Dordogne
Dordogne
Río de Francia, na rexión de Aquitania. Nace nos contrafortes do Macizo Central, atravesa Bergerac e Libourne para desembocar despois dun percorrido de 490 km en Gironda, onde forma xunto a Garonne un esteiro de 50 km. O curso alto aprovéitase para a produción de enerxía eléctrica. Os principais afluentes son o Auvézère e Vézère.