"EGU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 415.

  • Festa do Día da Patria, que se celebra cada ano en Euskadi o domingo de Pascua. Dende a súa institución (1932) como homenaxe aos irmáns Luis e Sabino de Arana Goiri, baixo os auspicios do PNV, ten un carácter marcadamente popular e de reivindicación nacionalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ente adscrita á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia. Ten como obxecto a formación do persoal dos corpos de seguridade das administracións locais e autonómica (policías locais e policía autonómica) e dos servicios de protección civil. Ten a súa sede no concello da Estrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de La Rioja, en Tierra de Cameros (2.267 h [1996]). O Iregua rega unha área de árbores froiteiras; o resto é de sequeiro (cereais e oliveiras). O mosteiro de San Martín de Albelda foi fundado por Sancho Garcés I de Navarra no 924. Centro cultural nos ss X e XI, é célebre polo cronicón Albeldense e polo códice Albeldense copiados polo monxe Vigilia no 947. Semella que a Batalla de Albelda ou de Clavijo, onde fixo a súa aparición o Apóstolo Santiago, tivo lugar nesta localidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano e profesor, especialista en Filosofía. Despois da súa estadía en América (1933-1935) foi elixido, entre outros cargos, vicerrector do Colexio de Santiago (1936-1938), ministro provincial (1941-1943), Bispo Titular de Fussala e coadxutor en Marrocos (1947), vicario apostólico de Tánxer (1949) e logo Arcebispo desta cidade, na que publicou no 1961 Misión Franciscano-Española de Marruecos: Cien años de acción (1860-1959) e varios artigos sobre temas filosóficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presbítero. No 1915 gañou o certame da Liga de Amigos de Lugo coa obra Estudio sobre el episcopologio lucense en los siglos XIII y XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise do elemento ou persoa relacionados coa alfándega.

    2. Empregado da alfándega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora de Filosofía do Dereito na Universidade de Vigo. Colabora en revistas como A festa da palavra silenciada ou Política gallega, en varios volumes colectivos e na Semana Galega de Filosofía que organiza anualmente a Aula Castelao de Pontevedra. Ten realizado varios achegamentos á figura do Padre Sarmiento, que foi o tema da súa tese de doutoramento, entre os que cómpre destacar A filosofía ilustrada de Fr. Martín Sarmiento (1993) e a edición facsimilar de Elementos etimológicos según el método de Euclides (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director da Editorial Nigra, profesor e ensaísta. Entre os seus traballos de investigación literaria pódense citar Biografía de Ramón Otero Pedrayo (1989), Galicia: o oficio de vivir (1990), Galegos, as mans de América (1992), Eduardo Blanco Amor. Unha fotobiografía (1993), en coautoría con Víctor F. Freixanes e Eduardo Blanco Amor. Diante dun xuíz ausente (1993), premio da Crítica Galega na modalidade de ensaio en 1994. Publicou un relato no volume colectivo Contos de cine (1996) e colabora en diferentes xornais como Faro de Vigo e La Voz de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • escornacabras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, xornalista e político republicano. Foi Presidente do Partido Radical, do que foi candidato nas eleccións xerais de 1931; sen embargo, abandonouno para militar no Partido Republicano Radical-Demócrata e despois na Unión Republicana. Durante a Segunda República foi Gobernador Civil de Soria e na Guerra Civil, xefe da Secretaría da Delegación de Evacuación da Xunta de Defensa de Madrid, redactor da Sección de Información do Ministerio de Estado en Barcelona e redactor dos Servicios de Estado Maior do Exército de Terra. Ao rematar a Guerra Civil foi xulgado e condenado en rebeldía, para exiliarse en París, onde dirixiu La Nouvelle Espagne, órgano do Goberno Republicano no exilio. Tamén en París, representando a Galicia, formou parte do Consello Federal do Movemento Europeo e, dende 1951 ata a súa morte, foi delegado do Consello de Galiza. Paralelamente a esta actividade política, presidiu o Casino Republicano da Coruña, o Comité de Unión Republicana e a Liga de Dereitos do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Periodista, crítico teatral e integrante do equipo de redacción da revista Posío (1940), pois participou na fundación desta revista e no xornal La Hoja del Lunes. A partir de 1943 ingresou no corpo técnico-administrativo da Deputación Provincial de Ourense e en 1950 foi nomeado delegado de Faro de Vigo. En 1968 incorpourase a La Región, onde foi redactor xefe e dirixiu as seccións de crítica de arte e teatro. É un dos máis importantes animadores da vida teatral na vila de Ourense onde promoveu agrupacións como o Teatro de Cámara y Ensaio, o Teatro Juvenil de Ourense ou a Agrupación Teatral Valle-Inclán, nos que dirixiu espectáculos en castelán a partir de textos de Yukio Mishima, Jean Cocteau, Eugene O’Neill, Antón Chéjov, Valle-Inclán, Jean Anouilh ou en galego, a propósito do Hamlet de Álvaro Cunqueiro. Responsable da organización de diversas campañas de teatro e de cursos e seminarios de formación que contribuirán á consolidación dunha xeración de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é contrario ao regulamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado federal de Venezuela (43.300 km2; 1.028.097 h [estim 1995]) Situado ao L do país, está formado por tres rexións naturais: a montaña ao L, as mesas de pastos duros ao L e S, e a depresión de Unare, que ocupa uhha gran parte do estado, de terreos aluviais. A súa economía, tradicionalmente baseada na agricultura, a gandería e a pesca, veuse fortemente incrementada coa explotación petrolífera das mesas. A súa capital é Barcelona, no litoral oriental do estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor vasco, auténtico innovador da poesía éuscara. Maldan Behera (Costa abaixo, 1960) está considerada como a súa obra mestra. Tamén tentou innovar no teatro conxugando vangarda con carácter popular. Destaca o seu libro Eta gure heriotzeko orduan (E na hora da nosa morte, 1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Xeneral de brigada (1919), foi xefe superior da policía de Barcelona. A súa actuación represiva contra os movementos sindicais provocou o seu cesamento polo goberno de Sánchez Guerra (1922). Primo de Rivera encargoulle a dirección xeral de Orde Pública do ministerio de Gobernación (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista, fillo de emigrantes vascos e moi identificado con Galicia, foi presentador do programa Recordando a Galicia, que se viña emitindo dende 1939. Foi premiado o seu labor informativo en numerosas ocasións pola colonia galega da emigración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Experimentar un estremecemento xeral ou un calafrío por todo o corpo por causa do frío, do medo ou de algo que nos resultou desagradable ou extraordinario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estremecemento causado por algo (frío, medo, repugnancia, asombro, etc) que percorre todo o corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Realizar un acto inmediatamente ou pouco despois de facelo por vez primeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode ser asegurado.

    2. Que é susceptible de ser garantido por un seguro, tanto desde o punto de vista legal como desde o da técnica aseguradora.

    VER O DETALLE DO TERMO