"Dopico" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

    1. Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica pico e mais a preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o), indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XVIII: “Dominga do Pico” (doc ano 1752 en La Coruña 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 122). Tamén se grafa Do Pico.

    2. Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, dúas árbores de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista. Discípulo de Bordas e mais de Arbós, realizou estudios de violín no Conservatorio Superior de Música de Madrid e foi profesor da Orquesta Sinfónica Nacional. De ideas republicanas, exiliouse a México e alí foi presidente do Patronato de Cultura Gallega. Participou no libro colectivo Presencia de Galicia en México (1954) e obtivo o Premio Sarasate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre gaiteiro. Estudiou filoloxía clásica na Universidade de Santiago de Compostela. Compoñente de diversas formacións musicais tradicionais e folks, integrou o grupo Baila na criba (1992-1997) co que acadou diversos premios. Mestre gaiteiro do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol, foi director entre 1992 e 1999 das súas seccións instrumentais, da Escola de Instrumentos Tradicionais e da Banda de Gaitas Terra de Trasancos, que fundou en 1994. Así mesmo, foi presidente da Federación Galega de Bandas de Gaitas (1994-2000) e director dende 1998 da Escola Municipal de Gaitas e Percusión e da Banda de Gaitas do Concello de Xinzo de Limia e da Banda de Gaitas do Concello de Celanova. En 1999 fundou a Asociación Cultural Ardóbriga e a Banda de Gaitas Cidade de Ferrol, da que é director; colaborou co gaiteiro José Ángel Hevia en dous traballos discográficos; e dende xaneiro de 2002 dirixe a Banda de Gaitas de Candás. Escribiu diversos traballos sobre música popular, etnografía e historia, entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e profesor. Licenciouse en Matemáticas e Ciencias Económicas e Empresariais e doutorouse en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (1977). Profesor no departamento de Historia Económica da Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversas revistas, como Museo de Pontevedra, Estudios migratorios, Grial, Revista galega de estudios agrarios, e volumes colectivos como Historia de las mujeres de occidente (1991), Galicia e América: cinco siglos de historia (1992) e Terra e progreso: historia agraria da Galicia (2000). Publicou A ilustración e a sociedade galega: a visión de Galicia dos economistas ilustrados (1978), Crisis agrarias y crecimiento económico en Galicia en el siglo XIX (1981), con Mª Xosé Rodríguez Galdo, e El declive de la mortalidad en España, 1860-1930 (1999), con David-Sven Reher, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista visual. Licenciouse en Deseño e Audiovisuais na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. O seu traballo desenvolveuse no mundo audiovisual. Participou, entre outras mostras colectivas, na exposición Eidos 96, 97 e 98 en Ferrol, Artxove (Pontedeume, 1997-2001), no Premio de Pintura Bello Piñeiro (Mugardos 1998 e 1999), no Premio de Gravado Máximo Ramos (Ferrol, 1999) e na mostra Funxibles e inventariables (Madrid, 2001). Acadou un accésit no I Premio Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela, 2001) polo vídeo Narciso, 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Licenciada en Pintura na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, ampliou estudios en Límerick (Irlanda) e no Laboratorio de Criação con tecnoloxías de vídeo e multimedia do Centro de Ciencias Humanas e Artes en Brasil, onde se puxo en contacto coas novas tecnoloxías dixitais. A súa obra centrouse no mundo da imaxe en movemento, cun interese por capturar a vida a través da cámara, incidindo noutras realidades e apostando pola actuación do espectador na mesma. Tentou así perseguir unha nova realidade a partir dunha mirada surrealista na que destruíu as referencias ao tamaño, á localización e ao contexto mediante a perversión da imaxe con estratexias de fragmentación. Participou na Bienal de Pintura Balconadas de Betanzos (1994-1998), na V Mostra Unión Fenosa (1997), en Galicia Terra Única (1997), onde expuxo unha vídeo-instalación, e na exposición El país de los tuertos no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarcosindicalista. Vinculado á Federación Local Obrera (FLO) e á Sociedad de Carpinteros La Emancipación, en 1911 participou na constitución da frustrada federación sindical Solidaridad Obrera de Galicia, xunto co vigués Luís Plaza e os coruñeses Xoán No, Enrique Taboada e Xermán Barreiro, entre outros. En 1920 asumiu a secretaría da FLO.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais. Catedrático da Escola Universitaria de Estudios Empresariais da Universidade da Coruña. Director de Relacións Institucionais do Banco Pastor, foi secretario da Universidad Internacional Menéndez Pelayo de Santander. Colaborador de diversas publicacións especializadas, como Eco-Revista Galega de Economía, colaborou, entre outras obras, en Estrutura económica de Galicia (1992), Manual Básico de Economía en Galego (1993), De la peseta al euro: reflexiones conceptuales y estratégicas (1998) e Una Galicia moderna, líderes empresariales gallegos (2002). Foi autor, entre outras obras, de Mundos lonxanos e próximos: A necesaria extensión da Galeguidade (1995), El déficit público y sus implicaciones en la gestión bancaria: la experiencia española (1985-1990) (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO