"Egas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 70.

  • Adega fundada en 1995 por José Rodríguez Fernández. Está situada en Salvaterra de Miño e conta cunha extensión de 40 hectáreas en propiedade, dende onde comercializa ao redor de 450.000 litros de viño ao ano. Produce viños de calidade como Veigadares, fermentado en barrica, e Don Pedro de Soutomaior, ambos elaborados exclusivamente con uva albariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político colombiano. Ministro de Educación, embaixador e profesor, destacou na súa faceta periodística. É autor de reconstrucións históricas e libros de ensaio: América Tierra firme (1937), Biografía del Caribe (1945), América mágica (1959-1961), Nuevo diario de Noé (1969), América en Europa (1975) e El revés de la historia (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sete reunións celebradas durante un período de doce anos (1908-1919) en distintas vilas galegas: Monforte de Lemos (1908, 1910 e 1911), en Ribadavia (1912 e 1913), en Redondela (1915) e a última na Coruña (1919), e que constituíron fitos fundamentais nas discusións do Agrarismo galego. En conxunto, nestas asembleas tratábase de elaborar unha serie de medidas para o cambio da estrutura agraria do momento, aínda afogada polos foros, o atraso técnico, a baixa produtividade e a escasa integración no mercado. As tres primeiras, celebradas en Monforte, constituíron un bloque común; nelas reuníronse os representantes das diferentes organizacións agraristas -Unión Campesina, Directorio Antiforista de Teis, Solidaridad Gallega-, cos seguintes obxectivos: desaparición do foro e das aparcerías do gando; supresión dos aranceis do millo; seguros para o gando e vacinación do mesmo; préstamos para adquirir gando; supresión do foro mediante a redención; control dos concellos, co fin de lograr...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celébranse por iniciativa da Academia Galega, co obxectivo de reflexionar sobre a comunidade de cultura entre Galicia e Portugal. A primeira tivo lugar en Braga, os días 29 e 30 de outubro de 1955; a segunda na Coruña, os días 14, 15 e 16 de agosto de 1961. Destas asembleas obteranse unhas corenta ponencias sobre lingua, historia, folclore, etnografía e literatura comúns, publicadas posteriormente pola Academia, no ano 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización feminista constituída en 1977 a partir da Federación de Organizacións Feministas (FOF) e formada por militantes e simpatizantes do Partido del Trabajo de España (PTE). Defendeu unha práctica máis ligada ás reformas sobre a situación existente ca a un cuestionamento de fondo da estrutura patriarcal da sociedade. Disolveuse en 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de artistas alemáns. Karl Begas o Vello (Heinsberg 1794 - Berlín 1854), pintor discípulo de Gros, foi autor de pintura relixiosa e de retratos; os seus fillos continuaron a tradición artística; Oskar Begas (Berlín 1828-1883) foi pintor de temas históricos e relixiosos; Reinhold Begas (Berlín 1831 - 1911), escultor, foi discípulo de Rauch, influído por Michelangelo Buonarroti e a plástica barroca, é o autor dos monumentos a Schiller e a Bismarck en Berlín; e Karl Begas o Novo (Berlín 1845 - 1916), escultor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político, coñecido polo diminutivo de Txiki. Licenciado en Dereito polas universidades de Deusto e Valladolid, está especializado en Dereito Laboral; realizou tamén estudios de economía en Londres. En 1972 afiliouse ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e á Unión General de Trabajadores (UGT). No congreso de Suresnes de 1974 foi nomeado secretario de xuventude, cargo que repetiu en 1976; en 1974 foi elixido vicepresidente da Internacional de Xuventudes Socialistas. Foi secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi (PSE) ata 1988, e actualmente o seu presidente. Membro da executiva federal do PSOE (1979-1997), foi secretario de organización (1984-1994) e secretario de relacións políticas e institucionais (1994). Foi deputado por Biskaia nas eleccións de 1977 e 1979, escano que abandonou en 1980 para encabezar as listas ao primeiro parlamento vasco. Deputado por Araba (1982), encabezou a candidatura por esta provincia en 1986. En 1989 renunciou ao seu posto no parlamento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Adquiriu popularidade coa obra Vida de San Benito de Palermo (?1746). Escribiu tamén para teatro varias pezas breves. En 1743 publicou un libro onde reúne as composicións do seu pai, o tamén poeta Francisco Benegasi y Luján (1656 - 1742) titulado Obras líricas jocoserías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade episcopal visigótica dependente da metrópole de Toledo, é a actual Cehegín (Murcia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Traballou no taller de imaxinería relixiosa dos irmáns Vayreda e con Josep Berga i Boix, con quen adquiriu un dominio depurado do debuxo e da técnica da escultura. Posteriormente cursou estudios en París e Roma ata 1893. En 1894 volveu a París para iniciar unha vida profesional ata que en 1906 se estableceu en Madrid. Entre as súas obras máis importantes figuran: Els primers freds (Os primeiros fríos, 1892), Cançó popular (Canción popular), o monumento a Federico Rubio de Madrid ou o monumento a Mariano Moreno en Bos Aires. Foi membro das academias de Belas Artes de Madrid e Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro creada en Bos Aires por Maruxa Boga e Fernando Iglesias Sánchez Tacholas. Entre 1941 e 1944 representaron diversos espectáculos en lingua galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Comezou a traballar no teatro en compañías de afeccionados, ata que foi contratado por Adolfo Marsillach para debutar no filme El frente infinito (1956) de Pedro Lazaga. Especialista en papeis secundarios, interpretou a distintos personaxes en Distrito quinto (1957), Tristana (1970), El viaje a ninguna parte (1986) e Licántropo (1996). Participou tamén nalgunha produción estranxeira como Doctor Zhivago (1965) e Profession: Reporter (Profesión: Reporteiro, 1975). En 1960 foi premiado no Festival de Valladolid polo seu papel en El inocente, de Josep Maria Forn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Excitación que experimenta unha persoa ao seren tocadas certas partes do seu corpo e que se manifesta por medio dunha risa involuntaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado o 5 de xaneiro de 1976 como plataforma para a participación política dos partidos nacionalistas galegos na reforma política de España trala morte de Franco. Afirmaba o dereito de autodeterminación de Galicia e de ruptura democrática co franquismo. Estaba formado pola Unión do Pobo Galego (UPG), o Partido Socialista Galego (PSG) e o Partido Galego Social-Demócrata (PGSD), e asistiu como observador un representante do Partido Popular Galego (PPG), partido que non chegou a integrarse. Incorporáronse tamén a Asamblea Nacional-Popular Galega (ANPG), como plataforma asemblearia de participación política, o Partido Carlista de Galicia (PCdG), seguidor da fracción esquerdista do carlismo, e o Movemento Comunista de Galicia (MCG). Desde a súa creación, elaborou propostas programáticas para a consecución dos seus obxectivos e publicou as Medidas económicas para un Goberno provisorio galego e as Bases constitucionais para a participación galega nun pauto federal. No primeiro dos textos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de odonatos que, na fase adulta, se presentan como libélulas de gran tamaño e de cor amarela e negra. As larvas desenvólvense en augas rápidas e osixenadas. En Galicia está presente a especie C. boltonii.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación folclórica fundada en Vigo por María Méndez de Besada. Baixo a dirección de Moisés Alonso Valverde, realizou numerosas actuacións pola xeografía española. Recibiu a Medalla de Bronce e o diploma no I Certame Nacional da Canción Popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Fundou o Colegio de México (1938), a editorial Fondo de Cultura Económica (1948) e as publicacións Revista de Historia Mexicana e Trimestre Económico. Dirixiu La Historia Moderna de México (1955-1972), obra en dez volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Excitación que experimenta unha persoa ao seren tocadas certas partes do seu corpo e que se manifesta por medio dunha risa involuntaria.

    VER O DETALLE DO TERMO