidade cunha finalidade basicamente informativa. Malia que o documental naceu co cine, o auténtico apareceu con Nanook of the North (1922), de Robert J. Flaherty. Buñuel e os documentalistas norteamericanos dos anos trinta cultivaron o documental de denuncia social. Despois da Segunda Guerra Mundial adquiriu un grande auxe o documental de arte e viaxes, sobre todo en Italia. Posteriormente, desenvolvéronse o “cinema veritat” en Francia e o “free cinema” en Gran Bretaña. Nos anos sesenta e setenta, o documental tivo un papel decisivo no cine político e militante. Con posterioridade, o incremento de demanda televisiva absorbeuno con contidos históricos, científicos ou turísticos. Destacaron como documentalistas os norteamericanos Emile De Antonio e Frederick Wiseman, os franceses Marcel Ophulos e Claude Lanzmann ou o suízo Richard Dindo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente cinematográfica que presta un especial interese polo xénero documental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao documentalismo.

    2. Persoa que se dedica a facer documentais para cine ou televisión.

    3. Profesional ou estudoso que se dedica á preparación e elaboración de información científica para a súa difusión en diversas formas. Diferenciouse tradicionalmente do bibliotecario, porque trata cun material máis amplo e está á fronte dun establecemento informador, que pode carecer da presenza real de fondos. A presenza de numerosas bibliotecas especializadas, nas que a documentación e as técnicas documentais teñen moita importancia, permiten unha aproximación entre ambas as tarefas. Entre as súas funcións inclúense a recollida e organización da información, a conservación das obras de referencia, a resposta das consultas puntuais, a identificación das referencias, a orientación do usuario cara a fontes externas e a colaboración na difusión dos novos documentos que vaian chegando ao centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Probar ou xustificar algo con documentos.

    2. Proporcionarlle a alguén coñecementos ou informacións sobre algo.

    3. Recoller ou adquirir información sobre algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de documentalistas británicos que estiveron activos desde 1927 ata o final da Segunda Guerra Mundial. Naceu baixo o impulso de John Grierson, Drifters (Os impulsores, 1929), para quen o documental era unha interpretación orixinal da vida ordinaria e tiña un obxectivo educador. A escola seguía a técnica cinematográfica de Eisenstein. Seguiron as directrices de Grierson: Paul Rotha, Robert Flaherty e Alberto Cavalcanti, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación política de tendencia ideolóxica teoricamente centrista fundada en xullo de 1975. Foi creada á marxe da nova Lei de Asociacións Políticas e inscribiuse como unha sociedade anónima, aínda que tiña obxectivos políticos. O seu presidente foi Rafael Pérez Escolar mentres, Manuel Fraga Iribarne permaneceu no goberno de Carlos Arias Navarro. Xunto á Federación de Estudios Independientes integrou o partido político Reforma Democrática en 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen  non ten ou non leva consigo documentos oficiais con que identificarse.

    2. Que non está documentado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acceso á información documental por medios teleinformáticos. Dada unha base de datos informatizada, pode accederse mediante redes de telecomunicacións desde calquera terminal ou microordenador, conectado ao ordenador que a contén.

    VER O DETALLE DO TERMO