"Douro" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
VER O DETALLE DO TERMO
abrigadoiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro non profesional creado en Cangas do Morrazo en 1982 polo profesor e poeta Xesús Vázquez Pintor. Desde os seus inicios especializouse na expresión xestual, no mimo e na pantomima. Entre os seus espectáculos, cómpre citar: Marcapasos (1985) e Querquellequer (1989).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada por Manuel Lourenzo e Francisco Pillado en 1981. No curto tempo de existencia desta iniciativa (1981-1985) publicáronse tres títulos: Edén e outros paraísos, de Manuel Lourenzo (1981); Catro pezas: O oso, Petición de man, A boda, O aniversario, de Čekhov (1982); e O rei aborrecido, de Xesús Pisón (1984).
-
-
Acción e efecto de desdourar ou desdourarse.
-
Redución ou perda do prestixio ou boa reputación.
-
-
RIOS
Río da Península Ibérica, da vertente atlántica, que atravesa Castela e León e a rexión portuguesa de Trás-os-Montes. Nace nos Picos de Urbión e percorre a Península de L a O, para desembocar en Porto, no Océano Atlántico. A súa conca abarca unha superficie de 98.200 km2, cunha lonxitude de 913 km. O réxime dominante é pluvio-nival, dada a elevada altitude das montañas que o rodean, a Cordilleira Cantábrica no curso alto e o Sistema Central no medio. Existe un notable desequilibrio entre as achegas dos afluentes de cada unha das marxes do río. Así, os afluentes da dereita son máis longos e caudalosos, debido principalmente a que a Cordilleira Cantábrica está máis afastada ca o Sistema Central. Os principais afluentes da marxe dereita son o Pisuerga, o Esla, e o Tua e Támega en Portugal. Na marxe esquerda, o Riaza, o Duratón, o Cega, o Eresma, o Adaja, o Tormes (o máis caudaloso desta vertente), o Yeltes, o Águeda, e o Côa e Paiva en Portugal. A súa importancia económica é fudamental,...
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión natural do NL de Portugal, formada por unha parte dos distritos de Porto, Viseu e Aveiro, que se estende desde as marxes do esteiro do río Cávado ata a albufeira de Aveiro, e polo río Douro ata o monte Marão (1.415 m). As principais actividades económicas son a agricultura e a cría de gando porcino e vacún.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada entre a de Piñeira e a enseada da Barda, na parroquia de Corme Aldea (Ponteceso).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Reboreda (Redondela). Ten planta en forma de L, cunha torre nun dos extremos, á que se accede por medio dunha escaleira semicuberta. Está rodeada por unha terraza sobre piares con balaustrada de pedra. Sobre o balcón da fachada principal ten un escudo. O recinto tamén alberga unha capela e unha fonte.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Valadouro baixo a advocación de santa Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Concello da comarca da Mariña Central situado ao N da provincia de Lugo e da Comunidade Autónoma de Galicia (43° 32’ 42’’ N - 7° 26’ 12’’ O). Limita ao N cos concellos de Viveiro, Xove e Cervo (comarca da Mariña Occidental); ao S cos de Alfoz (A Mariña Central) e Abadín (Terra Chá); ao L co de Foz (A Mariña Central), e ao O cos de Ourol (A Mariña Occidental) e Muras (Terra Chá). Abrangue unha extensión de 110,5 km 2 , cunha poboación de 2.603 h (2007), distribuída nas parroquias de Budián, O Cadramón, Ferreira, Frexulfe, A Laxe, Moucide, Recaré, San Tomé de Recaré, Santa Cruz do Valadouro e Vilacampa. A capital é a vila de de Ferreira, na parroquia homónima, situada a 159 km de Santiago de Compostela e a 83 km de Lugo. Está adscrito ao partido xudicial de Mondoñedo e á diocese de Mondoñedo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A unidade morfolóxica máis representativa do concello é o val do río Ouro, que con dirección NL-SO atravesa as súas terras orientais. Este val... -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Mondoñedo-Ferrol que abrangue parroquias dos concellos de Alfoz e do Valadouro.