"Duarte" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

  • PERSOEIRO

    Militar. Oitavo conde de Oropesa (1621), marqués de Jarandilla e de Villar, e conde consorte de Alcaudete. Lugartenente de València (1645-1650), durante o seu mandato celebrouse a derradeira Corte Xeral do Reino de València (1645). Posteriormente foi Vicerrei de Sardeña (1650-1651), e dende 1651, Embaixador en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Doutor en Dereito (1905) e en Filosofía e Letras (1915) pola Universidad de Madrid e catedrático de Dereito Romano en Sevilla, Valladolid e Madrid ata o seu exilio en 1936. Alumno de Francisco Giner de los Ríos, estivo vinculado á ILE dende 1898, institución na que sistematizou a súa estrutura pedagóxica. Dende o ministerio de Instrución Pública interveu na creación da Junta para Ampliación de Estudios y Investigaciones Científicas (JAE), na que ocupou o cargo de secretario xeral (1907-1934), e o Centro de Estudios Históricos (1910). Foi un dos impulsores do Instituto-Escuela de Segunda Enseñanza de Madrid (1918) onde se experimentaron novos métodos de traballo e innovacións didácticas e organizativas no ensino secundario. Colaborou no Boletín de la Institución Libre de Enseñanza con diversos artigos, relacionados sobre todo coa temática educativa no estranxeiro (1904-1926). Consideraba que o ensino debía abranguer todas as materias de forma cíclica e gradual, polo que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Dominicana, situada ao NL do país (1.605 km2; 281.879 h [1993]). A súa capital é San Francisco de Macorís. A agricultura (arroz, café e cacao) e a cría de gando bovino son a base da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Dirixiu a publicación coruñesa Diario de Avisos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Cofundador e máximo dirixente do Partido de la Democracia Cristiana (1960), exiliouse en Venezuela trala vitoria electoral do coronel Morales. Regresou a El Salvador despois do golpe de estado de 1979 e formou parte da xunta do goberno cívico-militar desde 1980 que presidiu ata 1982. Foi presidente do país (1984-1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1433-1438), fillo de Xoán I. Coñecido como don Duarte, casou con Leonor de Aragón en Coimbra (4.11. 1428). Participou na conquista de Ceuta. Celebrou cortes en Leiria e Évora (1433, 1436 e 1438) e reformou a administración pública. Ademais lexislou sobre os señoríos e as terras da coroa, e prohibiu as cartas de privilexios señoriais (1434). Emprendeu o saneamento da moeda e cuñou escudos de ouro e reais de prata. Retomou a política de expansión en África e, trala resolución do conflito entre casteláns e portugueses da expansión atlántica no Concilio de Basilea (1435-1436), armou unha flota contra Tánxer dirixida polo infante don Enrique. A expedición fracasou e o infante don Fernando, mestre de Avis, quedou en poder dos musulmáns como refén da entrega de Ceuta (1437). Morreu a causa dun andazo de peste que afectou a Portugal (1437-1441). Escribiu o Livro da ensinança de bem cavalgar toda sela e Leal conselheiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Formouse na Escuela de Artes y Oficios de Madrid (1944-1947) e en 1954 trasladouse a París, onde coñeceu a escultura cinética. Dende 1961 reside en Suíza. Foi un dos fundadores do Equipo 57 (1957-1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor portugués. Formouse na Escola de Belas-Artes de Lisboa, onde foi profesor (1958-1982). Entre as súas obras destacan os Cavalos Marinhos da Praça do Império de Lisboa e as estatuas de Camilo Castelo Branco en Lisboa, Pedro I en Cascais e Afonso III en Faro. Recibiu, entre outros galardóns, o Prémio de Desenho Domingos Sequeira (1952), a Medalla de Ouro no Pavilhão de Portugal na Exposición Universal de Bruxelas de 1958 e o primeiro premio de escultura na II Exposição de Artes Plásticas da Fundação Gulbenkian (1961). En 1985 inaugurouse na súa cidade natal o Museu Atelier António Duarte, formado por obras doadas polo artista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política arxentina. Coñecida como Eva Perón ou Evita, foi actriz e locutora de radio. En 1945 casou con Juan Domingo Perón. Cando este foi elixido presidente de Arxentina (1946), colaborou no novo goberno. Gozou do apoio das clases obreiras, ás que chamaba descamisados, e actuou como enlace entre estas e o goberno. Creou a Fundación de Ayuda Oficial Eva Perón e organizou o Partido Feminista Peronista (1949). Non tivo cargo oficial no goberno pero dirixiu o ministerio de Salud y Trabajo. En 1951 a Confederación General del Trabajo (CGT) propúxoa para a vicepresidencia da república pero non contou co apoio do exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Iniciou a súa formación pictórica na Escola Superior de Belas-Artes de Lisboa (1955-1957). En 1957 recibiu unha bolsa do goberno de Baviera para cursar estudios de gravado na Escola de Belas Artes de Múnic. Con José Escada, René Bertholo e João Vieira formou parte do grupo do Café Gelo, época en que recibiu influencias da obra surrealista de Mário Cesariny. A comezos dos anos sesenta conseguiu unha bolsa de estudios da Fundação Gulbenkian e trasladouse a París, onde foi un dos membros fundadores do Grupo KWY. A súa obra evolucionou desde o surrealismo automatista ata a neofiguración. Na década dos anos setenta retornou á estética surrealista e abordou a temática da grandeza nos mares de Portugal, vista a través dos naufraxios e das batallas navais perdidas (Batalha de Alcácer Quibir, 1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Combateu pola independencia de Santo Domingo á fronte da sociedade secreta La Trinitaria (1833). Tras unha etapa de obrigado exilio, ao ser perseguido polo goberno haitiano (1843-1864), regresou a Santo Domingo para expulsar os españois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do anglosaxón Eadweard, composto de ead ‘riqueza, posesións’ e weard ‘garda, gardián’. Presenta a variante Eduardo e Eduarda e os hipocorísticos Lalo, Lilo, Chacho, Edu e Din. A forma masculina, Duarte, é un caso de aférese e perviviu como apelido. Levan este nome o rei portugués Duarte o Elocuente (1391-1438) e o duque de Bragança (1945), representante da casa real portuguesa; así mesmo, os reis ingleses desde o s IX, dous deles canonizados: santo Eduardo o Mártir (975-978) e santo Eduardo o Confesor (1042-1066). A festividade de san Duarte ou santo Eduardo celébrase o 18 de marzo e o 13 de outubro. Tamén se documenta no s XVIII como apelido: “Theresa Catoira Duarte” (doc ano 1752 en La Coruña 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 120).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela da autoría de Camilo José Cela publicada en 1942 coa que o autor inaugurou a novela de posguerra e o chamado tremendismo literario. Estruturalmente comeza cunha nota do transcritor que informa ao lector sobre o descubrimento do manuscrito de Pascual Duarte e xustifica a súa publicación para evitar que sexa un modelo a seguir. A continuación, preséntase unha carta de Pascual Duarte, condenado a morte, dende o calabozo na que anuncia o envío do manuscrito orixinal como unha confesión pública das súas vivencias ao señor Barrera, amigo do Conde de Torremejía que era o señor da vila natal de Pascual Duarte e que el matou. Posteriormente, aparece unha cláusula do testamento do señor Barrera na que se di que quen atope dito manuscrito debe de usalo á súa vontade, sempre e cando se salvase da súa destrucción no lume, a seguir veñen 19 capítulos de narración e para rematar outra nota final do transcritor. A obra, ambientada en Torremejía, é a confesión dun condenado a morte coa que pretende...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Escribiu sátiras de carácter social e político. Da súa produción destacan Claridades do Sul (1875), História de Jesus (1883), O Anti-Cristo (1886) e A Senhora da Melancolia (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, diplomático e historiador. Profesor na Academia Politécnica de Porto (1886 -1911), foi editor do xornal A Pátria. Ministro de Economía (1911-1912), primeiro ministro e ministro do Interior (1912-1913), foi embaixador de Portugal en Brasil (1914-1931) e candidato á presidencia en diversas ocasións. Realizou estudios sobre a historia dos descubrimentos portugueses reunidos na obra História dos Descobrimentos (1952-1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi bibliotecario da Biblioteca de Ajuda e oficial de secretaría da Academia Real das Ciências de Lisboa. Adoptou unha actitude contraria á de Antero de Quental na polémica Questão Coimbrã (1865), que iniciou a literatura moderna en Portugal, e exerceu unha grande influencia en escritores posteriores. Escribiu O mistério da estrada de Sintra (1870), en colaboración con Eça de Queirós, co que tamén elaborou os folletíns As Farpas. Realizou tamén crónicas de viaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO