"Emilia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 26.

  • GALICIA

    Antropólogo. Foi catedrático de Paleontoloxía Humana na Universidad Complutense de Madrid, dende onde exerceu unha enorme influencia como divulgador sobre varias xeracións de científicos. Comezou a súa formación filosófica na Compañía de Xesús, dende onde exerceu un papel fundamental na introdución do finalismo en España. A súa tarefa científica principiou na década de 1960 con viaxes ao estranxeiro (onde establece contactos con Howell, L.S.B. Leakey, Tobias, etc) e traballos de campo nos xacementos arqueolóxicos de Ambrona, Torralba e Gándaras de Budiño. Contribuíu significativamente á difusión dos máis importantes logros científicos no eido da Paleoantropoloxía. Débeselle a el a especie Homo habilis (creada en 1964 por Tobias, Napier e L.S.B. Leakey), a unificación de diferentes taxóns (africantropo, atlantropo, home chelense de Olduvai, mauerantropo, sinantropo, pitecantropo, etc) na especie Homo erectus e a separación entre Ramapithecus e Kenyapithecus,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico, escritor e pintor. En 1892 participou na Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid coa obra Parodia de la campana de Huesca, obra realizada en Sevilla na que os personaxes se representan por animais vivos e mortos. No primeiro terzo do s XX abandonou a súa andaina pitórica, que iniciara da man de Xosé Arpa, para dedicarse ao mundo literario e ao xornalismo. É autor da comedia Estranxeiro na súa terra, da que se publicaron cinco escenas en Bos Aires no Almanaque Gallego para 1915, e do monólogo A noite de San Xoán, estreado en 1917 no Teatro Jofre de Ferrol. Así mesmo, parece que foi tamén o autor dun monólogo estreado en Ferrol en 1912 co gallo da visita dos Reis de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Representante dun realismo robusto e esquemático, a miúdo tinxido dun certo romanticismo. É autor da Tumba de Pablo Iglesias (1935) en Madrid, e de moitos bustos entre eles un de Antonio Machado (1926). Morreu como combatente republicano na Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa cubana. Intuitiva e influída polo Modernismo, deuse a coñecer con Alma errante (1916). É autora tamén de Como los pájaros (1919), Cuestiones cubanas (1928) e Exaltación (1928), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa, narradora e dramaturga. Colaborou na prensa galega, española e americana baixo o pseudónimo Esperanza. Publicou Horas de inspiración (1867), Cuadros sociales o pequeñas novelas (1878) e Crepusculares (1894).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica da Italia setentrional que, xunto coa Liguria, formou unha provincia romana ata o s IV. A súa denominación derivou da Via Aemilia, construída no 187 a C baixo o consulado de Marco Emilio Lepido, que conquistou a rexión. Trala caída do Imperio Romano foi sometida polos lombardos. A rexión situada ao L de Panaro pasou a depender do exarcado de Ravenna dende o 568 e máis tarde Pipino outorgoulla á Igrexa. A doazón converteuse en definitiva con Otón. Na Idade Media, o poder político fragmentouse en estados e señoríos, entre outros, os ducados de Parma, Piacenza, Modena, Reggio e Ferrara e os Estados Pontificios. No s XVIII a rexión dividiuse e Parma e Piacenza sometéronse á autoridade dos Borbóns españois. Conquistada por Napoleón I (1796), constituíu a República Emiliana, pero o Congreso de Viena (1815) desmembrouna. Reunificada baixo L. Farini (1859), anexionouse ao Reino de Italia o 18 de marzo de 1860. Como rexión administrativa unida á Romaña constitúe a Emilia-Romaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Italia setentrional que comprende as provincias de Boloña, Ferrara, Forlì-Cesana, Modena, Parma, Piacenza, Ravenna, Rimini e a rexión da Emilia (22.124 km2; 3.902.411 h [estim 2000]). É a fusión das antigas rexións da Emilia e a Romaña. A capital é Boloña. Sitúase ao S do río Po e limita ao N con Lombardia e Veneto, co Piemonte ao O, coa Toscana e as Marcas ao S e co Mar Adriático ao L. Morfoloxicamente, o territorio está constituído pola vertente oriental dos Apeninos toscanos; ao seu pé está a chaira aluvial do Po. O poboamento é disperso e acumúlase ao longo da antiga Via Aemilia. Máis da metade da poboación dedícase á agricultura e á gandería, base da súa economía. Os principais recursos minerais son o petróleo, o xofre, a turba e o cemento. Na industria destaca a produción de electricidade, a mecánica de precisión e o sector conserveiro. O turismo e a pesca son tamén importantes fontes económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Emilia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Emilia.

    3. Dialecto italiano setentrional, galoitaliano, que se fala na rexión de Emilia, Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Armenia s III -?) Bispo. Condenárono a morrer no circo, pero conseguiu saír indemne do encerro porque as feras non quixeron ferilo; finalmente, morreu decapitado. Na iconografía leva vestiduras episcopais, a palma do martirio e un león aos seus pés, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 28 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (252-254). Gobernador de Mesia, despois de vencer os godos, as súas lexións nomeárono emperador a cambio dunha indemnización (252). En febreiro de 254 derrotou a Treboniano Galo en Terni e o Senado recoñeceuno, pero os seus soldados asasinárono ao non cumprir o acordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do latín clásico Aemilianus ‘da familia de Emilio’. Trátase dunha forma culta que convive coa variante Millán, resultado patrimonial da anterior con aférese inicial. Levaron este sobrenome o emperador romano Marco Emilio Emiliano (Marcus Aemilius Aemilianus) e Publio Cornelio Escipión Emiliano Africano Numantino (Publius Cornelius Scipio Aemilianus Africanus Numantinus), fillo de Lucio Emilio Paulo (Lucius Aemilius Paullus). Entre os numerosos santos con este nome destaca santo Emiliano de Trevi que se celebra o 28 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín Aemilius, de orixe confusa. Segundo unha hipótese pode vir do nome persoal etrusco Aemus ou Aimos. Presenta as variantes Milio, para o masculino, e Milia, para o feminino; esta última xa se documenta en 1451. Ten os hipocorísticos Milio, Miliño, Miluco, Miloco, Milocho, Milucho, Lucho, Milos (para o masculino) e Miliña, Miluca, Milucha, Lucha (para o feminino). Este nome romano difundiuse especialmente no Renacemento. O Martiroloxio Romano cita tres santos con este nome, Emilio de Capua (s IV), martirizado nesta cidade xunto con san Marcelo; Emilio de Sardeña, martirizado nesta illa xunto cos santos Fiz, Luciano e Príamo, e Emilio de África, decapitado baixo Septimio Severo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano, fillo adoptivo de Publio Cornelio Escipión Africano. Abandonou o partido dos Escipións para unirse ao dos patricios. Participou na Terceira Guerra Púnica como tribuno militar e, tralo seu nomeamento como cónsul, dirixiu o ataque definitivo contra Cartago para destruíla (146 a C). Organizou a provincia romana do Norte de África. Elixido de novo cónsul (134 a C), foi enviado a Hispania trala desfeita do cónsul Caio Hostilio Mancino no cerco de Numancia. Cercou a cidade (134 a C-133 a C) e, despois de rendela pola fame, arrasouna e pacificou a Meseta. Á súa volta a Roma, enfrontouse cos membros do partido popular pola lei agraria e foi asasinado. Formou ao seu redor un grupo, no que se incluían Polibio e Terencio, que difundiu a cultura grega en Roma. Recibiu os apelativos de Segundo Africano, trala vitoria sobre Cartago, e Numantino, pola súa vitoria en Hispania (132 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Promotora de numerosos premios literarios para escolares, publicou, entre outras obras, as narracións As travesuras de Felipiño (1979), La historia del Apóstol (1972), Vigo, Bayona y sus rutas (1976), Ponteareas y el Condado en la historia (1980), Bayona la Real y su parador (1984), Aventura e primavera. Continuación de Felipiño o traveso (1986) e A miña fala (1988); e os poemarios Airiños do meu lugar (1963), Monterreal (1965), A la sombra de Monterreal (1966), Santiago en la leyenda (1971) e O Nadal e os Reis Magos (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano, fillo de Fabio Máximo Verrugoso. Participou na Batalla de Cannas como tribuno. Elixido cónsul no 213 a C, recuperou Arpi das mans de Aníbal. No 203 a C foi nomeado augur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Licenciouse en Belas Artes (1985). Realizou a súa primeira exposición individual en 1985 e participou, entre outras mostras colectivas, en Artistas Galegas Alecrín (Vigo, 1987), Imaxes a carón da aula (1990-1991) e no Certame de Artes Plásticas de Tui (1992 e 1993). Ilustrou Los lentos versos del Leteo (1989) de P. P. Gutiérrez. Recibiu o Primeiro Premio de Arte Xoven Galego de El Corte Inglés (Vigo, 1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado chileno. Militou no partido liberal democrático e foi deputado e ministro de Xustiza, Instrución Pública e de Interior durante a presidencia de Pedro Montt (1907-1910). Ocupou a presidencia da República entre 1925 e 1927. Foi embaixador en España, Arxentina e Perú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como avogado e liderou o Partido Republicano Federal en Pontevedra. Redactor de La Unión Republicana de Pontevedra, foi nomeado correspondente do xornal El País e en 1903 dirixiu o diario republicano vigués La Justicia. Despois de coñecer a A. Lerroux en 1904, seguiuno a Barcelona, onde se instalou en 1906 e onde destacou polas campañas contra Solidaritat Catalana que fixo desde El Progreso, que el mesmo dirixía. Cando A. Lerroux marchou de España, quedou como cabeza do lerrouxismo liderando o Partido Republicano Radical. Elixido concelleiro en Barcelona (1909), foi encarcerado tralos acontecementos da Semana Tráxica (1909) e despois defendeu a algúns dos implicados máis destacados. Deputado a Cortes (1910), intentou fusionar o Partido Radical e a Unió Federal Nacionalista Republicana para constituír unha alternativa aos rexionalistas cataláns (1914). Estivo detido trala...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Directora teatral. Entre 1980 e 1997 coordinou o Taller de Teatro Clámide, co que realizou un importante labor de animación e divulgación teatral en Vilagarcía de Arousa e a súa comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa museo situada na Coruña en que residiu Emilia Pardo Bazán. Inaugurouse en 1972. Recrea fielmente o típico pazo da nobreza urbana con catro salas de exposición que conteñen todos os obxectos persoais e artísticos da autora. Organiza exposicións temporais e conta cunha biblioteca e cun departamento pedagóxico e organiza diversas actividades. É sede da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO