"Elena" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 38.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Aquis Celenis Quinta mansión da vía romana número XIX, que conectaba Bracara (Braga) con Lucus (Lugo) polo interior, a vinte e tres millas (milia passvvm) da anterior mansión, Turoqua. Pertencía ao Convento Xurídico Lucense. Hai autores que dubidan, no relativo á súa localización, entre Cuntis, Caldas e mesmo Camiña; sen embargo, Tranoy sitúaa en Caldas de Reis, onde se atoparon abundantes restos romanos: aras, lousas sepulcrais, construcións e estruturas termais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘nai’.
-
PERSOEIRO
Teósofa rusa. Xunto con Henry Steel Olcott fundou en 1875 a Sociedade Teosófica. Tivo grande influencia en persoeiros como Gandhi, Kandinskij ou Mondrian. Escribiu Isis Unveiled (Isis sen veo, 1877) e The Secret Doctrine (A doutrina secreta, 1889), a súa obra fundamental.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infanta de España e duquesa de Lugo. Filla primoxénita de Xoán Carlos I e Sofía de Grecia. Licenciada en Ciencias da Educación pola Universidad de Comillas (1992). Casou en 1994 con Jaime de Marichalar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecta. Estudiou arquitectura en Madrid e Barcelona, cidade na que rematou os seus estudios en 1966. Instalada en Galicia, traballou con César Portela. Entre as súas obras destacan o concello de Pontecesures, as escolas nacionais de Campañó e Salcedo e a escola de acuicultura da Illa de Arousa (1992). Realizou tamén a rehabilitación arquitectónica do conxunto histórico de Combarro e restaurou a igrexa e o curro de Sabucedo, na Estrada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bióloga. Licenciada en Bioloxía pola Universitat de Girona. Redactora da Enciclopedia Galega Universal, coordina as coleccións de guías da natureza de Ir Indo Edicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poetisa. Doutora en Filoloxía Clásica e docente na Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en revistas como Dorna, Ólisbos ou Festa da palabra silenciada. Publicou o volume Alta casa (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ceramista, filla do pintor Manuel Colmeiro. Residiu en Arxentina (1941-1955), onde comezou a súa formación. En 1948 ingresou na Escuela Nacional de Cerámica de Bos Aires para realizar estudios técnicos e pedagóxicos co obxectivo de obter o título de profesora na especialidade de materiais cerámicos como expresión plástica. En 1954 realizou a súa primeira exposición en Bos Aires. En 1955 regresou a España e realizou unha exposición na desaparecida Sala Velázquez, en Vigo. Posteriormente, instalouse en Madrid, onde recibiu dúas bolsas da Fundació Joan March (1964 e 1968). A súa obra caracterízase pola experimentación con materiais refractarios e óxidos, con carburos silicios e pola aplicación das cores. As súas pezas, de gran formato, incorporan o espazo como un elemento máis das mesmas. Evolucionou dende unhas primeiras pezas inspiradas na artesanía tradicional ata a abstracción. Ademais de realizar exposicións en Galicia e España, celebrou mostras en Bruxelas, A Haia e Londres (1972), entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
desenmarañar.
-
-
Quitar a calidade de velenoso ou tóxico a algo.
-
Combater os efectos dun veleno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Helena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
enlear
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de envelenar ou envelenarse.
-
-
-
Dar ou administrar veleno a unha persoa.
-
Poñer ou intoxicar con veleno algunha cousa.
-
-
Corromper, danar ou botar a perder algo ou alguén.
-
Pasar algo ou alguén a ter veleno ou sufrir os seus efectos.
-
Matarse alguén tomando veleno.
-
-
GALICIA
Psicopatóloga. Estudiou medicina e especializouse en psicoloxía, psicoloxía médica e psicopatoloxía experimental. Obtivo a cátedra de Psicopatoloxía da Universidad Complutense de Madrid. Foi asesora, guionista e presentadora do programa de Televisión Española Hablemos de sexo (Premio Ondas 1990). En 1994 trasladouse a Cambridge para dar clases de psiquiatría nesa universidade. É autora de Doscientas preguntas sobre sexo (1991) e La depresión (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. Coñecida como Elena Gago, iniciou a súa formación na Coruña da man de Dolores Díaz Baliño e despois asistiu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e ao Círculo de Bellas Artes. Ampliou estudios en París, onde traballou en diversos talleres e, a finais da década de 1960, regresou a Galicia. A súa obra, de carácter realista, amosa espacios interiores como paredes, fiestras, mobles, escaleiras e estancias cheas de obxectos cotiás, matizados polas sombras e cortados pola luz que entra dende o exterior; a estrutura das obras é xeométrica. En ocasións incluíu a figura dunha muller. Dende 1972 o tema foi ocupando un lugar secundario para acadar maior relevancia e interese os valores pitóricos e espaciais. Tamén fixo paisaxes monocromáticas. Realizou as ilustracións de Claridade en que a tentas me persigo (1977), de Miguel González Garcés. Realizou exposicións, entre outras, en Múnic, Bruxelas, Xenebra, Toquio e en diversas cidades españolas. Participou, entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e ilustradora. Coñecida como Lena Lemos, licenciouse na especialidade de pintura na Escola Superior de Belas-Artes de Porto (1976). Colaborou como ilustradora na colección Descubrir Coruña (1986-1989), en La Voz de Galicia e na revista Luces de Galicia e realizou as portadas de Floriram Cravos Vermelhos (1993), Evadne (1998) e Entre próspero e calibán (1998). Realizou exposicións individuais e participou en diversas mostras colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Elena Fernández-Gago Díaz.
-
GALICIA
Escritora. Licenciada en Filoloxía Galega. Colaboradora de Dorna, Grial, Revista das Letras, Raigame e Anuario de estudios literarios galegos, da súa produción destacan Capital da dor (1997) e Luís Seoane, vida e obra (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Montana, EE UU, situada no Prickly Pear Valley, á beira do Missouri (25.780 h [2000]). É un centro comercial e industrial (industria siderúrxica e de transformación da madeira).
VER O DETALLE DO TERMO