"Dordogne" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  •   Río de Francia, na rexión de Aquitania. Nace nos contrafortes do Macizo Central, atravesa Bergerac e Libourne para desembocar despois dun percorrido de 490 km en Gironda, onde forma xunto a Garonne un esteiro de 50 km. O curso alto aprovéitase para a produción de enerxía eléctrica. Os principais afluentes son o Auvézère e Vézère.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da rexión de Aquitania, Francia (9.060 km2; 389.400 h [1997]). A súa capital é Périgueux (30.280 h [1990]). Situada ao O do Macizo Central, o sector occidental está formado por amplas chairas e o sector oriental polos altiplanos de Périgueux. A rede hidrográfica está constituída polo río Dordogne e os seus afluentes. Malia o seu desenvolvemento industrial, a agricultura é o principal recurso económico.

    VER O DETALLE DO TERMO