"ELAS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 159.

  • MONTES

    Monte da parroquia de Folgoso, concello do Corgo no límite co de Castroverde (610 m de alt).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da aeronáutica que estudia as deformacións producidas nos corpos que voan a gran velocidade como consecuencia da súa resposta ás forzas aerodinámicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Estudiou Leis en Salamanca e exerceu como avogado nos Consellos Reais. No 1636 foi nomeado Oidor da Real Audiencia de Santa Fe, en Nova España, e no 1648 Fiscal do mesmo organismo. Escribiu en latín e en castelán, destacando entre as súas obras Del juez perfecto, Axiomas del Derecho e Distinción de lo temporal y lo eterno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Entallador de retablos. Documéntase a súa participación no retablo maior de San Fiz de Bués (O Carballiño).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comportamento non perfectamente elástico dun corpo. Unha vez anulada a orixe da deformación, o corpo non recupera as dimensións ou forma orixinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo dunha embarcación usado para amarrar as velas na súa verga ou botavara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Riobó, concello de Rodeiro, de 686 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do fondo da ría de Aldán situada ao O da punta Testada, na parroquia de Aldán, concello de Cangas do Morrazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do extremo sudoriental da Illa de Arousa, na parroquia e concello homónimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ponte situada sobre o río Umia, pola marxe dereita pertence á parroquia de Ouviña, do concello de Vilanova, e pola marxe esquerda, á parroquia de Leiro, do concello de Ribadumia. Trátase dunha ponte, con cinco vans, de cantería con arcos oxivais da época de Filipe II; está ancheada con formigón. Forma parte do estrada que conduce de Pontevedra a Cambados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parroquia homónima, concello de Tui, o primeiro testemuño escrito da existencia desde balneario data do s XVII; en 1880 inaugurouse oficialmente e no ano 1928 foi declarado de Utilidade Pública. En 1992 construíuse un hotel novo engadido ao vello, que data de mediados do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión creada sobre o modelo de Belas Artes que se emprega dende o Renacemento para designar a arte da literatura, é dicir, a rama do coñecemento que propón a apreciación da beleza e da súa expresión artística por medio da palabra. O contido que designa a expresión é herdeiro do concepto latino das humaniores litterae que englobaba o estudo da retórica, a gramática, a elocuencia e a poesía, tomando como modelo os autores clásicos na procura do perfeccionamento nas artes da fala e da escrita. A finais do s XVIII, a expresión Belas Letras perdeu vixencia e subtituíuse polo termo literatura. Hoxe aplícase, nun uso arcaico, aos estudios de crítica literaria, aos ensaios e, de modo máis específico, ao achegamento aos autores clásicos dende a erudición histórica e filolóxica e a investigación científica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, empresario e autor teatral. Foi un dos primeiros en aproveitar as novas técnicas publicitarias para o lanzamento e mitificación dos actores. Traballou no teatro Metropolitano. Obtivo grandes éxitos con melodramas románticos como The wife (A esposa), May Blossom, Men and women (Homes e mulleres) e Valerie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en 1888 na cidade da Coruña. Cesou tralo número 800 que correspondía a agosto-setembro de 1969. Debaixo do título da portada aparecía o texto “Centro de primera Enseñanza. Fundado en 1888”. Dende decembro de 1966 figuraba como director Eduardo R. Losada. A revista, de tendencia católico-conservadora, era de periodicidade mensual e, ás veces, bimestral. Dende 1958 esta revista estivo dedicada sobre todo á beneficencia e o tema principal das publicacións era a recollida de doazóns. Case todos os exemplares levaban un artigo amodo de editorial no que en moitas ocasións se introducían apuntamentos de carácter político, como as críticas contra os apóstatas e contra os países de réxime comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Brabante e do estado de Bélxica, sede das institucións executivas da Unión Europea (133.800 h [1997]). Situada á beira do río Seine e do canal de Anveres-Charleroi, é un centro comercial, administrativo, cultural e de comunicacións de primeira orde en Europa. A cidade, que constitúe un núcleo bilingüe dentro da área de fala flamenga, é o crucamento das culturas flamenga e valona e, a escala europea, dos mundos latino e xermánico. É sede do goberno, da Bolsa e de numerosas organizacións e organismos internacionais: OTAN, consello de ministros e comisión da Unión Europea, etc. Tamén é centro de ensino superior: Universidade Libre de Bruxelas, fundada no ano 1834, entre outras. Pouco tempo antes da independencia, Bruxelas era unha cidade demograficamente flamenga, pero xa culturalmente francofalante. Foi unha colonia romana fundada antes do s VII pero adquiriu verdadeira importancia no s XI, cando os condes de Louvain estableceron alí a súa residencia. Pola súa localización...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aglomeración urbana do interior da provincia de Brabante, que pola súa condición de capital de Bélxica constitúe unha entidade administrativa independente (162 km2; 953.157 h [estim 1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convocada por Leopoldo II en 1889, rematou o 2 de xullo de 1890 coa sinatura dunha acta pola que os asinantes se comprometían a reprimir de xeito efectivo a trata de negros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo de alianza defensiva e de coordinación económica asinado en Bruxelas, o 12 de marzo de 1948, por Francia, Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo e o Reino Unido, cunha validez de 50 anos. En 1955, coa adhesión de Italia e Alemaña Federal, o pacto serviu de base á articulación da Unión Europea Occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma plural do apelido galego Cabanela.

    VER O DETALLE DO TERMO