"Donís" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • Tendencia dunha persoa ou dun grupo social a abandonar sen loita unha cousa que posúe ou que lle corresponde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao abandonismo.

    2. Partidario do abandonismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Home notable pola súa beleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade mitolóxica dos pobos mediterráneos. Simboliza a morte e a resurrección periódica da natureza, sendo a encarnación da primavera. Os rituais de Adonis, as   adonías, relacionados co equinoccio de primavera e co solsticio de verán, insírense dentro dos ritos de fertilidade. Orixinado en Siria e en Fenicia, o culto a Adonis, despois de terse modificado en Exipto e en Chipre, foi adoptado polos gregos. Na mitoloxía grega foi un personaxe de gran beleza, disputado por Afrodita e por Perséfone. O simbolismo floral e o mesmo mito de Adonis foron tema de obras artísticas, como o poema L’Adone, de Giambattista Marino (1623).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perda de afectividade caracterizada pola incapacidade de experimentar pracer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, unha cabeza de lobo, de sable, e, en punta, tres vieiras, de prata; bordo de goles, con cinco flores de lis, de ouro. Outra variante leva, en campo de goles, tres flores de lis, de prata, ben ordenadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Fiz de Donís (Cervantes). Pertenceu aos Sanmartino Pambley. A torre ten planta cadrada e un corpo rectangular un pouco máis baixo. Ten unha altura de tres pisos e cuberta a catro augas. Destaca o escudo de armas con moldura xeométrica de estilo renacentista nunha das fachadas laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cervantes. Ten planta rectangular con tres naves: a central, sostida por dúas columnas octogonais e piares cadrados, e cun coro de madeira aos pés, e dúas laterais. O presbiterio cóbrese con bóveda de canón elevada. No interior destaca o retablo maior renacentista, con dous corpos con imaxes da Piedade (s XVI), san Xoán e a Virxe. Nunha das capelas laterais consérvanse algúns sepulcros. No exterior destaca no lado S a torre de planta cadrada e dous corpos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica que identifica o ben co pracer. Os preceptos éticos considéranse unicamente regras empíricas, mediante as que o home se defende dos sentimentos de desgusto e queda aberto ás alegrías da vida. Entre os hedonistas destacaron Aristipo de Cirene e Epicuro de Samos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao hedonismo.

    2. Que ou quen é partidario do hedonismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor. Director da produtora Articket. Comezou cantando na Escolanía da Catedral de   Santiago, para estudar logo solfexo e guitarra. Foi un artista predisposto a abordar unha arte urbana, cun folk de estilo progresivo con influencias psicodélicas. Formou parte de Voces Ceibes pouco antes de se desfacer como colectivo. Membro da   Sociedad General de Autores, do xurado dos Premios da Crítica e dos Premios Reconquista, desde a década de 1990 dedícase á produción musical. Da súa discografía en solitario cómpre salientar Estamos chegando ao mar (1976), Alcabre (1978) e Aluminio (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Donís (Cervantes). Realizouse en cachotaría de lousa e ten planta rectangular con dous pisos. Presenta unha escaleira exterior nun lateral.

    VER O DETALLE DO TERMO